A petición da comisión organizadora do Orgulho 2021 e do Colexio de médicos de Ourense, proxectaremos extraordinariamente dous filmes para tratar sobre a Lei de liberdade sexual e sobre a eutanasia (está última, vaise debatir en poucos días no Congreso). Atención aos días e horarios únicos, e diferentes, do acostumado.
17
Xuñ.
2021
Xov.
«Persoas S.A.»

Camen PG Granxeiro · (España, 2020) 82 min. [SD] VOS
O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación a prol dunha lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, mentres tomas o aperitivo ou teces.
Para Brais foi importante conxelar óvulos antes do tratamento de hormonación, para Laura non foi sinxelo medrar sendo lesbiana na Arxentina dos anos oitenta, Óscar non saiu do armario ata chegar á facultade, a Chartreusse gústalle empregar pronomes non binarios e Daniela lembra a primeira vez que preguntou por Bibiana Fernández. Jeane fala desde unha perspectiva afrodescendente, Lalo lembra o París dos anos 70 e as loitas sociais galegas vinculadas ao movemento pola liberación sexual, Marina non esquece as mortes no Campo Grande de Valladolid e as compañeiras que participaron da organización da primeira manifestación LGBT no estado falan desde Barcelona.
Son moitas as voces non normativas e tamén cishetero que se mesturan para conformar un relato sito no cotiá das nosas vidas dun verán marcado pola pandemia
SESIÓNS:
COTA:
20:00 h. (CUT+1)
Á vontade
23
Xuñ.
2021
Mérc.
«Stille hjerte» Corazón silencioso

Bille August · (Dinamarca, 2014) 97 min. [+12] VOSE
Tres xeracións dunha familia reúnense unha fin de semana. As irmás, Sanne e Hedidi, aceptaron que a súa nai, enferma terminal, desexe poñer fin á súa vida antes de que o seu estado empeore. Pero segundo transcorre a fin de semana, a decisión da nai resulta cada vez máis difícil de aceptar e vellos conflitos saen á superficie.
Premios
2014: Festival de San Sebastián: Mellor actriz ( Paprika Steen)
"Un tema tan doloroso e sombrío está desenvolto con extrema delicadeza, verosimilitude, sensacións recoñecibles, humanidade nada postiza nin sensiblera e intérpretes convincentes"
(Carlos Boyero, EL PAÍS)
SESIÓNS:
COTA:
19:30 h. (CUT+1)
Sen datos
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal e dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SD] Sen datos
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite retirar a máscara de protección e o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario