Amosando publicacións coa etiqueta Lewin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lewin. Amosar todas as publicacións

14/02/13

Ciclo de Comedia (e II)


Despois do entroido e  dun tirón ata a semana santa, continuamos co ciclo de comedia, que siguen co mesmo horario (18, 20:30 e 23 horas), mesmo prezo ( de momento resistimos as subas do IVE e demáis), e mesmo lugar; no Cinebox Ourense e día (mércores). 

(Podes reservar as entradas; aqui *+custes xestión)

Este é o detalle do programado...

10/01/13

Ciclo de Comedia (I)

Para apurar este ano, cheo de malos augurios, e cunha terminación que non invita ao optimismo, propoñemos vitaminar un pouco, as nosas amargadas vidas por culpa, segurísimo, de quen non vai, ou nunca foi ao cinema.

A programación que temos preparada coa procura de saude, e agarimo necesario para o primeiro trimestre do 2013, proxéctase no Cinebox Ourense, todos os mércores -agás a semana do entroido- en sesións ás 18, 20:30 e 23 horas. (En versión orixinal subtitulada)

Por último antes de detallar a programación que preparamos, advertimos que a pesar da espectacular suba do IVE, e a falta de programas de apoio da Administración, mantemos de momento as mesmas cotas de entrada ás sesións; 4 euros xeral, e 3 euros a cota reducida, (ou sexa os descontos son aplicables a  estudantes universitarios con carné vixente, xubilados e parados).

Este é o detalle do programa;