05/10/23

XI Miradas etnográficas. Quenes somos e de onde vimos

Nalgún apartado recuncho do universo, espallado de innumerables e escintilantes sistemas solares, houbo unha vez un astro no que animais astutos inventaron o coñecer. Foi o minuto máis soberbio e máis falaz da historia universal, pero, a final de contas, só un minuto.

Tras un par de respiracións da natureza, o astro entumeceuse e os animais astutos tiveron que perecer. Alguén podería inventar unha fábula como esta e, con todo, non ilustraría suficientemente, como de lamentable, escuro, estéril e arbitrario é o aspecto que ten o intelecto humano dentro da natureza; houbo eternidades nas que non existiu, cando de novo acábese todo para el, non sucedería nada. Porque non hai para ese intelecto ningunha misión ulterior que conduza máis aló da vida humana.

Neste tempo de retos e grandes encrucilladas, onde a intelixencia artificial semella tocar o ceo e as estrelas e talvez abra paso a unha nova humanidade, debería ser oportuno resolver antes do dilema de cara a onde imos,o intempestivo saber “Quen somos? e de onde vimos?.


Entre a néboas do outono percorreremos na memoria do cotián catro camiños para escintilar a arbitrariedade do saber quenes somos e de onde vimos.






  18 Nov. 2023
Sáb.

«Matria»

· (España, 2023) 95 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOG

Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.

"Sumándose á lista cada vez máis numerosa de películas españolas que se centran en rexións concretas, abrazando as súas especificidades e linguas propias (como a gañadora da Berlinale do ano pasado, Alcarràs), Matria non ignora os problemas, pero arránxallas para atopar algo de calidez nas esquinas e as fendas. É unha visión agradable do cinema social, unha que non se limita a destruír aos espectadores, senón que segue o inestimable consello de Dolly Parton: "Déixanche soñar, Só para ver como os teus soños fanse cachizas, Non es máis que un banzo na escaleira do xefe, Pero tes soños que nunca poderán arrebatarche"
(Marta Balaga, Cineuropa)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  19 Nov. 2023
Dom.

«Hostal España»

e · (España, 2020) 60 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOE

Todas as habitacións do Hostal España, un modesto e céntrico establecemento situado na cidade de León, están ocupadas por persoas maiores, moitas delas procedentes da abandonada contorna rural. Nas súas estancias sucédense sen pausa a súa cotiandade e participar así, na creación dunha película que dea conta doutra posible forma de vida na chamada terceira idade.

Neste documental coinciden dúas situacións complicadas; o despoboamento e os anciáns nunha residencia. Por si mesma, este segundo caso xa ten suficiente forza para que Hostal España teña unha profunda carga emotiva
(Álvaro González, valenciaplaza.com)



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde



  25 Nov. 2023
Sáb.

«Boi neon»

· (Brasil-Uruguai-Países Baixos, 2015) 101 min. Cor. Dolby dixital. RA: 2,35:1 - [+16] VOSE

Nunha zona rural ao norte de Brasil celébranse as vaqueiradas, tradicionais competicións de rodeo ao redor das cales vira a vida dos protagonistas. Iremar, un personaxe en aparencia rudo, está encargado de coidar do gando pero a súa forza no traballo contrasta coa delicadeza que pon no seu labor de costureiro, profesión á que realmente quere dedicarse. Ao redor del orbitan Galega, unha bailarina que traballa de camioneira, e a súa filla, formando os tres unha improvisada familia que se afasta de todo tipo de etiquetas.

Neon Bull, estreouse mundialmente no 72º Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde se fixo co premio especial do xurado da sección "Orizzonti".

Superando a reflexión convencional sobre identidade e xénero...Boi Neon captura a vida cotiá dos vaqueiros mediante unha investigación antropolóxica do masculino na América Latina da actualidade. Este apaixonante retrato dunha sociedade ofrécenos unha alegoría oportuna dos cambios socio-económicos e culturais polos que pasou Brasil recentemente

(Samuel Antichi, Cineuropa)



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  26 Nov. 2023
Dom.

«Curtas de Sara Traba»

· (España, 2016 - 2022 ) Total sesión: 48 min. Cor. RA 1.85:1 - [ND] VO

Proxéctanse nunha sesión, as seguintes curtametraxes:

As vacas de Wisconsin
Sara Traba (España, 2016) 16 min. [ND] VOG

Unha avoa vive nunha parroquia galega coa súa vaca, que xa non lle dá leite. Un día, na tenda do pobo, escoita na TV que a Universidade de Wisconsin descubriu que as vacas dan máis leite se escoitan música sinfónica. A partir de aquí comeza a aventura da avoa e a súa procura de música clásica para a súa vaca.

Premios
2017: Festival ibérico de cine - FIC; premio á mellor dirección


A festa do emigrante
Sara Traba (España, 2022) 32 min. [ND] VOSE

O adro da igrexa da freguesia do Extremo (Arcos de Valdevez, Portugal) convértese cada agosto nunha celebración que funde música, comida, ritos e as saudades dos emigrantes que volven no verán á terra. É a festa do emigrante, unha xuntanza que vai máis aló dunha simple celebración, xa que supón un vínculo entre a xente e o seu territorio.

O documental é un dos resultados do proxecto 'Arquitecturas da Paisaxe e do Cambio' realizado na Universidade de Santiago de Compostela, dentro dun proxecto de colaboración coa Universidade do Minho.


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde





Todas as proxeccións son en VO/VOS, no Museo Etnolóxico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense) e teñen unha capacidade máxima para 25 persoas.

Pregamos puntualidade.


Tamén podes consultar aquí... máis información da programación do Museo etnolóxico de Ribadavia, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.









Horarios CUT+1




Ningún comentario: