Filmoteca
Ciclo Retratos e derivas
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
Sesión especial
Retratos e derivas, presenta unha secuencia de emocións, loitas femeninas, desencontros da vida, derivas do amor, retratos de familia, a política e outras cousas debuxadas extraordinariamente.
O avance visual [.mp4 • 20'7 MB] completo, da programación ata a semana santa, saudámolo coa versión que o grupo galego "Oh Ayatollah" (Volve a canción protesta), que fixeron sobre a orixinal de "Los planetas"...quero repetir axiña, non podo esperar!
...e case non podemos esperar, porque temos novidade, (en probas) que debe esperar até o próximo 21 de marzo para espectadores/as con algunha discapacidade audiovisual.
Gocen, si ninguén o impide.
Filmoteca
19
Feb.
2018
Lun.
«Muchos hijos, un mono y un castillo» Moitos fillos, un mono e un castelo
Dirixida por Gustavo Salmerón · (2017)
Julita, a nai, cumpriu todos os seus soños de ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, e agora sofre os efectos da crise económica, sen diñeiro para poder manter o impoñente inmoble, e a base de iniciativa e tacto logra manter á familia á boia.
Premios
2017: Premios Goya: Mellor documental
2017: Festival de Karlovy Vary: Mellor documental
2017: Hamptons International Film Festival: Mellor documental
Premios
2017: Premios Goya: Mellor documental
2017: Festival de Karlovy Vary: Mellor documental
2017: Hamptons International Film Festival: Mellor documental
Comparte o evento ❯❯
Retratos e derivas
21
Feb.
2018
Mérc.
«Aundiya» Handia
Tras loitar na Primeira Guerra Carlista, Martín volve ao seu caserío familiar en Guipúscoa e alí descobre con sorpresa que o seu irmán menor, Xaquín, é moito máis alto do normal. Convencido de que todo o mundo quererá pagar por ver ao home máis grande sobre a Terra, ambos irmáns embárcanse nunha longa viaxe por Europa na que a ambición, o diñeiro e a fama cambiarán para sempre o destino da familia. Unha historia inspirada en feitos reais.
Premios
2017: Premios Goya: 10 premios
2017: Festival de San Sebastián: Premio Especial do Xurado, Premio Cinema Vasco
Premios
2017: Premios Goya: 10 premios
2017: Festival de San Sebastián: Premio Especial do Xurado, Premio Cinema Vasco
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Filmoteca
26
Feb.
2018
Lun.
«Selfie»
Dirixida por Víctor García León · (2017)
Bosco é o fillo dun ministro imputado por corrupción, malversación de fondos públicos, branqueo de capitais e varias decenas de delitos económicos. Selfie conta a súa historia desde que o expulsan do seu luxoso chalet en "La Moraleja" ata que entra a pedir traballo na sede de Podemos, coas súas angustias sentimentais e as súas miserias.
Premios
2017: Premios Goya: Nomeada a Mellor actor revelación (Santiago Alverú)
2017: Festival de Málaga: Mención especial do Xurado e Premio da crítica
Premios
2017: Premios Goya: Nomeada a Mellor actor revelación (Santiago Alverú)
2017: Festival de Málaga: Mención especial do Xurado e Premio da crítica
Comparte o evento ❯❯
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
27
Feb.
2018
Mar.
«Project Nim» Proxecto Nim
Dirixida por James Marsh · (2011)
Na década dos 70, o chimpancé Nim foi sometido a un experimento cuxo obxectivo era comprobar que efectos tería sobre o animal o feito de ser criado e educado coma un ser humano.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
19:30 h. (CUT+1)
4 €. Bono 6 filmes colexio de médicos: 20 €.
Retratos e derivas
28
Feb.
2018
Mérc.
«Nelyubov» Sen amor
Dirixida por Andrey Zvyagintsev · (2017)
Unha parella que atravesa un divorcio debe xuntar forzas para atopar ao fillo, desaparecido tras unha das súas pelexas.
Premios
2017: Oscar: Nomeada a mellor película de fala non inglesa
2017: Festival de Cannes: Premio do Xurado
2017: Premios do Cinema Europeo: Mellor BSO e fotografía
Premios
2017: Oscar: Nomeada a mellor película de fala non inglesa
2017: Festival de Cannes: Premio do Xurado
2017: Premios do Cinema Europeo: Mellor BSO e fotografía
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Sesión especial
1
Mar.
2018
Xov.
«COPEL: Una historia de rebeldía y dignidad» COPEL: Unha historia de rebeldía e dignidade
Dirixida polo Grupo Copel · (2017)
O 1 de agosto de 1976, os medios empezaron a informar sobre o estalido dun motín no cárcere de Carabanchel. Os actos de protesta no centro penitenciario parecen estar encamiñados a mostrar a súa desaprobación pola amnistía decidida o venres polo Rei, fundamentalmente prevista para delitos de tipo político e de opinión. Na azotea da prisión colocouse unha pancarta na que se lía «Liberdade». Acababa de nacer a COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a organización dos presos sociais que se consideraban igual de vítimas do réxime franquista que os presos políticos de Franco. Reivindicaban a amnistía para todos. Presos á rúa, era o seu lema. Sen distincións.
Pero a amnistía non estaba entre os plans do goberno post-franquista, como deixa claro Fraga nunha entrevista que aparece no filme. A represión foi escalando. Malleiras, torturas e ata o asasinato dalgún interno, como o anarquista Agustín Roda, utilizáronse como métodos válidos para amedrentarlles, para manter un estado de medo permanente como forma de control e dominación, asegura Pont. Finalmente, a ferramenta máis útil para sufocar a loita foi a creación de macrocárceres inspiradas na prisión alemá de Stammheim, como a de Herrera da Mancha (inaugurada en xuño de 1979), con módulos separados e celas de illamento. Divide e vencerás.

20:30 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas)
Filmoteca
5
Mar.
2018
Lun.
«Die göttliche Ordnung» A orde divina
Dirixida por Petra Biondina Volpe · (2017)
En 1971, as mulleres aínda non podían votar en Suíza. Nora é unha nova ama de casa e nai de dous fillos que vive nunha pequena e pintoresca vila onde as novas das protestas polos dereitos civís, a revolución sexual e os movementos contraculturais case non son un tema de discusión. Nora é unha persoa tranquila que conta coa simpatía de todos. Pero cando o seu marido lle prohibe aceptar un traballo a tempo parcial, a frustración lévaa a comezar a loitar publicamente polo sufraxio feminino. A súa nova fama conleva ameazas e a posible fin do seu matrimonio, pero ela négase a dar marcha atrás, e convence ás mulleres da vila para ir á folga mentres descobre aspectos sobre a súa propia liberación. As tranquilas vidas dos seus veciños veranse afectadas por completo.
Premios
2017: Festival de Tribeca: 3 Premios, incluíndo o do Público
2017: Festival de Xixón: Sección oficial
Premios
2017: Festival de Tribeca: 3 Premios, incluíndo o do Público
2017: Festival de Xixón: Sección oficial
Comparte o evento ❯❯
Retratos e derivas
7
Mar.
2018
Mérc.
«Loving Vincent»
Primeira longametraxe composta por pinturas animadas, "Loving Vincent" é un filme homenaxe a Van Gogh no que cada fotograma é un cadro pintado sobre óleo, tal e como o propio Vincent os pintara. Os seus 80 minutos de duración están compostos por 56.800 fotogramas que foron pintados, un a un, por unha gran cantidade de excelentes pintores ao longo de varios anos, todos inspirándose no estilo e arte maxistral de Van Gogh.
Premios
2017: Premios Oscar: Nomeada a mellor longametraxe de animación
2017: Festival de Annecy: Premio do público
2017: Premios do Cine Europeo: Mellor longametraxe de animación
Premios
2017: Premios Oscar: Nomeada a mellor longametraxe de animación
2017: Festival de Annecy: Premio do público
2017: Premios do Cine Europeo: Mellor longametraxe de animación
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Filmoteca
12
Mar.
2018
Lun.
«Alanis»
Dirixida por Anahí Berneri · (2017)
Alanis é unha traballadora sexual, nai dun neno pequeno, que deberá pelexar por facerse un lugar na sociedade.
Premios
2017: Festival de San Sebastián: Mellor dirección, Mellor actriz (Sofía Gala)
2017: Premios Sur: 4 nominacións incluíndo mellor director e guión orixinal
2017: Festival da Habana: Premio Coral - Mellor película e mellor actriz (Sofía Gala)
Premios
2017: Festival de San Sebastián: Mellor dirección, Mellor actriz (Sofía Gala)
2017: Premios Sur: 4 nominacións incluíndo mellor director e guión orixinal
2017: Festival da Habana: Premio Coral - Mellor película e mellor actriz (Sofía Gala)
Comparte o evento ❯❯
Retratos e derivas
14
Mar.
2018
Mérc.
«God's Own Country» Terra de Deus
Dirixida por Francis Lee · (2017)
Johnny Saxby é un mozo granxeiro de Yorkshire que tenta evadirse dos seus problemas co alcol e o sexo. Cando chega á vila durante a primavera un inmigrante rumano para traballar na crianza de ovellas, a súa visión da vida cambiará de forma radical.
Premios
2017: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor filme británico
2017: Festival de Sundance: Mellor director - Drama (World Cinema)
2017: Festival de Sevilla: Sección Oficial
2017: Festival de Edimburgo (EIFF): Mellor filme británico
Premios
2017: Premios BAFTA: Nomeada a Mellor filme británico
2017: Festival de Sundance: Mellor director - Drama (World Cinema)
2017: Festival de Sevilla: Sección Oficial
2017: Festival de Edimburgo (EIFF): Mellor filme británico
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Filmoteca
19
Mar.
2018
Lun.
«sesión de curtametraxes»
Pois iso, que te quero
Beatriz del Monte (España, 2017) 12 min.
Nais e fillas. Catro xeracións dunha mesma familia. Toman café, charlan e rin, pero tralas risas agochan silencios gardados durante anos, porque aínda lles queda moito por se dicir...
Atisbos
Iria Silvosa (España, 2016) 5 min.
Atisbos é a exploración da vila natal, que agora é fantasmagórica e estraña.
Palmira
Diana Gonçalves (España, 2017) 32 min.
A vida transcorre lentamente, repetitiva. Un corpo cansado pero á vez, resistente. Doutro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida. Da observación á construción coa propia personaxe.
Matria
Alvaro Gago (España, 2017) 20 min.
Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.
Premios
2018: Sundance: Gran premio do xurado (curtametraxes)
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 e 23 h. (CUT+1)
De balde, até completar o aforamento (110 butacas)
Extra: IV Ciclo de cine e medicina
20
Mar.
2018
Mar.
«Chce sie zyc» Life Feels Good
Dirixida por Maciej Pieprzyca · (2013)
Narra a historia de Mateusz, un home de 30 anos que padece parálise cerebral e, dentro das súas limitacións, leva unha vida relativamente normal. Acaba de ser internado nun centro de saúde mental, onde determinarán o seu nivel de incapacidade.
Premios
2013: Festival de Montreal: Mellor película
2014: Festival de Xixón: 2 premios (Mellor actor e dirección artística
Premios
2013: Festival de Montreal: Mellor película
2014: Festival de Xixón: 2 premios (Mellor actor e dirección artística
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
19:30 h. (CUT+1)
4 €. Bono 6 filmes colexio de médicos: 20 €.
Retratos e derivas
21
Mar.
2018
Mérc.
«The Party»
Dirixida por Sally Potter · (2017)
Janet (Kristin Scott Thomas) acaba de ser nomeada ministra do Goberno, e por iso varios amigos reúnense nunha festa para celebrar o seu nomeamento. Con todo, o que comeza como unha celebración terminará do xeito máis inesperado.
Premios
2017: Festival de Berlín: Sección oficial longametraxes a concurso
2017: British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actriz secundaria (Clarkson)
ATENCIÓN: Filme dispoñible con audiodescripción
[ AD))) ](*)
Comparte o evento ❯❯
Premios
2017: Festival de Berlín: Sección oficial longametraxes a concurso
2017: British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actriz secundaria (Clarkson)
ATENCIÓN: Filme dispoñible con audiodescripción
[ AD))) ](*)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco está permitido o uso de móbiles durante a sesión, agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ]. e loxicamente para aqueles/as que o precisen nesas sesións.
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario