Amosando publicacións coa etiqueta Almaric. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Almaric. Amosar todas as publicacións

24/09/12

Outono de "Banda Deseñada" e "American Singers"



Durante o mes de outubro, continuamos -todos os mércores  nas sesións das 18:00, 20:30 e 23 horas- coas proxeccións;  no Cinebox (Centro C. Pontevella). 


Os prezos e descontos, permanecen invariables (4 euros a entrada xeral, 3 euros; estudantes universitarios con carné, parados e xubilados)


Este é detalle do programado:


 CINEMA E BANDA DESEÑADA 
(en colaboración das Xornadas de Banda Deseñada)

  • 3 de outubro de 2012

EL ILUSIONISTA ( L'illusionniste) 
(2010 , Francia)


Dirección: Sylvain Chomet | Guión: Sylvain Chomet, Jacques Tati | Música: Sylvain Chomet | Animacion: Antoine Antin, Juan Pedro Alcaide, Richard Bazley, Bjorn-Erik Aschim | Intérpretes: (Animacion) | Productora: Coproducción Francia-Reino Unido; Django Films | Cor (aspecto: 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm | Son: DTS | Lingua/subtítulos exhibición: VO (versión orixinal en Francés, Inglés e Gaélico) | Estreada en España: 07/10/2011 | Estrea en Ourense: 03/10/2012 (Cinebox)

Premios:

Premios Cesar 2010: Mellor película de animación,
Premios Cine Europeo 2010: Mellor filme de animación

Sipnose:

Conta a historia dun vello mago que trata de non defraudar a unha nena convencida de que os seus trucos de maxia son reais. Segunda película do director de "Benvidos a Belleville", basada nun guión de Jacques Tati que nunca se producíu.


  • 10 de outubro de 2012

POLLO CON CIRUELAS ( Poulet aux prunes)
(2011, Francia)

91 min.



Dirección: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud | Guión: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud | Música: Olivier Bernet | Fotografía: Christophe Beaucarne | Intérpretes: Mathieu Amalric, Maria de Medeiros, Isabella Rossellini, Golshifteh Farahani, Jamel Debbouze, Chiara Mastroianni, Edouard Baer, Eric Caravaca, Frédéric Saurel, Dustin Graf | Productora: Coproducción Francia-Alemaña; Celluloid Dreams Productions / Studio Babelsberg / TheManipulators | Cor (aspecto 2.35:1) | Son: DTS | Formato/distribución: 35 mm | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en francés e inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 03/08/2012 | Estrea en Ourense: 10/10/2012 (Cinebox)

Premios:

Festival de Venecia 2011: Sección oficial a concurso

Sipnose:

Nasser Ali Khan é un virtuoso do violín que decide deixarse morrer despois de que a súa muller rompa o seu amado instrumento durante unha discusión matrimonial. Pero os verdadeiros motivos da súa decisión son moito máis complexos





 AMERICAN SINGERS 
(En colaboración co Café Pop Torgal) [?]



  • 17 de outubro de 2012

EL ÚLTIMO VALS ( The last waltz )
(1978, EE.UU)
117 min.

Dirección: Martin Scorsese | Guión: Martin Scorsese | Música: The Band | Fotografía: Michael Chapman, Laszlo Kovacs, Vilmos Zsigmond, Hiro Narita & Varios | Intérpretes: Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton, Paul Butterfield, Rick Danko, Dr. John, Lawrence Ferlinghetti, Emmylou Harris, Ronnie Hawkins | Productora: United Artists | Cor (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm | Son: Dolby | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 16/08/1978 | Estrea en Ourense : 17/10/2012 (Cinebox)

Sipnose:

Documental sobre o mundo do rock rodado en 1976, no que Scorsese filma os concertos de despedida de "The Band", polos que pasaron Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton e outras míticas figuras do rock das últimas décadas.


  • 24 de outubro de 2012

THE DEVIL AND DANIEL JOHNSTON
(2005, EE.UU)
110 min.

Dirección: Jeff Feuerzeig | Guión: Jeff Feuerzeig | Música: Daniel Johnston | Fotografía: Fortunato Procopio | Intérpretes: Daniel Johnston, Bill Johnston, Mabel Johnston, Louis Black, Jeff Tartakov | Productora: Sony Pictures Classics / This Is That Productions / Complex Corporation | Cor e B/N (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm (Orixinal 8/16 mm) | Son: Dolby dixital | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 06/10/2006 | Estrea en Ourense: 24/10/2012 (Cinebox)

Premios:

Festival de Sundance 2005: Mellor director documental
Festival de cine independiente de San Francisco 2005: premio do público ao mellor documental

Sipnose:

Documental que descubre a fascinante e terrible historia do cantautor norteamericano Daniel Johnston. Un xenio, compositor, cantante e artista maníaco depresivo a quen as drogas e a enfermidade mental o levan a imaxinarios encontros co Demo. Desde moi pequeno Daniel mostrou trazos da súa xenialidade e creatividade artística, ao través da banda deseñada e as gravacións en Super 8. O documental, segue ao persoaxe e amosa como se transforma en obxecto culto apoiándose nas gravaciones do propio Daniel Johnston.


  • 31 de outubro de 2012

LET'S GET LOST
(1988, EE.UU)
120 min.

Dirección: Bruce Weber | Guión: Bruce Weber | Música: Chet Baker & Varios (Jazz) | Fotografía:Jeff Preiss | Intérpretes: Chet Baker, Chris Isaak, Lisa Marie | Productora: Little Bear Productions / Nan Bush | B/N (aspecto 1.33:1) | Formato/distribución: DVD (orixinal 16 mm) | Son: mono | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán | Estreada en España: 18/09/2009 | Estrea en Ourense: 31/10/2012 (Cinebox)


Premios:

Festival de Venecia 1988: Premio Cinecrítica

Sipnose:

Documental sobre a vida do trompetista e cantante estadounidense de jazz Chet Baker dirixido polo famoso fotógrafo Bruce Weber. Baker foi unha das figuras máis destacadas do mundo da música do século XX. "Let´s get lost" xurde da enorme fascinación de Weber por este xenio do jazz. Inicialmente a idea era facer unha serie de fotos, pero trala relación xurdida entre ambos, o director rematou por facer un filme sobre a figura de Baker, o jazz, e duas das súas grandes paixóns; os coches e as mulleres.



-------------


Podes descargar aqui o folleto de peto en PDF ( tamaño 5x12 cm )




22/02/12

Marzo francés + sesión especial

Non rematamos este mes de febreiro, e comezamos cun ciclo de cine francés, cunha sesión especial polo medio, en atención á celebración do día internacional da muller.
As proxeccións, son no Cinebox Ourense (centro comercial Pontevella), todos os mércores; en sesións ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas. (mantemos a nova sesión das 18 horas)
O acceso, como é habitual, non varía (4 €), permanecendo os descontos a estudantes universitarios, maiores de 65 anos, e parados (3 €).
A programación conta co apoio da Federación de cineclubes de Galicia, da concellaría de cultura, da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia, así como, para na programación especial do 7 de marzo, da concellaría de igualdade e voluntariado, do Concello de Ourense.


Este é o detalle dos filmes programados:




  • 29 de febreiro, o espectáculo debe continuar:
TOURNÉE (2010, Francia)

Dirección: Mathieu Amalric - Producción: Les Films du Poisson / Sofica Europacorp - Guión:Mathieu Amalric, Marcello Novais Teles, Philippe Di Folco - Fotografía: Christophe Beaucarne - intérpretes: Miranda Colclasure, Suzanne Ramsey, Julie Atlas Muz, Alexander Craven, Mathieu Amalric, Angela de Lorenzo, Damien Odoul, Dirty Martini, Julie Ferrier, Anne Benoît, Pierre Grimblat

Web: http://www.avalonproductions.es/tournee/

Premios: Premio mellor director e FIPRESCI do Festival de Cannes 2010


Sipnose: Apenas cumpridos os corenta anos, Joachim, un exitoso produtor de televisión parisino, o deixa todo (fillos, amigos, enemigos, amores e remordimentos) para comezar unha nova vida en América.
Despois dun tempo, volta cun grupo de bailarinas de striptease

New Burlesque, que o encheron de fantasías románticas sobre Francia. De cidade en cidade, o humor dos números e o atractivo das mulleres, conquistan tanto a homes coma ás mulleres. A pesar das dificultades, as coristas inventan un mundo extravagante de fantasía, calidez e festas. Sen embargo, todo se torce antes de chegar a París, coa traizón dun vello amigo.

  • 7 de marzo (sesión especial polo día internacional da muller) un divorcio iraní:
NADER E SIMIN, UNHA SEPARACIÓN (Jodaeiye Nader az Simin) (2011, Irán)

Dirección: Asghar Farhadi - Producción: Memento Films / Sony Pictures / Asghar Farhadi - Guión: Asghar Farhadi - Música: Sattar Oraki - Fotografía: Mahmoud Kalari - Intérpretes: Peyman Moaadi, Leila Hatami, Sareh Bayat, Shahab Hosseini, Sarina Farhadi, Kimia Hosseini, Babak Karimi, Ali-Asghar Shahbazi, Shirin Yazdanbakhsh
Web: http://www.jodaeyenaderazsimin.com/
Premios: Óscar 2012 ao mellor filme de fala non inglesa. Oso de ouro ao mellor filme, mellor actor e mellor actriz no Festival de Berlin 2011- Globo de Ouro,César, Bafta 2011 ao filme extraxeiro-
Sipnose: Simin e Nader, un matrimonio cunha filla, deciden abandonar Irán na procura dunha vida mellor. Sen embargo, cando él se entera de que o seu pai ten Alzheimer, decide quedarse para cuidalo. Ela pide o divorcio, pero, ao non conquerilo, múdase a vivir cos seus pais.
Nader contrata a unha muller para cuide o seu pai, porén un día, o atopa atado á cama; a partir dese momento, a súa vida dará un auténtico cambio.



  • 14 de marzo, a solidariedade entre os excluídos sociais:
LE HAVRE (2011, Francia-Finlandia-Alemaña)

Dirección: Aki Kaurismäki - Producción: Coproducción Finlandia-Francia-Alemania; Pandora Filmproduktion / Pyramide Productions / Sputnik - Guión: Aki Kaurismäki - Fotografía: Timo Salminen - Intérpretes: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil
Premios: FIPRESCI Festival de Cannes 2010
Sipnose: Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exíliase voluntariamente na cidade portuaria de Le Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpiabotas, porque así síntese máis preto da xente. Trala renuncia ás súas ambicións literarias, a vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller Arletty; pero, cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado, armado únicamente, co optimismo, e coa incondicional solidaridade dos veciños do barrio.



  • 21 de marzo, a crise e o naufraxio duns amigos:
PEQUENAS MENTIRAS SEN IMPORTANCIA (Les petits mouchoirs) (2010, Francia)
Dirección: Guillaume Canet - Producción: Les Productions du Trésor / Europa Corp. / M6 Films / Caneo Films / Canal+ / Cofinovag / La Compagine Cinematographique Europeenne / Panache Productions - Guión: Guillaume Canet - Fotografía: Christophe Offenstein - Intérpretes: François Cluzet, Marion Cotillard, Benoît Magimel, Gilles Lellouche, Jean Dujardin, Pascale Arbillot, Edouard Montoute, Valérie Bonneton, Laurent Lafitte, Anne Marivin, Louise Monot, Joel Dupuch, Hocine Merabet, Maxim Nucci, Mathieu Chedid, Nikita Lespinasse, Jeanne Dupuch, Marc Maire, Neo Broca
Web: http://pequeñasmentiras-lapelicula.es/
-O filme máis taquillero de Francia no ano 2010-
Sipnose: Max, o propietario dun restaurante de éxito, e Véro, a súa ecoloxista mujer, invitan como todos os anos, a un grupo de amigos á súa fermosa casa da praia, para celebrar o comezo das vacacións. Pero este ano, xusto cando ían abandonar París, o seu amigo Ludo sofre un grave accidente...



  • 28 de marzo, poñendo a proba o contrato social:


UN DEUS SALVAXE (Carnage) (2010, Francia)
Dirección: Roman Polanski - Producción: Coproducción Francia-Polonia-Alemania-España; France 2 Cinema / Versatil Cinema /Constantin Film Produktion / SBS Productions / SPI Poland - Guión: Roman Polanski, Yasmina Reza (Obra: Yasmina Reza) - Música: Alexandre Desplat - Fotografía: Pawel Edelman - Intérpretes: Kate Winslet, Christoph Waltz, Jodie Foster, John C. Reilly
Web: http://www.sonyclassics.com/carnage/
Sipnose: Adaptación da obra teatral homónima da autora francesa Yasmina Reza. Filmada en Europa, polos problemas legais do director, a historia desenvólvese en Nova Iorque.
Na obra orixinal, os protagonistas son dous matrimonios que se xuntan, en principio de xeito civilizado, para falar da recente pelexa dos seus fillos nun parque. Pero, o encontro, complícase ata lindes insospeitados.
+? aqui o adianto visual da programación.
Descarga do díptico | Cartaz