Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectaremos durante os luns de outubro, novembro e decembro de 2023, os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]
Outubro
16
Out.
2023
Lun.
«Tsuki wa noborinu» A lúa levántase
Kinuyo Tanaka · (Xapón, 1955) 102 min. B&N. RA 1.37:1 - [+13] VOSG
Mokichi é viúvo e pai de tres fillas, coas que vive nas instalacións dun templo desde a guerra. As tres fillas vense envoltas en variadas e complexas relacións.
"O que é máis innegable respecto a A lúa levántase, é que hai nela a suficiente riqueza expresiva e un traballo persoal cos elementos constituíntes do drama familiar xaponés (o shomin-geki, se se prefire) como para converter a Tanaka en moito máis que unha simple musa: se a historia faille a xustiza que ata o de agora a súa escasa visibilidade como autora negoulle, poderemos falar dun gran nome do cinema nipón tamén detrás das cámaras"
(Miguel Muñoz Garnica, elantepenultimomohicano.com)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
23
Out.
2023
Lun.
«Vanskabte Land» Godland
Hlynur Palmason · (Islandia, 2021) 143 min. Cor. RA 1.33:1 - [+12] VOSE
A finais do século XIX, un mozo sacerdote danés chega a Islandia coa misión de construír unha igrexa e fotografar aos seus habitantes. Pero, canto máis se interna naquela implacable paisaxe, máis se sume nas ansias da tentación e do pecado.
"Unha historia de marabillas naturais, beleza elemental e loucura humana"
(Justin Chang, Los Angeles Times)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
30
Out.
2023
Lun.
«Chibusa yo eien nare» Peitos eternos
Kinuyo Tanaka · (Xapón, 1955) 110 min. B&N. RA 1.37:1 - [ND] VOSG
Fumiko, nai de dous fillos e esposa dun home infiel que amosa unha baixa autoestima, comparte a súa vida familiar coa súa durmida vocación de poeta. O inicio da súa carreira literaria de éxito coincide co seu divorcio e o desenvolvemento dunha grave enfermidade.
"Hai unha sinceridade e unha franqueza descarnadas, especialmente arredor do desexo sexual feminino, que resultan fascinantes"
(Kieron Corless Sight & Sound)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Novembro
6
Nov.
2023
Lun.
«Agromantes»
Cora Peña · (España, 2022) 72 min. Cor. Dolby. RA 1.85:1 - [ND] VOG
Un grupo de persoas xúntase para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun ambiente de estigma, incomprensión e, se cadra, ata malos tratos frecuentes. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.
"Unha serie de relatos en primeira persoa de testemuñas da psiquiatrización que, xunto quizais con Estado de malestar de María Ruído ou Fóra de Pablo Cuayela e Xan Gómez Viñas, é un dos poucos exemplos do cinema galego que afonda neste tema, e máis desde a perspectiva de “dar voz ás persoas psiquiatrizadas”, respectándoas porque, tal como salienta Cora Peña, teñen moitas cousas que dicir"
(praza.gal)
13
Nov.
2023
Lun.
«Curtas galegas»
Proxéctanse nunha sesión, as seguintes curtametraxes:
García da Galiza. O fillo da traizón
Manel Cráneo (España,2023) 30 min.[ND] VO
O escritor francés Victor Hugo inspirouse no Rei García II para escribir a epopea Le petit roi de Galice. Que o levou a fixarse neste rei esquecido da historia de Galiza? Que hai de realidade histórica tras o relato dun clásico da literatura universal?
Un documental sobre a esencia humana da traizón e a usurpación do poder na idade media galega que convida a reflexionar sobre o país e a identidade.Con banda deseñada e ilustracións de Iván Suárez e Manel Cráneo
Neuronas a ceo aberto
Lucía Estévez (España, 2021) 6 min. [ND] VO
Videopoema, sobre texto de Estíbaliz Espinosa, realizado para a exposición “Galicia Futura”.
Anatomía dunha serea
Adriana Páramo (España, 2022) 15 min. [ND] VO
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
20
Nov.
2023
Lun.
«Where Is Anne Frank» Onde está Anne Frank
Ari Folman · (Bélxica, 2021) 99 min. Cor. RA 1.85:1 [A] VOSE
Segue as pisadas de Kitty, a amiga imaxinaria de Anne Frank á que adicou o seu diario. Como unha decidida adolescente, Kitty esperta no futuro, dentro da casa de Frank en Amsterdam, e se embarca nunha aventura para atopar á súa mellor amiga convencida de que continúa viva en algún lugar de Europa. Aínda que a moza queda impresionada ante os avatares do mundo moderno, tamén leva sorpresa polo legado que deixou Anne.
"Folman creou un relato moi imaxinativo que de maneira desenfadada mestura o histórico, o contemporáneo e o sobrenatural"
(Peter Bradshaw, The Guardian)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
27
Nov.
2023
Lun.
«Pacifiction»
Albert Serra · (Fracia, 2022) 165 min. Cor. RA 2.39:1 - [+12] VOSE
Na illa de Tahití, na Polinesia Francesa, o Alto Comisario da República, De Roller, representante do Estado francés, é un home calculador de maneiras impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomar o pulso a unha poboación local cuxa ira pode despertarse en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: parece avistarse un submarino, cuxa presencia fantasmal podería anunciar que se retomaron os ensaios nucleares franceses.
"É unha abraiante inmersión nun paraíso decadente e crepuscular (...) dunha fermosura nocturna e arrebatada (...) A riqueza expresiva de Serra, a súa potencia estética, non para de medrar (...) un filme tan extraterreste coma humano.”
(Elsa Fernández-Santos El País)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Decembro
11
Dec.
2023
Lun.
«Orlando, ma biographie politique» Orlando, a miña biografía política
Paul B. Preciado · (España, 2023) 98 min. Cor. RA 1.85:1 - [+12] VOSG
En 1928, Virginia Woolf publica Orlando, a primeira novela na que o personaxe principal cambia de sexo no medio da historia. Un século máis tarde, o filósofo Paul B. Preciado decide escribirlle unha carta a Virginia Woolf: o seu Orlando saíu da ficción e leva unha vida que endexamais tería imaxinado.
Filme especialmente recomendado polo ICAA para o fomento da igualdade de xénero.
Premios
2023: Festival de Berlín: Premio Especial do Xurado
"Un ensaio fílmico vibrante, intelixente e emotivo, que xoga coa facilidade do cinema para facer saltar xéneros e formatos. Ferramenta para reflexionar sobre a transexualidade hoxe en día, e os ecos que chegan de séculos anteriores”
(Gregorio Belinchón, El País)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
18
Dec.
2023
Lun.
«O Sangue»
Pedro Costa · (Portugal, 1989) 99 min. Cor. RA 1.66:1 - [+12] VOSG
É Nadal, noite de ano novo. Dous irmáns, de 18 anos e 10 anos, prometen gardar un segredo: esta vez, o seu pai marchou para sempre. Mentres tratan de manter a promesa, os irmáns sepáranse. Segredos, xuramentos e separacións: a noite da infancia.
"Lírica e vertixinosa”
(Philippe Azoury, Libération)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS: Non é obrigatoria o uso da máscara dentro da sala, mais si recomendable. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario