Seguindo a colaboración co Museo etnolóxico de Ribadavia, trasladamos á mirada de Outono á Ourense, con catro propostas diferentes que teñen un denominador común; a relación das persoas co entorno...unhas veces despoboado e outras co dinamismo florecente doutros tempos.
Será os sábados na Casa da cultura de Ribadavia, con acceso de balde. De seguido o detalle da programación.
6
Nov.
2020
Sáb.
«Entre pastores e lobos »
Manuel Pedrosa · (España, 2021) 64 min. [ND] VOG-E
No noroeste da Península Ibérica, vive unha das maiores poboacións de lobos de Europa. Acubillados por paisaxes singulares, os lobos non ocupan illados espazos naturais. Viven entre a xente. Esta historia nos revela a súa particular relación e móstranos a complexidade dos ciclos naturais das montañas. Hoxe en día, só oito pastores manteñen a tradición e contemplan o fin dunha forma de vida, atrapados entre o romanticismo e a necesidade.
Premios
2021: Premios: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - MICE (Premio do Público)
2021: Festival SunCine (Premio do Público)
Premios
2021: Premios: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - MICE (Premio do Público)
2021: Festival SunCine (Premio do Público)
13
Nov.
2021
Sáb.
«Manoliño Nguema »
Antonio Grunfeld · (España, 2019) 85 min. [ND] VOE/S/G
Marcelo Ndong, un artista africano sexaxenario formado en España, e que agora rexenta unha pequena gardaría en Malabo (Guinea Ecuatorial), recibe unha inesperada proposta: montar unha obra de teatro que relate a súa propia vida. Marcelo creará en Malabo unha obra de teatro que será representada en Santiago de Compostela. Unha viaxe persoal e creativa que nos conducirá desde a Guinea postcolonial e a España franquista, até a actualidade de ambos os dous países, a través do seu incrible periplo vital como mimo, músico, actor, circense, pero sobre todo como migrante.
20
Nov.
2021
Sáb.
«Cesteando »
Plácido Romero · (España, 2016) 60 min. [ND] VOG
A traxectoria vital de Toño “Ou Cesteiro” marcouna el mesmo cesteando e entrelazando, con tesón e valentía, moi diferentes vivencias, loitas, inquietudes e duros traballos que conformaron unha existencia presidida por principios, para el incuestionables, como a rebeldía, a liberdade e o profundo amor pola súa terra. Este peculiar cestear de Toño, nun contexto adverso, convérteo nunha especie de heroe illado e dono do seu propio destino e permítenos reflexionar sobre os dramáticos cambios que se producen no mundo rural, o seu abandono, a deterioración ambiental e a inxustiza social
27
Dec.
2021
Dom.
«Pelerinaxes»
Simone Saibene · (España, 2017) 75 min. [ND] VOG
Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto anos atrás nun accidente. Fermosa e comprometida homenaxe cinematográfica dun país percorrido a pé. Inspirado no libro de viaxe de Ramón Otero Pedrayo, Luzía fai esta viaxe coa intención de finalizar un proxecto audiovisual iniciado na universidade.
Todas as proxeccións son en VO /G-E/VOS, nesta ocasión trasladamos o lugar habitual do Museo Etnolóxico de Ribadavia á Casa da cultura de Ribadavia (Rúa Celso Emilio Ferreiro núm. 4)
Pregamos puntualidade e seguir o protocolo de seguridade diante da pandemia, establecido para o espazo.
Máis información da programación, aqui: Museo etnolóxico. Ribadavia [Abre outra xanela]
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario