13/04/10

‘Màscares’ e ‘La vida loca’




















Esta é a nota de prensa enviada hoxe aos medios (se queres recibir información sobre as activid
ades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)

O CINECLUBE COLABORA COA MITEU

COA PROXECCIÓN DE ‘MÀSCARES’ E ‘LA VIDA LOCA’


Mañá, mércores 14, e mais o vindeiro luns 19 de abril, o Cineclube Padre Feijoo fará proxeccións, no Auditorio Municipal de Ourense, dentro do programa da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU). As entradas custarán, ao igual que as outras actividades da mostra, 2 euros.


O mércores 14, proxectarase, cun único pase ás 20.30 h, o filme Màscares, documental sobre a preparación dun personaxe teatral —nunha ob
ra en que interpreta a Orson Welles— por parte de Josep Maria Pou, veterano e moi respectado actor de teatro, cinema e televisión. A película permite así ver o seu traballo entre bambolinas, un espazo normalmente oculto á ollada do público. Os directores do filme son Elisabet Cabeza e Esteve Riambau, que codirixiran antes tamén o documental La doble vida del faquir, en 2005. Màscares foi presentado na sección oficial do Festival de San Sebastián.

O luns 19, tamén cun pase único, pero ás 23.00 h, será La vida loca, documental acerca das chamadas ‘maras’, bandas de rapaces que causan o terror en países como O Salvador. Abandonados polo contorno social, os adolescentes encontran nesas bandas un lugar no mundo, un sentimento de seguridade, unha comunidade que os ampara. Durante un ano enteiro, a cámara de La vida loca detense no cotián dunha célula dunha desas xigantescas maras. Christian Poveda, o director, foi asasinado no Salvador o 2 de setembro de 2009.

Ningún comentario: