15/02/18

Sesións de filmoteca de febreiro - marzo de 2018

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:

(A programación do CGAI, comenzará a partir do mes de marzo)


19 Feb. 2018
Lun.

«Muchos hijos, un mono y un castillo» Moitos fillos, un mono e un castelo

Dirixida por · (2017)
Julita, a nai, cumpriu todos os seus soños de ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, e agora sofre os efectos da crise económica, sen diñeiro para poder manter o impoñente inmoble, e a base de iniciativa e tacto logra manter á familia á boia.

Premios

2017: Premios Goya: Mellor documental
2017: Festival de Karlovy Vary: Mellor documental
2017: Hamptons International Film Festival: Mellor documental


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



26 Feb. 2018
Lun.

«Selfie»

Dirixida por · (2017)
Bosco é o fillo dun ministro imputado por corrupción, malversación de fondos públicos, branqueo de capitais e varias decenas de delitos económicos. Selfie conta a súa historia desde que o expulsan do seu luxoso chalet en "La Moraleja" ata que entra a pedir traballo na sede de Podemos, coas súas angustias sentimentais e as súas miserias.

Premios
2017: Premios Goya: Nomeada a Mellor actor revelación (Santiago Alverú)
2017: Festival de Málaga: Mención especial do Xurado e Premio da crítica


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



5 Mar. 2018
Lun.

«Die göttliche Ordnung» A orde divina

Dirixida por · (2017)
En 1971, as mulleres aínda non podían votar en Suíza. Nora é unha nova ama de casa e nai de dous fillos que vive nunha pequena e pintoresca vila onde as novas das protestas polos dereitos civís, a revolución sexual e os movementos contraculturais case non son un tema de discusión. Nora é unha persoa tranquila que conta coa simpatía de todos. Pero cando o seu marido lle prohibe aceptar un traballo a tempo parcial, a frustración lévaa a comezar a loitar publicamente polo sufraxio feminino. A súa nova fama conleva ameazas e a posible fin do seu matrimonio, pero ela négase a dar marcha atrás, e convence ás mulleres da vila para ir á folga mentres descobre aspectos sobre a súa propia liberación. As tranquilas vidas dos seus veciños veranse afectadas por completo.

Premios
2017: Festival de Tribeca: 3 Premios, incluíndo o do Público
2017: Festival de Xixón: Sección oficial


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



12 Mar. 2018
Lun.

«Alanis»

Dirixida por · (2017)
Alanis é unha traballadora sexual, nai dun neno pequeno, que deberá pelexar por facerse un lugar na sociedade.

Premios
2017: Festival de San Sebastián: Mellor dirección, Mellor actriz (Sofía Gala)
2017: Premios Sur: 4 nominacións incluíndo mellor director e guión orixinal
2017: Festival da Habana: Premio Coral - Mellor película e mellor actriz (Sofía Gala)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
 socios/as 2  (consultar non asociados/as).



19 Mar. 2018
Lun.

«sesión de curtametraxes»


Pois iso, que te quero
Beatriz del Monte (España, 2017) 12 min.

Nais e fillas. Catro xeracións dunha mesma familia. Toman café, charlan e rin, pero tralas risas agochan silencios gardados durante anos, porque aínda lles queda moito por se dicir...

Atisbos
Iria Silvosa (España, 2016) 5 min.

Atisbos é a exploración da vila natal, que agora é fantasmagórica e estraña.

Palmira
Diana Gonçalves (España, 2017) 32 min.

A vida transcorre lentamente, repetitiva. Un corpo cansado pero á vez, resistente. Doutro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida. Da observación á construción coa propia personaxe.

Matria
Alvaro Gago (España, 2017) 20 min.

Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.

Premios
2018: Sundance: Gran premio do xurado (curtametraxes)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
 De balde, até completar o aforamento (110 butacas)





Todas as proxeccións son en VO/VOS, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.



Horarios CUT+1

Ningún comentario: