27/03/14

programación abril 2014 (I)

Morrerse, non deixa de ser un cruel proceso da vida. Ese proceso inevitable, transita pola maduración con descubrimentos sexuais, namoramentos, frustracións… e un longo engadido de perdas, tan longas e duras, como a distancia que percorremos ata chegar ao noso destino.


cartaz programación abril 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

A vida, testemuña cíclica dos nosos estímulos, volta alborotada este ano con varias propostas cinematográficas, que como podedes ollar, alteraranvos o suficiente para combater os tópicos, abrir prexuízos, e descubrir as perdas da vida, ás escuras e… en silencio. Non permitades perder as oportunidades desta primavera



Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 *
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada xeral: 4 
Sábado 29/03/2014: sesión especial de curtas «Grito curto» as 17 h. — Entrada de balde.

* agás o mércores 2 de abril, que será as 18 e 21:30 h.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.

Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Proxeccións en VO e VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.

Este é o noso programa de oportunidades primaverais:



sábado 29 de marzo do 2014

Sesión especial de curtas

Grito Rock
Enmarcado dentro do , festival colaborativo e integrado que pretende acadar no 2014, 400 cidades en 40 países e que por 1ª vez celébrase en , organizado por músicos e varios colectivos da cidade.
Proxéctase de balde e nunha única sesión, ás 17 horas, 3 curtas cunha duración total de 65 minutos.




> Ver o detalle das curtas

luns 31 de marzo do 2014


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 44'8 MB] VOSE

Título: «The Act of Killing» · (O acto de matar)
Ano:
País:
Director: e
Guión: Joshua Oppenheimer e Christine Cynn
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , , ,
Duración: 115 min.
Productora: Final Cut for Real | Arts and Humanities Research Council | Danmarks Radio
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital
Idiomas: indonesio e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Tras o golpe de estado militar de 1965, o xeneral Suharto ocupou o poder en Indonesia. A continuación chegou o xenocidio: miles de comunistas, reais ou presuntos, foron asasinados polos escuadróns da morte. Unhas décadas despois, o pasado pervive e un relato perpetúase.

Premios e mencións:
2013 · Premios Oscar: Nominado ao Mellor longametraxe documental :: Premios do Cine Europeo: Mellor documental :: Premios BAFTA: Mellor documental. 2 nominaciones :: Premios Gotham: Mellor documental

Crítica:
Aclamadísimo documental que obtivo unha entusiasta acollida entre a crítica e público. O director Werner Herzog declarou ao respecto: «Non vin un filme tan potente, surreal e aterrador na última década». Pola súa banda o director de documentais Errol Morris, gañador dun Oscar®, dixo dela: «…como todos os grandes documentais, "The Act of Killing" esixe outro xeito de ver a realidade. (…) Un filme asombroso e impresionante.».
Reseña en filmaffinity.com



mércores 2 de abril do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 21'8 MB] VOSE

Título: «La vie d'Adèle» - Chapitre 1 & 2 · La vida de Adele
(A vida de Adele)

Ano:
País:
Director:
Guión: Abdellatif Kechiche e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 180 min.
Productora: Wild Bunch | Quat'sous Films | France 2 Cinema | Scope Pictures | Vértigo Films | RTBF | Canal+ | CNC
Distribuidora:
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: francés e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Adèle (Adèle Exarchopoulos) ten quince anos e sabe que o normal é saír con rapaces, pero ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece e namórase inesperadamente de Emma (Léa Seydoux), unha moza co pelo azul. A atracción que esperta nela unha muller que amósalle o camiño do desexo e a madureza, fará que Adèle teña que sufrir os xuízos e prexuízos de familiares e amigos. Adaptación da novela gráfica «Blue», de Julie Maroh.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes: Palma de Ouro (mellor película) e Premio FIPRESCI :: Premios César: mellor actriz revelación (Adèle Exarchopoulos)

Crítica:
"Cegadora (…) Poucas veces antes no cine recente filmouse de forma tan frontal, tenra e precisa o sexo, o sexo lésbico. (…) Sobre a pantalla, simplemente unha miragre (…) crúa, brilante e arriscada"

Luis Martínez (El Mundo)


luns 7 de abril do 2014

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 29'2 MB] VO

Título: «La nuit d'en face» · La noche de enfrente
(A noite de enfronte)

Ano:
País:
Director:
Guión: e
Música:
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 112 min.
Productora: Consejo Nacional de la Cultura y las Artes (Chile)
Distribuidora: CGAI
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor
Idiomas: castelán e francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un vello xubilado que espera a súa inminente morte, a medias temida, a medias provocada, paséase por unha cidade medio real e medio soñada, evocando escenas da súa infancia, ás veces reais, ás veces inventadas, que se moven entre o soño e o pesadelo.

Premios e mencións:
2006 · Premios Goya: Nominada ao mellor longametraxe documental :: 49 edición da Seminci: 2º premio na sección «Tiempo de Historia»

Crítica:
"A última película de Ruiz é unha das máis grandes do cine, un dos adeuses á vida con máis encanto…"
Richard Brody (The New Yorker)


mércores 09 de abril do 2014

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [. mp4 • 36'7 MB]

Título: «L'inconnu du lac» · El desconocido del lago
(O descoñecido do lago)

Ano:
País:
Director:
Guión: Alain Guiraudie
Fotografía:
Reparto: , , , ,
Duración: 97 min.
Productora: Les Films du Worso
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Verán. Un lago de augas azul turquesa arredor do cal congréganse un grupo de bañistas. Homes que encontran o seu solaz xuntos na súa beira ou no bosque contiguo. Franck pasa o tempo entre a amizade (ou amor platónico) co bochudo Henri e as aventuras amorosas con Michel, adonis escuro e perigoso.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes: mellor director (sección «Un Certain Regard») :: Festival de Sevilla: mellor película e mellor fotografía :: Premios César: mellor actor revelación (Pierre Deladonchamps)
Crítica:
"A pura franqueza de Guiraudie sobre o sexo é refrescante cando tantas películas que supostamente son para adultos confórmanse só con insinuar dun xeito cohibido e con timidez… "
Peter Bradshaw (The Guardian)



Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
  1. Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff…unha barbaridade…,hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras gratis á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
  2. Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre as películas programadas ou as que hai en depósito na biblioteca)
  3. Tes ao seguir estas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.

Voltamos con máis propostas, despois da semana santa, gozade e ser felices!



Folla de programación: 2014-04  [.jpg • 7'3 MB]

Horarios CUT+1


Ningún comentario: