Abrimos o ano con importantes novidades: a piques de asinar por fin, un convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Deste xeito podemos ver un vello soño cumprido, que os cidadáns de Ourense poidan desfrutar tamén —como os de Coruña—, da programación que a institución galega dispón.
Asemesmo grazas ao apoio da Fundación Araguaney (quen organiza o Festival Euroárabe Amal), é posible proxectar neste mes de xaneiro, os filmes gañadores en pasadas edicións.
Pensamos proxectar todos estos filmes, os luns as 20:30 e 23 h. (horario CUT+1) e que lle dimos por chamar «sesións de Filmoteca», e todo esto sen que vos custe un peso, que xa sabemos que a costa de xaneiro é empinada, por iso este mes é de balde.
Tamén informarvos, que no nadal estivemos traballando a reo para sustituir as vellas butacas por unhas novas, deste xeito teredes un mellor acomodo para as vosas costas e con espazo suficiente para estirar as pernas; esto foi grazas ao valioso apoio e decidido da Biblioteca Pública (nunca nos cansaremos de repetilo), ao compromiso de colaboración da Xunta de Galicia (por medio da Federación de cineclubes de Galicia «Feciga»), e por último, salientar a profunda decepción que nos causa a Deputación Provincial e a concellería de Cultura do concello de Ourense, polas súas promesas —incumpridas— e a súa falta de apoio, a pesares da devandita capitalidade cultural do Eixo Atlántico.
Deste xeito o aforo reducíuse a 112 butacas polas melloras implementadas para o voso confort (antes había 144); a pesares deso, a cota xeral de socios para este ano de crise mántense en 4 Euros, e polo momento, non podemos aplicar descontos nin ofrecer a venda anticipada e lembrade, que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.
mércores 15 de xaneiro do 2014
Sesión especial: «Entreparadas»
Para presentarvos todas estas novidades, o facemos coa estrea de «
Entreparadas» de
Toño Chouza, o
mércores 15 nas sesións habituais do cineclube (horario
CUT+
1), as 18, 20:30 e 23
h. e cunha cota xeral de 4
€.
Obtivo no pasado festival de Collado Villalba (Fecidiscovi) o premio ao mellor filme. A recadación será doada íntegramente á asociación de prevención de accidentes de tráfico P(A)T.
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 15'1 Mb]
Título: «Entreparadas»
Ano: 2012
País: Galicia, España
Director: Toño Chouza [
+ info]
Guión: Toño Chouza
Música: Nico Casal e O Sonoro Maxín
Fotografía: Toño Chouza e Pablo Chouza
Reparto: Silvia Adán , Maguett Anne, Teresa Da Silva, Marisol Delgado, Beatriz Docabo…
Duración: 62 min.
Productores: PAT Galicia | Ébora Cast (Maxi Cid, María Liaño, Jorge Coira)
Exhibición: HDV 16:9 · Cor
Idiomas: castelán e galego · VOS (versión orixinal subtitulada)
Sipnose:
Esta historia conxuga teatro e inclusión social nun escenario diferente; as liñas dun autobús municipal. Conta unha experiencia e reflicte os momentos máis emotivos de 16 persoas que son heores reais da vida cotiá.
Premios e mencións:
2013 Collado Villalba · Fecidiscovi: Mellor filme
Crítica:
"A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!…"
Brais Romero (Praza Pública)
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
luns 20 de xaneiro do 2014
Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»
Dende
2003 o
festival «Amal» ofrece a espectadores e espectadoras de todas as idades, a posibilidade de acceder a un cinema que non chega aos circuítos comerciais pola falta de distribución. O Festival no só é cinema, é cultura en estado puro: concertos, exposicións de pintura, ciclos de cine experimental e infantil, campañas informativas, xornadas adicadas ás mulleres, talleres de análise da linguaxe cinematográfica, cursos de cociña, danza, caligrafía, música…
etc., fan de «
Amal» unha inmersión integral na cultura árabe, tan próxima e afastada ao mesmo tempo.
Ensemble ·
Le thé ou l’electricité
Título: «Ensemble»
Ano: 2011
País: Francia
Director: Mohamed Fekrane
Guión: Mohamed Fekrane e Paksao
Fotografía: Victor Dupuis
Reparto: Habib Kadi, Arsène Mosca, Clémence Thioly…
Duración: 17 min.
Produtores: Bruno Chatelin, Christophe Kay Kourdouly
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
París, 1942. Isaac, un neno xudeu, escapa dos nazis e refúxiase na gran mesquita de París. O Imán desta, Ahmed, axúdao e acólleo. Esta curta, baseada nunha historia real, amósanos a hospitalidade e cooperación xurdida entre a cultura musulmá e xudía no contexto de intolerancia e racismo do holocausto nazi.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe de ficción
Podes ollar a curta en:
Vimeo [. mp4 • 88 Mb] · VOS inglés
Mohamed Fekrane é un director de cine francomarroquí. Licenciouse en Comunicación Audiovisual en París e en Dijon, e desde o
1994 traballou para a
Paramount,
Showtime TV e realizou dous capítulos de «24» para a
Fox. Presentouse a distintos festivais de cine internacionais como Toronto, Sundance, Berlín e Dubai e está a preparar a súa primeira longametraxe que roda en Marrocos: «Injuste», sobre a vida do líder rifeño
Abdelkrim El Khattabi.
Título: «Le thé ou l’electricité»
Ano: 2011
País: Bélxica | Marrocos
Director: Jérôme le Maire
Guión: Jérôme le Maire
Duración: 93 min.
Produtores: Isabelle Truc, Isabelle Mathy e Khadija Alami
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Le thé ou l´électricité» é a historia da modernización dunha pequena vila illada no corazón do Alto Atlas marroquí. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentres uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Pronto se decatan do complicado que resultará chegar a un acordo.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.
Podes ollar o filme en:
You Tube [. mp4 • 88 Mb] · VOS francés
Jérôme le Maire (Liege, Bélxica
1969) é un guionista e cámara belga. É tamén o director da longa de ficción «
Le Grand’Tour» (seleccionado no Festival International de Rotterdam e en Cannes) e do documental «
Où est l’amour dans a palmeraie?» nominado nos
«European Academy Awards» aos premios «ARTE».
mércores 22 de xaneiro do 2014
ciclo «Erro do sistema»
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 21'4 Mb]
Título: «Díaz: Non pulire questo sangue» · Díaz: No limpiéis esta sangre
(Díaz: Non limpedes esta sangue)
Ano: 2012
País: Italia
Director: Daniele Vicari
Guión: Daniele Vicari, Laura Paolucci, Alessandro Bandinelli i Emanuele Scaringi
Música: Teho Teardo
Fotografía: Gherardo Gossi
Reparto: Claudio Santamaria, Jennifer Ulrich, Elio Germano, Davide Iacopini, Ralph Amoussou…
Duración: 120 min.
Productora: Fandango | Le Pacte | Mandragora Movies
Distribuidora: Vértigo
Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: italiano, alemán, francés, inglés e castelán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un filme baseado nos feitos acontecidos no
2001, en Xénova, durante a conferencia do
G8. Aínda que a cidade estaba blindada para recibir aos dirixentes das potencias mundiais, un grupo de activistas, a maioría estudantes, pecháronse na escola Díaz e foron desaloxados brutalmente pola policía. Tal como denunciou
Amnistía Internacional, en Xénova tivo lugar a violación dos dereitos humanos máis grave desde a
II Guerra Mundial (1939-1945).
Premios e mencións:
2012 ·
David di Donatello (Italia): 4 Premios :: Festival de Valladolid
Seminci: premio do público
Crítica:
"Que pode pasar pola cabeza dun policía para pegar porrazos a un cidadán indefenso tirado no chan? Só podo pensar nunha resposta: un casco. Se eres dos que todavía non comprenden que un funcionario teña entre as súas atribucións repartir estopa para conter manifestacións, dos que escandalízanse cando escoitan falar de «despregues contra o inimigo» a comisarios, e estreméceste cando o ves no
YouTube a última mostra de matonismo uniformado, achégate a «Diaz: Non limpedes esta sangue» con sumo cuidado… a dureza da violencia do Estado que retrata… non é definitivamente para todos os estómagos…"
Manuel Piñón (
Cinemanía)
luns 27 de xaneiro do 2014
Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»
O «
Amal» está organizado pola
Fundación Araguaney — Puente de Culturas; unha entidade cultural privada sen ánimo de lucro, naceu en
1984 en Santiago de Compostela. A prioridade fundamental é promover o intercambio cultural entre España, América Latina e o Mundo Árabe, cunha clara vocación universal.
Eid ·
Blague à part?
Título: «Eid»
Ano: 2011
País: Palestina
Director: Saaheb Collective
Reparto: Naama Hadaleen e Eid Suleiman Hadaleen…
Duración: 9 min.
