Título: «Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: No limpiéis esta sangre
(Díaz: Non limpedes esta sangue) Ano: 2012 País: Italia Director: Daniele Vicari Guión: Daniele Vicari, Laura Paolucci, Alessandro Bandinelli i Emanuele Scaringi Música: Teho Teardo Fotografía: Gherardo Gossi Reparto: Claudio Santamaria, Jennifer Ulrich, Elio Germano, Davide Iacopini, Ralph Amoussou… Duración: 120 min. Productora: Fandango | Le Pacte | Mandragora Movies Distribuidora: Vértigo Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital Idiomas: italiano, alemán, francés, inglés e castelán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un filme baseado nos feitos acontecidos no 2001, en Xénova, durante a conferencia do G8. Aínda que a cidade estaba blindada para recibir aos dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a maioría estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policía. Tal como denunciou Amnistía Internacional, en Xénova tivo lugar a violación dos dereitos humanos máis grave desde a II Guerra Mundial (1939-1945).
Premios e mencións: 2012 · David di Donatello (Italia): 4 Premios :: Festival de Valladolid Seminci: premio do público
Crítica:
"Que pode pasar pola cabeza dun policía para pegar porrazos a un cidadán indefenso tirado no chan? Só podo pensar nunha resposta: un casco. Se eres dos que todavía non comprenden que un funcionario teña entre as súas atribucións repartir estopa para conter manifestacións, dos que escandalízanse cando escoitan falar de «despregues contra o inimigo» a comisarios, e estreméceste cando o ves no YouTube a última mostra de matonismo uniformado, achégate a «Diaz: Non limpedes esta sangue» con sumo cuidado… a dureza da violencia do Estado que retrata… non é definitivamente para todos os estómagos…" Manuel Piñón (Cinemanía)
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» as 20:30 e 23 h. e este mes, con entrada de balde.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario