14/10/21

Sesións de filmoteca de outubro a decembro de 2021

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos para remate do ano no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filmes que seguen…


(Atención aos horarios únicos destes meses e ao aforo limitado)



(outubro)



18 Out. 2021
Lun.

«Song to song»

· (EUA, 2017) 129 min. [+12] cor | dolby dixital | 2.39 : 1 | VOSE

Enlazando con To the Wonder (2012) e Knight of Cups (2015), Terrence Malick filma un relato de amor cos seus ingredientes de sublimación e espiritualidade no ámbito da escena musical de Austin (Texas). Un músico, unha camareira, un empresario discográfico e unha compositora conflúen no medio dun produto propio do lexendario cineasta, autor de Días del cielo ou El árbol de la vida, onde á estilización da proposta se lle suman breves aparicións cinematográficas (Val Kilmer, Cate Blanchett) e musicais (Patti Smith, Iggy Pop, The Black Lips, John Lydon, Florence Welch ou os Red Hot Chili Peppers) de luxo.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





25 Out. 2021
Lun.

«Idi i smotri» Ven e mira

· (Rusia, 1985) 142 min. [+18] Cor - BN | 1,37 :1 | VOSE

Baixo a apariencia dunha película de encarga para celebrar o 40º aniversario da victoria aliada na Segunda Guerra Mundial, agóchase unha alucinada experiencia, un itinerario tráxico, impregnado de realismo sucio e ollada subxectiva. A través dos ollos dun adolescente progresivamente endurecido polo sufrimento, asistimos á matanza sistemática dos habitantes das aldeas bielorrusas, máis de 600, durante esta guerra. Copia restaurada dun título emblemático dos anos 80 (coñecido tamén como Masacre), último filme dirixido por Elem Klimov.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
socios/as 2  (consultar non asociados/as





(novembro)



8 Nov. 2021
Lun.

«Sesión de curtametraxes»

· (Vigo, 1994) Total: 85 min. [VOG]

Cuna
Lucía Estévez
(España, 2016) 11 min

Dous dos grandes temas recollidos na obra de Lucía Estévez, a exploración nas orixes e as lembranzas familiares, nun filme construido arredor dun regreso á casa de infancia do pai.

Muller personaxe
Lucía Estévez
(España, 2021) 10 min

“Muller Personaxe é un retrato á actriz en producións galegas. A miña nai non traballa no sector audiovisual. Por estar alonxada dende o punto de vista profesional, quixen que fora ela a que protagonizase esta peza. Deste xeito, construimos unha personaxe feminina e traballamos cun discurso que busca visibilizar ata qué punto ela está influenciada polo que ve e polo que escoita”.

Con este traballo, no ano 2019 gañou o premio María Luz Morales ao mellor videoensaio da Academia galega do Audiovisual. O xurado destacou a orixinalidade e o arriscado da proposta deste videoensaio, que combina unha posición cultural autoconsciente coa imaxe da muller no audiovisual galego. Tamén valora a imbricación do persoal cos rostros femininos da ficción galega actual, nun esforzo por analizar a través das imaxes o papel da muller en todo tipo de formatos do noso audiovisual.

A danza filmada
Lucía Estévez
(España, 2021) 14 min

Video-ensaio con historias que teñen en común a danza.



SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
 De balde, até completar o aforamento (110 butacas)





15 Nov. 2021
Lun.

«Variety»

· (Alemaña-EUA-Reino Unido, 1983) 97 min. [SC] Cor | mono | 1,85:1 | VOSE

Christine vive en Nova York e encontra traballo como vendedora de entradas dun cine porno, o Variety. Devagariño, comeza a se interesar pola industria do porno. Un dos espectadores convídaa a un partido de béisbol. Cando el a abandona no estadio, ela decide seguilo. Obsesionada con ese mundo que se move nos terreos dos negocios máis escuros, a vida de Christine comeza a correr perigo. Para Stefanie Schulte Strathaus, Variety propón unha contranarrativa do cine de Hollywood, simplemente invertendo o suxeito que mira e o obxecto do desexo (aínda que non saibamos moi ben que desexo move a Christine), en Variety unha muller e un home, respectivamente.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





22 Nov. 2021
Lun.

«A metamorfose dos pássaros»

· (Portugal, 2020) 101 min. [+7] cor | 1,33:1 | VOSG

Beatriz e Henrique casaron o día que ela fixo 21 anos. Henrique, oficial da mariña, pasa longas tempadas no mar. En terra, Beatriz, que sempre tivo unha relación moi especial coas plantas, coida dos seus 6 fillos. O seu fillo maior, Jacinto, soña acotío con ser un paxaro. Un día, de súpeto, Beatriz desaparece.

Jacinto é o pai da directora Catarina Vasconcelos, que perdeu a súa nai cando tiña 17 anos. A memoria dos avós, os principios vitais de Beatriz, os voos oníricos de Jacinto, a perda e a imaxinación de Catarina constrúen este fermoso conto cinematográfico, entre o fantástico e a autobiografía, como un fogar para as pantasmas e para os seus recordos.

Premios
2020: SSIFF (Mellor Filme)
2020: Berlinale (FIPRESCI)

"É difícil de clasificar, xa que se trata dun híbrido (...) Pero que esas distincións sexan difusas ten sentido, pois este luminoso filme fálanos da forma na que as cousas máis importantes desafían os duros límites das súas propias definicións"
( Jessica Kiang, VARIETY )

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





29 Nov. 2021
Lun.

«Beginning»

· (Xeorxia, 2020) 125 min. [+16] cor | 1,33:1 | VOSE

Nunha tranquila vila de provincias, unha comunidade de Testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, o mundo de Yana, a esposa do líder da comunidade, desfaise lentamente. A insatisfacción interior de Yana medra mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.

Premios
2020 SSIFF (Cuncha de Ouro a mellor filme, Cuncha de prata a mellor actriz e dirección, Premio especial do Xurado)


"Asombrosa ópera prima. Debe contarse desde agora mesmo entre os grandes logros do cinema deste século"
(Carlos Losilla, CAIMÁN)

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





(decembro)



13 Dec. 2021
Lun.

«Sesión de curtametraxes»

· (A Guarda, 1973) Total: 94 min. [VOG]

Gran Hotel
Xurxo Chirro
(España, 2015) 17 min.

Inaugurouse o 12 de decembro de 1970. O 21 de novembro de 1994 sufriu un grande incendio. Reconstrúese e vólvese a inaugurar o 4 de xullo de 2014. Ten 17 andares. A súa silueta domina gran parte da paisaxe.

Carta a Herzog
Letter to Herzog
Xurxo Chirro
(España, 2017) 8 min.

Carta fílmica a Werner Herzog para que regrese aos lugares de Lanzarote onde filmou También los enanos empezaron pequeños (Auch Zwerge haben klein angefangen).

De barrio
Xurxo Chirro
(España, 2019) 69 min.

O barrio está en festas. Unha muller anciá xa non pode falar. As súas lembranzas reviven. O barrio esvaécese.



SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
 De balde, até completar o aforamento (110 butacas)







Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+16] recomendado para maiores de 16 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] Sen clasificación por idades.

ADVERTENZAS: Segue a ser obrigatorio o uso da máscara dentro da sala. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: