Amosando publicacións coa etiqueta The Grandmaster. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta The Grandmaster. Amosar todas as publicacións

31/12/14

programación xaneiro—febreiro 2015

A inconstancia nos propósitos, a deserción nos compromisos, o afundimento dos ideais, o culto ás ambicións, a cobiza sen control da autonomía, a obsesión polas cousas mundanas carente de utopías ou de soños, ben pode compor unha radiografía moi actual e que vos trasladamos en 24 imaxes por segundo, con diferentes filmes e estilos para este ano que comeza; agardamos que éstas propostas non vos conduzan á insatisfacción, á ansiedade, á soidade ou ao baleiro.
Oxalá che sirvan para reflexionar neste tempo cruel e descarnado, pois quizais xa nada será igual.


programación xaneiro-febreiro 2015
Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Podes ollar o avance visual [.mp4 • 11'9 MB] deste ciclo «Radiografías»
(ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube»


Sesións de Filmoteca · xaneiro—febreiro 2015

Proxéctase os luns dos meses de xaneirofebreiro de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 , non socios/as de 2'5  (+ IVE)…