Desde que o Cineclube fixera, a finais dos 90, dúas series de camisetas con deseños do ourensán Rober Araújo —con afortunadas caricaturas de Bogart e de Hitchcock, respectivamente—, non sacaramos á luz ningunha outra. Agora, a proposta da tenda Planeta Perverso (praza das Damas, 2, 32005 Ourense) e o deseñador Óscar Penín, podemos anunciar a edición destas camisetas conmemorativas do 40 aniversario, que celebramos este ano. O motivo é, como pode apreciarse, un dos primeiros iconos do cinema, o célebre Nosferatu de Murnau.
De momento, a única maneira de comprar estas camisetas (en modelos para muller e home, e diferentes talles, todos eles a un prezo de 12 euros) é nas nosas sesións cinematográficas, aínda que tamén poderedes encargalas previamente a través do noso enderezo de email ou mediante Facebook.
Unha curiosidade: a última vez que se proxectou Nosferatu no Cineclube Padre Feijoo foi hai catorce anos, en marzo de 1996 (o 21/3/1996, nunha sesión dobre co título de «Noite do terror» en parella con El conde Drácula [1969], de Jess Franco).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Mola. Gostaría de saber se a tedes na XXL...
Lamentabelmente, a edición é limitada, e xa non nos quedan camisetas dese tamaño. Sentímolo. Graciñas polo teu interese.
Publicar un comentario