Encontro de cineclubes
O documental do mes
Ciclo 50
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo.
Herdeiro dunha tradición cineclubista na cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense (de efémera vida, nado no verán de 1960 e fenecido pouco despois) e Miño (posto en marcha ao pouco de pechar o anterior, e aberto ata 1964).
O vídeo que resume brevemente a historía do cineclube, aquí. [Abre outra xanela]
Con esta efémeride, queríamos facer un encontro festivo de cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén as circunstancias e prudencia aconsellan unha celebración máis austera que imos programar para o vindeiro venres 18 e sábado 19 de setembro de 2020.
Presentaremos tamén as actividades conmemorativas que comezarán a partir do vindeiro martes 22 de setembro e esténdense ata o 22 decembro, sen apenas descanso e co ánimo de festexar medio século de existencia diante das adversidades.
Invocamos unha atención ás estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]
Encontro de cineclubes. 50 anos do Cineclube Padre Feijoo
Lamentamos informar, que unha parte das actividades do encontro, son limitadas polas restriccións de aforo derivadas do protocolo de seguridade diante do COVID19. Esta é unha parte da programación aberta.
18
set.
2020
ven.
«Nueve Cartas a Berta» · Nove Cartas a Berta
Basilio Martín Patino · (España, 19656) 92 min. [A] VOE
Lorenzo (Emilio Gutiérrez Caba) acaba de regresar de Inglaterra, onde se namorou de Berta, unha nena filla de pais exiliados que nunca viu España. Lorenzo tenta, a través de fermosas cartas, que ela entenda o mundo no que vivían os seus pais.
Premios
1965: Festival de San Sebastián: Cuncha de prata
"A primeira película de Basilio Martín Patino (consta tamén como o primeiro filme proxectado polo cineclube), únese ao chamado «Novo cine español», un movemento renovador que ao final non tivo a merecida continuidade. A película ábrese cunha cita do director dos versos do poeta Antonio Machado: «Esta é a historia dun español que quere vivir e comezar a vivir»."
19
set.
2020
sáb.
«Talking about trees»
Suhaib Gasmelbari · (Francia - Sudán - Chad, 2019) 93 min. [ND] VOSPt
O filme segue os esforzos do Cineclube de Sudán (Sudanese Film Club), representado por cineastas xubilados Ibrahim Shadad , Manar Al Hilo , Suleiman Mohamed Ibrahim e Altayeb Mahdi , por reabrir un cine ao aire libre na cidade de Omdurman ante décadas de censura islamista e burocracia ineficiente.
Catro homes falan á luz de velas, xa que a compañía eléctrica nacional cortou a subministración na zona, unha especie de rexeitamento metafórico do propio cinema, que se manifesta na luz. As imaxes saltan por un estudo de radio. Ibrahim di que o cine é un heroe "que pode morrer unha morte natural ou ser asasinado por un traidor". A polémica aínda rodea o réxime ditatorial islamista, mentres que a paixón pola industria do cine segue sendo forte. Viaxando nunha antiga e enferruxada caravana, os catro amigos chegan á praza da cidade e estenden un pano sobre unha muralla. Logo, homes, mulleres e nenos veñen sentarse nas cadeiras deste cine improvisado. Comeza o proxector: é "Modern Times" (Tempos modernos), de Charlie Chaplin; Os nenos rin. Pero os amigos soñan con amosar unha película nun anfiteatro con 5000 asentos ao aire libre en Jartum. "Sen patrocinadores nin publicidade, sen discursos nin ministros do goberno". O dono do anfiteatro (chamado Revolution Cinema) autorizounos para restaurar o edificio. Non obstante, aínda teñen que solicitar permiso ao concello e ao departamento de intelixencia e seguridade nacional. Entón escriben ao Ministerio de Cultura, argumentando un "interese mutuo por revitalizar o cine como unha forma de atraer a xente nova".
Premios
2019;Berlinale; Premio do documental orixinal e premio do público
"É realmente unha película que tamén nos fala de todo o que significa para nós o cine; sobre a beleza de ver unha película como audiencia, de experimentala colectivamente, máis que de vela nos nosos iPads, en vez de vela nos nosos móbiles; que a importancia de ter isto connosco é tan vital."
(Jay Weissberg)
SESIÓN:
COTA:
18:00 h. (CUT+1)
De balde (Con limitación de aforo)
O documental do mes
21
set.
2020
lun.
«Honeyland»
Honeyland, é un retrato sobrecolledor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.
Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha parroquia sen estradas, nin electricidade nin auga corrente.
Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual segredo, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima.
A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos.
(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)
SESIÓN:
COTA:
19:30 h. (CUT+1)
De balde
Ciclo 50
(Adiantamos os primeiros filmes de setembro. Toda a información completa de todo o ciclo, aquí.)
22
set.
2020
mar.
«El Sur» · O Sur
Víctor Erice · (España, 1983) 93 min. [A] VOE
“A Gaivota” é un caserón situado nos arredores dunha cidade do norte de España. Nela viven Agustín, médico e zahorí; a súa muller, mestra represaliada polo franquismo, e a súa filla Estrella. A nena, desde a súa infancia, sospeita que o seu pai oculta un segredo.
Premios
1983: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)
1983: Festival de Chicago: Hugo de Ouro - Mellor película
"A fermosura do filme é indefinible. (...) a historia e a súa maxistral visualización sitúannos no bordo do inefable, máis aló das palabras. (...) un filme de tan singular beleza, que se esquecen e deixan pasar o seu precipitado final"
(Ángel Fernández Santos, EL PAÍS)
SESIÓN:
COTA:
18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
De balde
23
set.
2020
mér.
«M» M, o Vampiro de Düsseldorf
Fritz Lang · (Alemaña, 1931) 111 min. [+13] VOSE
Un asasino de rapazas ten atemorizada toda a cidade. A policía búscao desesperadamente, detendo a calquera persoa sospeitosa. Pola súa banda, os xefes do crime, furiosos polas redadas que están a sufrir por culpa do asasino, deciden buscalo eles mesmos.
Premios
1933: National Board of Review (NBR): Top películas estranxeiras
"O magnífico thriller de Fritz Lang fascina"
(Peter Bradshaw, THE GUARDIAN)
SESIÓN:
COTA:
18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
De balde
24
set.
2020
xov.
«Mystery Train»
Jim Jarmusch · (EUA, 1989) 105 min. [A] VOSE
A cidade de Memphis é o escenario das tres historias que conforman esta película. Lonxe de Yokohama segue a dous mozos xaponeses cuxo soño é visitar Graceland, a casa de Elvis Presley. En Unha pantasma, unha italiana fácil de convencer vese estancada nesa cidade esperando o avión que lles leve a casa a ela e ao cadáver do seu marido. E en Perdidos no espazo, tres homes son perseguidos pola lei como consecuencia de actos realizados baixo efectos do alcol. Tres historias que teñen máis que ver entre si do que parece a primeira vista.
Premios
1989: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)
1989: Premios Independent Spirit: 7 nominacións incluíndo mellor película
"A súa grandeza reside nos seus finais abertos. É unha viaxe cun xeneroso guion que lle dá o mesmo status a todos os seus personaxes"
(Lesson Thomson, THE WASHINGTON POST)
SESIÓN:
COTA:
18:00 e 21:00 h. (CUT+1)
De balde
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible
ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario