02/05/23

Ciclo Esperanzas

Durante o mes de maio e xuño de 2023 proxectaremos no Teatro principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) o ciclo Esperanzas que a continuación detallamos e lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]





  10 Mai. 2023
mér.

«An Cailín Ciúin» The quiet girl

· (Irlanda, 2022) 95 min. Cor. RA 1,37:1 [A] VOSE

No rural de Irlanda en 1981, Cáit, unha nena de nove anos, vive retirada entre a súa numerosa e hostil familia. Os seus pais mándana pasar o verán á casa de familiares máis adiñeirados, onde o misterioso silencio de Cáit atoparase coa calor dun fogar e paisaxes idílicas. Alí, a nena farase eco do segredo que esta familia adoptiva garda silencio.


Unha xoia. Esta historia profundamente conmovedora, do rural irlandés, xa é un clásico
(Peter Bradshaw, The Guardian)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  24 Mai. 2023
mér.

«L'envol» Scarlet

· (Francia-Italia-Alemaña, 2022) 100 min. Cor. RA 2,39:1 [+12] VOSE

Juliette medra soa co seu pai Raphaël nalgún lugar do norte de Francia. Alí son marxinados polo resto da vila pero, entre eles, viven en cariñosa harmonía. El é un veterano da Primeira Guerra Mundial que agora se dedica a traballar a madeira con enorme talento. A nena, apaixonada polo canto e a música, coñece un verán a unha feiticeira que lle promete que, algún día, verá no ceo unhas velas escarlatas que a sacarán da súa vila. Juliette nunca deixa de crer nesta profecía.

Premios
2022: Festival de Sevilla: Mellor director

Un riquísimo lenzo sobre o poder da imaxinación, que toca o humano, o social, o amor, a arte, a emancipación feminina, o tempo e as súas feridas e as esperanzas de escapar da roda dun destino condenado a repetirse
(Fabien Lemercier, Cineuropa)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  31 Mai. 2023
mér.

«Boy from heaven» A conspiración do Cairo

· (Suecia-Francia-Finlandia-Dinamarca, 2022) 120 min. Cor. RA 2,39:1 [ND] VOSE

Adam, fillo dun humilde mariñeiro, ingresa na prestixiosa universidade da Al-Azhar do Cairo, epicentro do poder do islam sunnita. O día no que comezan as clases, o Grande Imán que dirixe a institución morre de súpeto. Sen se decatar, Adam atópase no medio dunha loita de poder implacable entre as elites relixiosas e políticas do país.

Premios
2022: Festival de Cannes: mellor guión

Tarik Saleh crea un thriller atemporal e impresionante
(Libération)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





  7 Xuñ. 2023
mér.

«Los reyes del mundo»

· (Colombia-Luxemburgo-Francia-México-Noruega, 2022) 103 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+7] VOSE

«Un día todos os homes quedaron durmidos… E os cercos da terra, arderon». Unha historia sobre a desobediencia, a amizade e a dignidade que existe na resistencia. Rá, Culebro, Sere, Winny e Nano. Cinco rapaces da rúa de Medellín. Cinco reis sen reino, sen lei, sen familia, emprenden unha viaxe na procura da terra prometida. Un conto subversivo dun clan salvaxe e entrañable, que transita entre realidade e delirio. Unha viaxe cara á nada, onde pasa de todo.

Premios
2022: Festival de San Sebastián: Cuncha de ouro

Alcanza impresionantes momentos dunha beleza non esteticista, transida de cor e de amargura
(Carlos F. Heredero, Caimán)



SESIÓN:
COTA:
  18:00 e 21:00 h. (CUT+1) «Teatro principal» de Ourense
  5 euros   (Socios/as consultar descontos).





Lembramos que todas as proxeccións do ciclo Discordancias son Teatro principal de Ourense (rúa da Paz 9 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: