Proxéctanse os mércores de outubro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:
3
Out.
2018
Mérc.
«King of the Belgians» O rei dos belgas
O rei dos belgas está de visita oficial en Istambul cando Bélxica colapsa. O rei debe volver de inmediato para salvar o seu reino. Pero unha tormenta fai pechar o espazo aéreo e as comunicacións. Non hai avións nin teléfonos. Coa axuda dun cineasta inglés e un grupo de músicos búlgaros, o rei e o seu séquito logran cruzar a fronteira de incógnito. Agora comezará para el unha odisea a través dos Balcáns na que descubrirá o mundo de verdade, e a el mesmo.
Premios
2017: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor comedia europea
2016: Festival Internacional de Valladolid - Seminci: Sección oficial
Premios
2017: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor comedia europea
2016: Festival Internacional de Valladolid - Seminci: Sección oficial
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30e 23 h. (CUT+1)
10
Out.
2018
Mérc.
«The Big Sick» A gran enfermidade do amor
Dirección de Michael Showalter · (2017)
Conta a historia real de Kumail e Emily, unha parella que se coñece nun espectáculo de comedia. Cando parecía que todo ía quedarse nun encontro dunha noite, a súa relación empeza a avanzar malia as diferenzas culturais, complicando as vidas de todos polas expectativas que tiñan os pais de Kumail, musulmáns estritos.
Premios
2017: Festival de Valladolid: Premio Seminci Novo (ex aequo)
2017: Premios Oscar: Nomeada a mellor guión orixinal
Premios
2017: Festival de Valladolid: Premio Seminci Novo (ex aequo)
2017: Premios Oscar: Nomeada a mellor guión orixinal
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
17
Out.
2018
Merc.
«Place publique» Cheos de vida
Dirección de Agnès Jaoui · (2017)
Castro é un antigo presentador estrela da televisión, agora en plena decadencia. Un día o seu chofer, Manu, lévalle á inauguración da nova casa da súa produtora e vella amiga, Nathalie, nos arredores de Paris. Hélène, irmá de Nathalie e exmuller de Castro, tamén está invitada. Cando eran mozos compartían os mesmos ideais pero co tempo, Castro converteuse ao pragmatismo (ou máis ben ao cinismo) mentres que Hélène mantívose fiel aos seus principios. Nina, a filla de ambos, quen acaba de escribir un libro inspirado na vida dos seus pais, súmase á festa. Mentres que Castro asiste impotente á caída inexorable dos seus índices de audiencia, Hélène intenta desesperadamente impoñer a presenza dunha refuxiada afgana no seu programa. E mentres, a festa segue ao grande.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
24
Out.
2018
Mérc.
«Undir trénu» Bos veciños
Dirección de Hafsteinn Gunnar Sigurðsson · (2017)
Un home é acusado de adulterio pola súa prometida e obrigado a trasladarse a casa dos seus pais. Mentres loita por custodia da súa filla de catro anos, vese progresivamente introducido nunha disputa entre os seus proxenitores e os seus veciños á mantenta dunha vella e fermosa árbore.
Premios
2017: Hamptons International Filme Festival: Mellor película
Premios
2017: Hamptons International Filme Festival: Mellor película
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30e 23 h. (CUT+1)
31
Out.
2018
Mérc.
«Waterboys»
Dirección de Robert Jan Westdijk · (2016)
O novelista Víctor e o seu fillo vinteañeiro Zack, que toca o chelo, son agora ambos solteiros. Unha viaxe de ambos de Amsterdam a Escocia obrigaralles a comunicarse entre eles, e tamén a entenderse a si mesmos. Influenciados polas mulleres que atopan durante a viaxe e pola música do grupo 'The Waterboys', a súa convértese nunha historia de pais que aínda teñen que madurar e de fillos que deberían tomarse a vida menos en serio.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30e 23 h. (CUT+1)
ADVERTENZA: Non se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario