Proxéctase durante o mes de marzo e abril na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
«À peine j´ouvre les yeux» · Así como abro os ollos
Túnez, verán de 2010, uns meses antes da Revolución. Farah, 18 anos, acaba de graduarse no instituto e a súa familia xa a imaxina licenciándose en Medicina. Pero ela non comparte ese desexo. Canta nun grupo de rock comprometido, se emborracha, descobre o amor e a súa cidade de noite, contra a vontade da súa nai Hayet, que coñece ben Túnez e os seus perigos.
(Premio do público na Mostra de Venecia de 2015)
Comparte o evento ❯❯
«Little go girls»
As Little Go Girls, con idades comprendidas entre os 13 e 24 anos, analfabetas, musulmás na súa maioría, seguen unha ruta caótica a medio camiño entre a delincuencia e as relacións sexuais remuneradas nos guetos de Abiyán. fuxiron das zonas militarizadas do norte de Costa de Marfil ou da violencia doméstica e véndense a prezos irrisorios para conseguir unha mínima autonomía. A antropóloga e cineasta Eliane de Latour coñeceu a estas mozas mentres as fotografaba nun estudo de campo. Tres anos despois usou os fondos conseguidos a través destas fotografías para fundar a Casa das Go, un refuxio para as que intentan fuxir do gueto e onde se reúnen.
Comparte o evento ❯❯
«Aji-Bi, Les femmes de l´Horloge»
Aji, khti, ven, irmá Así chama Marème, vinte anos, ás clientas que pasan preto da vella medina de Casablanca para poñerlles pestanas falsas e extensións. Marème é unha Aji-bi, unha esteticista sen papeis, que forma parte dunha pequena comunidade de mulleres senegalesas en Casablanca. Atrapadas entre a dúbida de regularizar a súa situación en Marruecos ou intentar a travesía cara a Europa, o grupo de mulleres de todas as idades organízase para sobrevivir nunha sociedade marroquí á vez xenerosa e hostil.
Comparte o evento ❯❯
«Frágil equilibrio»Fráxil equilibrio
Un executivo xaponés en Tokyo, cuxa vida críase soamente no seu traballo para unha corporación; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que xogándose a vida unha e outra vez intenta cruzar ao primeiro mundo soñando cun futuro; unha familia en Madrid que, pese aos esforzos por ter unha vida que o sistema entende como "normal", acaba desafiuzada do seu propio fogar. Tres historias de contradicións que se desenvolven en distintos lugares do planeta, en distintos ámbitos socioculturales. Con todo, esas contradicións pódense atopar en calquera outro lugar, en calquera outra cultura.
Comparte o evento ❯❯
«Rak ti Khon Kaen» Cemetery of Splendour
Unha solitaria ama de casa de mediana idade atende a un soldado coa enfermidade do soño, caendo en alucinacións que desencadean en soños estraños, pantasmas e romances.
Premiada no Festival de Cannes, 2015: Selección oficial (Un Certain Regard)
Comparte o evento ❯❯
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.
Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte enquisa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario