10/03/14
«Caníbal»
01/03/14
Programación marzo 2014
Nos lonxanos inicios de 1940, Hearst, un ricachón cheo de ira, daba orde de censura no seu imperio xornalístico, a un filme, que no seu nome non tiña relación, «Cidadán Kane», a pesares de todo, asociouse eternamente á súa figura e traspasou todos os intentos de silencio sobre o mesmo.
Os intentos de censura no cinema, é habitual nos medios actuais, posto que prefiren "informarnos" dos peiteados da estrela futbolística de moda, antes do que acontece no tecido cultural da propia cidade. Mesmo, como vostede pode comprobar agora mesmo en calquera xornal, radio ou televisión, é máis probable saber da Lady Gaga na sección cultural, que a programación que de seguido adiantamos.
Talvez, deberíamos acudir ao efecto Streissand, ou simplemente con esta excusa, despois da ridícula prohibición a disfrazarse de Garda civil, homenaxear cunha escea de Berlanga, o paradigma da situación actual, en versión orixinal e sen subtítulos esperpénticos de ministro, cun cartaz, deseño de Iñaki Nóvoa, sobre unha escea de «O Verdugo» filme extraordinario, nunha España gris e mediocre, que retrataba ao españolito de a pé, desafortunado e sen blanca, empuxado por unha fatalidade, do mesmo que agora, vémonos empuxados na mesma fortuna e fatalidade… pero con extraordinarios filmes no panorama cinematográfico español máis recente.
Despois dos disfraces do entroido, comezamos.
ciclo «VO.es»
Proxéctase durante o mes de marzo do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 2 €.
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h e cota xeral* de socios de 4 € …
*Se asistes o luns de filmoteca nesa semana, os socios e socias teñen reducción dun euro na cota de entrada o mércores. (horarios CUT+1)

