Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse os luns durante o mes de maio (aparte do ciclo de Wong Kar-Wai dos mércores) no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…
(Atención ao horario diferente da primeira película co resto e das únicas sesións deste mes, ocasionado polas restriccións horarias da normativa sanitaria para facer fronte á pandemia do COVID)
3
Mai.
2021
Lun.
«El año del descubrimiento» O ano do descubrimento
Luis López Carrasco · (España, 2020) 200 min. [+12] VOE
Figura única no cinema español, Luis López Carrasco (Murcia, 1981) é un dos fundadores do colectivo Los Hijos* e director dunha longametraxe anterior, El futuro (2013). En El año del descubrimiento presenta un combativo, singular e exhaustivo documental, refractario ás escritas interesadas e oficiais da nosa Historia. No ano do apoxeo internacional de España, 1992, un conflito laboral deriva na queima do parlamento autonómico murciano. Este episodio, como tantos desa época, parece anulado na memoria popular. Para os seus protagonistas exemplifica un relato furtado, esquecido, por iso lembran aqueles días. Entrevistas, conversas, testemuños, uso da pantalla dividida, espazo delimitado, certas imaxes de arquivo, un esforzo mastodóntico de reconstrución política e oral, na senda de Lanzmann, Coutinho ou o documental da transición, que despois da súa estrea en Rotterdam, obtivo premios á mellor película en Cinéma du Reel, Bogotá, Toulouse ou Jeonju.
* (Os primeiros traballos do colectivo Los Hijos, proxectáronse polo cineclube en novembro de 2012 en Ribadavia, nas Marxes Fílmicas)
Premios
2020: Goya: Mellor documental
2020: Festival de Mar del Plata: Mellor película
2020: Festival de Sevilla: Gran Premio do Xurado
"Robusta e comunitaria (...) imprescindible. Un fresco (...) no que espectador asiste sen pestanexar ás conversacións cruzadas, entrevistas e relatos dunha serie de mulleres e homes que falan de oficinas (...) e sindicatos"
(Elsa Fdez. Santos, EL PAÍS)
10
Mai.
2021
Lun.
«Arima»
Jaione Camborda · (España, 2019) 77 min. [+12] VOG
A vida de catro mulleres e unha moza que se ve alterada pola inesperada chegada de dous alleos. Un deles foxe do outro, escondéndose pola cidade como unha existencia esquiva, fantasmagórica e dubidosa. O outro, un home ferido cunha arma, perturbará o día a día das mulleres de diferentes xeitos, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.
"A mirada de Camborda (...) modula perfectamente o autóctono e o cinefilo, e consolídase cunha mestura de soños ligados á terra e un toque lynchiano que non se volve demasiado meloso"
(Carlos Marañón, CINEMANÍA)
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CUT+1)
De balde
24
Mai.
2021
Lun.
«Pauline à la plage» Pauline na praia
Éric Rohmer · (Francia, 1986) 94 min. [+7] VOSE
Pauline é unha adolescente de 15 anos que pasa un verán na costa atlántica francesa coa súa curmá Marion. Marion atópase alí con Pierre, un antigo amigo, que se sente atraído por ela. Con todo, Marion prefire ao aventureiro Henri, aínda que sabe que a súa relación con el será efémera. Mentres, tamén Pauline ten un romance... Terceira entrega da serie "Comedias e proverbios" de Rohmer.
Premios
1983: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director, FIPRESCI
"Esta é quizais a película máis fresca. (...) Non se filman máis películas tan pracenteiras coma esta."
(Leonardo D’ Espósito, NOTICIAS)
31
Mai.
2021
Lun.
«Le rayon vert» O raio verde
Éric Rohmer · (Francia, 1986) 94 min. [A] VOSE
Delphine é unha nova secretaria parisiense sen plans para as súas vacacións despois de que a súa amiga as cancelase no último minuto. Soa e triste, ela está decidida a viaxar. No camiño coñece a unha moza sueca que tenta animala pero que só consegue acentuar a súa sensación de soidade, ata que o seu destino de súpeto dá un xiro inesperado.
Premios
1986: Festival de Venecia: León de Ouro á mellor película. Premio FIPRESCI
"Unha dos cumes do cinema mundial"
(Guillermo Altares, EL PAÍS)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>16] recomendado para maiores de 16 anos, [R>18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] Sen clasificación por idades.
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario