«Primavera musical»
«Filmoteca CGAI»
Despois da auga, chega por fin a primavera...e de novo un ano máis, coa música medrarán todas as pequenas cousas da vida.
O avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo coa canción «Those little things» é de Ramón Mirabet.
Atentos aos días e distintos lugares!
Primavera Musical
4
Abr.
2017
Mer.
«Marley»
Dirixido por Kevin Macdonald ·(2012)
Documental sobre a vida, música e legado de Bob Marley. É a primeira película autorizada pola familia do cantante, o que permitiu o uso de material privado sobre a súa vida.
Premios
2012: Premios BAFTA: Nomeada a mellor documental
2012: British Independent Film Awards (BIFA): Nomeada a Mellor documental
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 e 21 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
socios/as 4 € (consultar non asociados/as).
5 Abr. 2017
Xov
«La mazorka mecánica» A mazorga mecánica
Dirixida por Nikone Cons · (2012)
Documental sobre o grupo de Hip-Hop Los Chikos do Maíz. Nel cóntannos a evolución do grupo desde os seus inicios á actualidade, a súa denuncia ante a Audiencia Nacional ao ser tratados de terroristas e a súa experiencia ao pasar por Venezuela.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
De balde
Filmoteca CGAI
9
Abr.
2018
Lun.
«Los objetos amorosos» Os obxectos amorosos
Dirixido por Adrián Silvestre · (2016)
Luz emigra a Italia na procura dun futuro mellor, deixando en Colombia ao seu fillo de dous anos coa súa familia. Con todo, o seu soño europeo trúncase e convértese nunha serie de desgrazas. Inesperadamente coñece a Fran, unha persoa que lle rompe todos os esquemas. Ambas deciden vivir co mundo por diante e Roma aos seus pés.
Comparte o evento ❯❯
Primavera Musical
10
Abr.
2017
Mar.
«One More Time with Feeling»
Dirixida por Andrew Dominik · (2016)
Un documental que ía ser sobre un novo disco de "Nick Cave and the Bad Seeds" quedou marcado polo lamentable falecemento do fillo de Nick, Arthur, que con só 15 anos caeu por un cantil en novembro do 2015 en Brighton. A traxedia transformou o que ía ser un documental musical sobre as sesións de gravación, nun estudo sobre a dor, a perda e a forma na que esta afecta á creación artística.
Premios
2016: Festival de Venecia: Sección oficial (Fóra de concurso)
Premios
2016: Festival de Venecia: Sección oficial (Fóra de concurso)
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Pop «Torgal», Ourense
De balde
11
Abr.
2017
Mer.
«Chavela»
A cantante Chavela Vargas gañou un nome por si mesma primeiro en México e máis tarde en todo o mundo principalmente pola súa interpretación de rancheiras tradicionais. Estas cancións eran compostas principalmente por homes e na súa maioría falaban de amor non correspondido polas mulleres, o cansazo do mundo e a soidade. Chavela interpretábaas co seu propio ritmo e a súa voz áspera e vulnerable. O material inédito desta película, así como as entrevistas coa propia Chavela e os seus contemporáneos, colegas e parellas, deron como resultado un cariñoso retrato dunha artista carismática e excepcional, que foi abertamente lesbiana ao longo da súa vida.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
socios/as 4 € (consultar non asociados/as).
12 Abr. 2017
Xov
«De un tiempo libre a esta parte» Dun tempo libre a esta parte
Dirixida por Beatriz Alonso Aranzábal · (2015)
Unha visión excitante e reflexiva dun tempo que deu orixe á Movida madrileña, e aporta as voces de persoas que participaron como creadores e espectadores, formando parte de grupos musicais de principios dos anos 80.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café cultural«Auriense», Ourense
De balde
Ningún comentario:
Publicar un comentario