06/05/16

Proxeccións especiais

Proxectaremos na no mes de maio de 2016


Extra e sesión especial socios/as (e participantes do obradoiro «La Plantación»)






12 Mai. 2016
Xov

«Amarrar as Palabras»

Dirixida por · (2016)
Documental sobre os procesos de confluencia política e electoral que tiveron lugar en Galicia na segunda metade de 2015, e que involucraron a maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal; reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).





19 Mai. 2016
Xov

«Chicas nuevas 24 horas» · Rapazas Novas 24 horas

Dirixida por · (2015)
Unha investigación a través de 5 países, onde este «falso documental» coloca o punto de vista na mirada perversa do gran negocio que significa a escravitude sexual. Un negocio que move 32 mil millóns de dólares ao ano, no que todo son ganancias (pois o corpo dunha muller —se é nova e cóidase—, pode chegar a venderse en múltiples ocasións durante o mesmo día, mesmo contra a súa vontade).
Queres aprender este negocio? Queres formar parte del? Ou unicamente queres mirar?

Contaremos coa presenza da directora (agás imprevistos), para presentar o filme.

SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas).





28 Mai. 2016
Sáb

«Che Strano Chiamarsi Federico!» · Que estraño chamarse Federico!

Dirixida por · (2013)
Documental que rende homenaxe ao director italiano para conmemorar o vixésimo aniversario da súa morte. Combina imaxes de arquivo e escenas rodadas en Cinecittà. evoca o seu encontro con el na revista satírica «Marc’Aurelio» nos anos cincuenta, lembra os amigos comúns (entre eles ) e, sobre todo, o pracer compartido de facer cinema.


A proxección, na que colabora a Universidade de Vigo, está tamén incluída nun obradoiro sobre Fellini organizado por «La Plantación».
Os/As socios/as participantes no obradoiro «Fellini, o oficio do soño» impartido por Simone Saibene teñen un desconto do 10%. Asemade os participantes do mesmo, teñen acceso de balde á proxección.

SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST)
  Socios/as de balde, 2  Non asociados/as






Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.




Horarios CUT+2







¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)



Publicar un comentario