Amosando publicacións coa etiqueta Ruben Östlund. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ruben Östlund. Amosar todas as publicacións

05/01/18

Programación xaneiro - febreiro 2018

Filmoteca

Ciclo Imaxinario

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.

Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación.



«Imaxinario» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes de pensar? imaxina! A imaxinación é o proceso de creación e de deformación das imaxes...en silencio e ás escuras nunha sala cinematográfica, como se dunha catedral fose, pode voltarnos inmortais; o noso corazón pode ter esperanzas e expectativas, pode namorarse e viaxar por moito tempo, como as sensacións que transmite a música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación, baseado dunha canción orixinal da compositora brasileira Zélia Duncan, interpretado con apenas 19 anos por Tanita Tikaram no seu primeiro disco. Que vos preste. Ollo aos horarios...


(Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro)

08/05/15

«Turist» · Forza Maior

mércores 13 de maio, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS

Título: «Turist» · Fuerza mayor
(Forza Maior)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ruben Östlund
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital HD-DTS
Idioma: danés, noruegués, francés e sueco · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)