Como sempre por estas datas, volta cinema na praza, máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde na praza de San Marcial de Ourense, agás o clásico por barrios, que será na asociación Andén primeiro da Ponte (Av. Marín núm. 23)
«Cinema na Praza: agosto 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Clásico por barrios; A ponte
«After hours» Bo, que noite!
Ao finalizar a súa xornada laboral, un solitario empregado dunha compañía de informática (Griffin Dunne) vese enleado nunha serie de estrañas circunstancias que lle levan a un dos peores barrios de Nova York. Alí, vivirá unha interminable e aloucada noite...
Premios
1986: Festival de Cannes: Mellor dirección
"
Comedia sofisticada e tola, chea de forza (...) Gran traballo do inesquecible Griffin Dunne"
(Fernando Morales, El País)
De balde
«Barbara»
ATENCIÓN: Diante da probabilidade de chuvia, a proxección muda o seu emprazamento na praza san Marcial para o salón de actos da Biblioteca pública #CasaDaCultura de Ourense (Rúa Concello núm.11)
Brigitte, unha actriz internacionalmente recoñecida, chega a París para interpretar á icónica cantante francesa Barbara nunha película. Segundo pasan os días, a realidade e a ficción confúndense para o equipo e para a propia actriz.
Gañadora de dous Premios César: Mellor Actriz (Jeanne Balibar) e Mellor Son. Mellor Dirección (Mathieu Amalric) no Festival de Sevilla. Unha homenaxe orixinal a unha das voces máis atractivas da "Chanson", a enigmática e fascinante cantante Barbara. Filme de apertura na sección "Un Certain Regard" do Festival de Cannes, onde obtivo o premio á mellor poesía narrativa. Gañadora dos prestixiosos premios Jean Vigo e Louis Delluc. Unha película fermosa e fascinante.
Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2
Participa co
cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.
Todas as proxeccións son en VOSE. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos.
Pregamos pontualidade.
Por último, temos previsto retomar a programación regular no salón de actos da Biblioteca pública, #CasaDaCultura en outubro
2 comentarios:
El lugar de este lunes día 12 pone cest. Qué significa ese lugar porfavor.
No navegador web, nunha computadora, se pasas o rato sobre calquera acrónimo verás o seu significado, neste caso é «Central European Summer Time = Tempo Central Europeo de Verán (CUT/UTC+2)»
Publicar un comentario