Produtores: Saaheb Collective
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Eid Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe documental
Podes ollar a curta en:
Vimeo [. mp4 • 42 Mb] · VOS castelán
O Colectivo
Saaheb está composto por un grupo de amigos que cren no poder da arte e da creatividade como medios de transformación social; fundouse no
2011 e «Eid», que significa festa en árabe, é o seu primeiro proxecto colectivo.
Título: «Blague à part?»
Ano: 2010
País: Francia | Palestina
Director: Vanessa Rousselot
Fotografía: Philippe Bellaiche
Duración: 54 min.
Son: Ala Khoury
Montaxe: Nadia Ben Rachid e Juliette Haubois
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Convencida de que o humor non ten fronteiras, unha realizadora lánzase, nun periplo nada habitual, en busca do humor en Cisxordania. Chistes, comentarios políticos burlóns e anécdotas do cotián, somérxena nun dos conflitos máis complexos da actualidade, onde ademais de controis e barreiras, tamén existe un espazo para as brincadeiras.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.
Ver o avance en:
You Tube [. mp4 • 10 Mb] · VOS inglés
Vanessa Rousselot é unha directora francesa moi nova que percorreu Cisxordania en busca do humor palestino. Os produtores apostaron pola promoción en liña do documental. Tamén realizou unha serie de retratos de debuxantes de banda deseñada de «
Cartooning for Peace» orixinarios do mundo árabe.
mércores 29 de xaneiro do 2014
ciclo «Erro do sistema»
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 6'8 Mb]
Título: «No» · (Non)
Ano: 2012
País: Chile
Director: Pablo Larraín
Guión: Pedro Peirano
Música: Carlos Cabezas
Fotografía: Sergio Armstrong
Reparto: Gael García Bernal, Alfredo Castro, Luis Gnecco, Antonia Zegers, Néstor Cantillana…
Duración: 116 min.
Productora: Fabula production | Participant Media | Funny Balloons
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital 1'9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
Sipnose:
René Saavedra (Gael García Bernal) é un executivo de publicidade que volta a Chile tralo exilio en México e deseña unha brilante e optimista campaña que propugna o «Non» ao plebiscito chileno de
1988. O seu obxectivo é poñer fin á dictadura militar e derrocar a
Augusto Pinochet.
Premios e mencións:
2012 ·
Oscar: nominada á mellor película de fala non inglesa :: Festival de
Cannes: Premio Quincena de Realizadores á mellor película :: Festival de
La Habana: Mellor película :: Premios Ariel: Nominada a Mellor película iberoamericana
Crítica:
"A radiografía perfecta non dunha época senon dun estado de ánimo convertido en enfermidade. (…)
Larraín conquire como ninguén explicarnos (a nós e a él mesmo) o horror…"
Luis Martínez (
El Mundo)
luns 3 de febreiro do 2014
Sesións de Filmoteca: «Premios Amal»
Rabat
O filme de «Rabat» inicialmente estaba programado para o
luns 29 de xaneiro, a razón do troco de data ven pola incorrecta información sobre a duración deste último filme; a ficha informativa que nos pasaron dicía que duraba 62 minutos, cando nas probas de cabina, o monitor anuncia realmente unha duración de hora e media. Agardamos sepades desculpar este contratempo.
Título: «Rabat»
Ano: 2011
País: Bélxica | Marrocos
Director: Jim Taihuttu e Victor Ponten
Guión: Jim Taihuttu e Victor Ponten
Música: Mark van den Oever
Fotografía: Lennart Verstegen e Alex Wuijts
Reparto: Achmed Akkabi, Mohamed Benbrahim, Jacqueline Bir, Stéphane Caillard…
Duración: 65 min.
Produtores: Daniel Ashes, Kees de Koning… Hicham El Ghorfi
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Francés, árabe e holandés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Nadir, Abdel e Zakaria son tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. «Rabat» non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais.
Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premios ao mellor longametraxe de ficción, mellor dirección e mellor interpretación masculina.
Ver o avance do filme en:
You Tube [. mp4 • 24'8 Mb] · VOS inglés
Víctor Ponten (Arnhem, Holanda
1981) e Jim Taihuttu (Veno, Dinamarca
1981) coñecéronse por casualidade no
2000, os dous tiñan a mesma melodía nos seus teléfonos móbiles. Foi o comezo dunha fermosa amizade que os levou a crear a súa propia produtora:
Habbekrats. Con ela escriben, dirixen e producen no
2010 a súa primeira longametraxe «Rabat», que se estreou con éxito nos cines holandeses no
2011.
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario