23/02/23

Ciclo Discordancias

Durante o mes de marzo de 2023 proxectaremos no Teatro principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) o ciclo Discordancias que a continuación detallamos; pregando atención ao 16 de marzo (xoves) distinto día dos habituais e lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]





  1 Mar. 2023
mér.

«Les choses humaines» O acusado

· (Francia, 2021) 138 min. Cor. RA 2,39:1 [+16] VOSE

Os Farel son unha parella poderosa: Jean é un destacado estudoso francés e a súa esposa Claire unha ensaísta coñecida polo seu feminismo radical. Xuntos teñen un fillo exemplar, Alexandre, que estuda nunha prestixiosa universidade estadounidense. Durante unha breve visita a París, Alexandre coñece a Mila, a filla da nova parella da súa nai, e convídaa a unha festa. Ao día seguinte, Mila presenta unha denuncia contra Alexandre por violación, que destrúe a harmonía familiar e pon en marcha unha inextricable máquina xudicial mediática que se enfronta a versións contrarias.


A película, sempre moi interesante, está estruturada dun xeito formidable (...) unha película magnífica
(Javier Ocaña, El País)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  16 Mar. 2023
xov.

«The whale» A balea

· (EUA, 2022) 117 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,33:1 [+16] VOSE

Un solitario profesor de inglés gravemente obeso (Brendan Fraser) tenta reconectarse coa súa filla adolescente nunha última oportunidade de redención.

Premios
2022 : Premios Oscar: premio mellor actor e maquillaxe/perruq.

Unha película conmovedora, arenosa, ás veces incómoda e en definitiva humanista (...) Aronofsky presentou unha das súas mellores películas, e faino mandado pola colosal actuación de Brendan Fraser
(Javier Zurro, eldiario.es)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  22 Mar. 2023
mér.

«R.M.N»

· (Rumania-Francia-Bélxica-Suecia, 2022) 125 min. Cor. RA 2,39:1 [ND] VOSE

Uns días antes de Nadal, Matthias volve ao seu pobo natal, unha localidade multiétnica de Transilvania, tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo, Rudi, que creceu sen el, e polo seu pai, Otto, que se quedou só, e desexa volver ver a Csilla, a súa exmoza. Trata de implicarse máis na educación do neno, que pasou demasiado tempo a cargo da súa nai, Ana, e quere axudarlle a superar os seus medos irracionais. Cando a fábrica que Csilla dirixe decide contratar a empregados estranxeiros, a paz desta pequena comunidade verase perturbada, e as inquietudes afectarán tamén os adultos. As frustracións, os conflitos e as paixóns volverán aflorar, rompendo a paz aparente da comunidade.

Premios
2022 : Palic Film Festival: Mellor filme

A sobriedade de ton marca unha película, construída de forma impecable, cun guión de gran solidez e unha mirada nada compracente cara a unha realidade mostrada en toda a súa crueza
(Àngel Quintana, Caimán)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  29 Mar. 2023
mér.

«Historias para no contar»

· (España, 2022) 99 min. Cor. RA 2,35:1 [+12] VOE

Narra situacións nas que nos podemos recoñecer e que prefeririamos non explicar, ou mesmo esquecer. Encontros inesperados, momentos ridículos ou decisións absurdas, cinco historias cunha mirada aceda e compasiva á incapacidade para gobernar nosas propias emocións.

Premios
2022: Premios Gaudí: Mellor actor secundario (Aléx Brendemühl)

Entretido quebracabezas de sexo, mentiras e bos actores grazas a Cesc Gay (...) Un conxunto que é un exemplo desa lixeireza que caracteriza ás boas comedias
(Elsa Fernández-Santos, El País)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





Lembramos que todas as proxeccións do ciclo Discordancias son Teatro principal de Ourense (rúa da Paz 9 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: