Lamentablemente, perdeuse unha peculiar costume da antiga Roma, consistente en que cando un xeneral desfilaba vitorioso polas rúas de Roma, corría tras el un servo para lembrarlle as limitacións da natureza humana, co fin de impedir que incorrese na soberbia e pretendese, ao xeito dun deus omnipotente, usar o seu poder ignorando as limitacións impostas pola lei e o costume. Facíao pronunciando a frase «Memento mori», e con ela, lembrábase que mirara tras de si, que era un home e non un deus.
Cantos desgustos, con tarxetas escuras, banqueiros, curas e políticos, poderíanse evitar do vampirismo da cousa pública e volatilidade da ética, que nos separan cada vez máis, con tanta rapidez dun mundo totalmente diferente ao noso.
Como o tempo voa neste mundo «tempus fugit», programamos para rematar o ano, a seguinte programación, que agardemos gostedes. Podedes ollar o avance visual [.mp4 • 4'5 MB] da programación (ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube».
Cartaz da programación de decembro 2014, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Luns 1 de decembro do 2014
Día mundial da loita contra a SIDA
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 30'8 Mb] VOS
Título: «E Agora? Lembra-Me»
(E Agora? Lembrame)
Ano: 2013
País: Portugal
Director: Joaquim Pinto
Guionista: Joaquim Pinto
Música: Ludwig van Beethoven, WhoMadeWho, Jacques Ibert e Carl Maria von Weber
Fotografía: Joaquim Pinto, Nuno Leonel
Reparto: Joaquim Pinto, Nuno Leonel, Rufus e Rita Gomes
Duración: 164 min.
Productora: Presente | Crim Productions
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital · Cor e B/N · Ratio 1.37:1
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«E Agora? Lembra-Me» narra a loita do propio director Joaquim Pinto contra o VIH/SIDA, hepatite C e cirrose, enfermidades ás que o realizador portugués combate dende hai case 20 anos. O filme é a crónica dun ano de estudos clínicos con drogas e toxinas aínda non aprobadas. Unha reflexión aberta e ecléctica sobre o tempo e a memorias, sobre as pandemias e a globalización, e sobre como sobrevivir ás expectativas.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Locarno: premio especial do xurado e premio da crítica internacional (FIPRESCI) :: Festival de Valdivia: mellor filme :: Doclisboa: premio mellor documental.
Crítica:
"Unha declaración sincera dun filme que segue a unha humildade trascendente e evidénciase no seu propio ego artístico á súa vez eclipsado polo obxectivo da procura da intimidade, a forza para levar á «cruz» ou o significado de toda a súa vida. Estas procuras son guiados pola profundidade da súa ser, que se rexe polos códigos cinematográficos que Pinto non pode controlar «O cinema non é democracia, é a tropa, con sarxentos e xerais»…"
Hugo Gomes (Cinematograficamente falando)
Mércores 3 de decembro do 2014
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 20'2 Mb] VOS
Título: «Only Lovers Left Alive» · Sólo los Amantes Sobreviven
(Só os Amantes Sobreviven)
Ano: 2013
País: Reino Unido
Director: Jim Jarmusch
Guión: Jim Jarmusch
Música: Sqürl
Fotografía: Yorick Le Saux
Reparto: Tilda Swinton, Tom Hiddleston, Mia Wasikowska, John Hurt…
Duración: 123 min.
Productora: Recorded Picture Company | Pandora Films | Faliro House Productions
Distribuidora: Vértigo films
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital DTS-SDDS
Idiomas: inglés, francés, árabe e turco · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Ambientada nun Detroit e Tánxer romanticamente desoladas, Adam, un músico underground profundamente deprimido pola dirección que tomaron os actos da humanidade, xúntase coa súa dura e enigmática amante, Eve, quen non ten problemas en recoñecer a súa condición de vampiro. A súa historia de amor prevaleceu polo menos durante varios séculos, pero o seu libertino idilio pronto é interrompido pola chegada de Ava, a salvaxe e incontrolable irmá menor daquela. A medida que o seu mundo se esborralla ao seu arredor, poderán estas astutas pero fráxiles criaturas da noite seguir existindo antes de que sexa demasiado tarde?.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Sitges: premio especial do xurado
Crítica:
"Un filme que afirma a profunda coherencia na filmografía de Jim Jarmusch, un dos últimos poetas do cinema. (…) Unha obra maior e desenganada que non renuncia nin ao humor, nin ao amor…"
Jordi Costa (El País)
Mércores 10 decembro 2014
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 23'7 Mb] VOS
Título: «The Congress» · El Congreso
(O Congreso)
Ano: 2013
País: Israel
Director: Ari Folman
Guión: Ari Folman
Música: Max Richter
Fotografía: Michal Englert
Reparto: Robin Wright Penn, Harvey Keitel, Danny Huston, Paul Giamatti, Frances Fisher…
Duración: 118 min.
Productora: Liverpool | Paul Thiltges Distributions
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
A necesidade de diñeiro, leva unha actriz (Robin Wright) a asinar un contrato segundo o cal os estudos farán unha copia dela e a utilizarán como lles praza. Tras volver á escena, será invitada a un congreso, que se desenvolve nun mundo que cambiou completamente. Baseada nunha novela de Stanislaw Lem, trátase do retrato dun mundo que se dirixe inevitablemente cara á irrealidade.
Premios e mencións:
2013 · Premios do cinema Europeo: mellor longametraxe de animación :: Festival de Sitges: premio da crítica.
Crítica:
"Non é pouca cousa que unha película de animación consiga evocar un ton melancólico digno do último cine de Terrence Malick…"
Antonio Weinrichter (ABC)
Luns 15 de decembro do 2014
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 9'1 Mb] VOS
Título: «Vesna na Zarechnoy ulitse» · Primavera en la calle Zarechnaya
(Primavera na rúa Zarechnaya)
Ano: 1956
País: Unión Soviética
Director: Marlen Khutsiyev e Feliks Mironer
Guión: Feliks Mironer
Música: Boris Mokrousov
Fotografía: Pyotr Todorovskiy e Radomir Vasilevsky
Reparto: Nina Ivanova, Nikolai Rybnikov, Vladimir Gulyaev, Valentina Pugachova…
Duración: 96 min.
Productora: Odessa Film Studios
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital · B/N · Ratio 1.37:1 · Mono
Idioma: ruso · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Unha sofisticada moza, idealista profesora de literatura rusa, chega a unha cidade provincial e industrial para dar clases aos mozos traballadores dunha fábrica de fundición de metal. Un dos seus alumnos máis populares, arrogante e capaz de conseguir calquera rapaza, namórase dela, cuxos ideais chocan cos del.
Mércores 17 de decembro do 2014
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 18'1 Mb] VOS
Título: «Le Passé» · El Pasado
(O Pasado)
Ano: 2013
País: Francia
Director: Asghar Farhadi
Guión: Asghar Farhadi
Música: Evgueni Galperine e Youli Galperine
Fotografía: Mahmoud Kalari
Reparto: Bérénice Bejo, Tahar Rahim, Babak Karimi, Ali Mosaffa…
Duración: 130 min.
Productora: Memento Films Production
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: francés e persa · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Despois de catro anos de separación, Ahmad viaxa de Teherán a París a petición de Marie, a súa esposa francesa, para resolver os trámites do seu divorcio. Durante a súa estanza, Ahmad descobre a conflitiva relación entre Marie e a súa filla. Os seus esforzos para mellorar esa relación sacarán a flote un segredo do pasado.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes: mellor actriz (Bérénice Bejo) :: National Board of Review (NBR): mellor filme estranxeiro.
Crítica:
"Absorbente case de xeito hipnótico, facendo xirar unha intricada rede de dilemas, reaccións emocionais e propósitos nun drama doméstico que deixa ao espectador ansioso por ver como conclúe.…"
Claudia Puig, (USA Today)
Luns 22 de decembro do 2014
Velo avance do filme:
Vimeo [. mp4 • 9 Mb] VO
Título: «Vidaextra»
Ano: 2013
País: España
Director: Ramiro Ledo Cordeiro
Guión: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Malandrómeda
Fotografía: Ramiro Ledo Cordeiro
Xénero: documental
Duración: 96 min.
Productora: Ramiro Ledo Cordeiro
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 · Estéreo
Idioma: galego · VO (versión orixinal)
Sipnose:
A folga xeral do 29S (2010) crúzase en Barcelona con «La Estética de la Resistencia», de Peter Weiss. As discusións desa noite serán retomadas máis adiante polos protagonistas do filme: cinco amigos que non son xa nin adolescentes nin militantes comunistas, como o eran os personaxes do libro.
Premios e mencións:
2014 · Festival Internacional de Cine de Murcia: Nominación ao premio de mellor opera prima.
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co
IVE actual do 21
%.
Nesta tempada, estímase en 1
€ para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario