Diante da actual condena das nosas vidas, nunha pertinaz crise ideolóxica que ameaza rematar coa educación e sanidade pública, e por suposto a cultura, aproveitamos o comezo de ano 2013 con facer medrar a emoción, por enriba doutras recomendacións sobrenaturais que nos suxiren algúns dos que nos gobernan.
En calquera caso, a proxección especial que inicia o 2013, ven un pouco dada, polas coincidencias de nadal, a súa fallida campaña de distribución a pesar da inversión publicitaria, e sobre todo, porque é un excepcional filme galego.
- mércores 9 de xaneiro de 2013, no Cinebox Ourense
O Apóstolo
(2012, España)Dirección: Fernando Cortizo | Guión: Fernando Cortizo | Música: Xavier Font, Arturo Vaquero, Philip Glass | Fotografía: Matthew Hazelrig | Intérpretes: Animación (Voces de: Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Paul Naschy, Jorge Sanz, Celso Bugallo, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Atilano Franco, Jacobo Rey)
Productora: Artefacto producciones | Web oficial: http://www.oapostolo.es/ | Distribuídora: Artefacto producciones | Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 80 min.| Lingua: Versión Orixinal (Galego) VOG
Premios e mencións:
2012: Festival de Sitges: Nominada á mellor película de animación
Xénero:
Fantástico. Intriga. Terror
Sipnose:
Un preso recén fuxido da cárcere tenta recuperar o botín que escondeu uns anos antes, nunha remota e solitaria aldea; pero o que alí se atopa supón unha condea peor que a cadea. Sinistros anciáns, extranas desaparicións, espíritus, un peculiar sacerdote e ata o mesmo arquipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor e fantasía.
Primeira producción de stop-motion (Claymation) con plastilina feita en España.
Crítica:
"Aparte duns persoaxes absolutamente ben definidos e carismáticos, tamén hai unha traballada atmósfera, que inqueta e da medo e frío (...) pero, á súa vez, unha simpática e entretida película de aventuras“
(Pere Vall, Fotogramas)
As cotas xerais de entrada, permanecen de momento invariables, aínda que nesta sesión especial, só existe a cota xeral (4 Eu.). (Lamentamos por mor das actuais políticas culturais dun, e doutro bando, e da espectacular suba do I.V.E., non manter nesta ocasión os habituais descontos)
Se queres descagar o cartaz, preme na imaxe de abaixo.
Se queres descagar o cartaz, preme na imaxe de abaixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario