31/12/14

programación xaneiro—febreiro 2015

A inconstancia nos propósitos, a deserción nos compromisos, o afundimento dos ideais, o culto ás ambicións, a cobiza sen control da autonomía, a obsesión polas cousas mundanas carente de utopías ou de soños, ben pode compor unha radiografía moi actual e que vos trasladamos en 24 imaxes por segundo, con diferentes filmes e estilos para este ano que comeza; agardamos que éstas propostas non vos conduzan á insatisfacción, á ansiedade, á soidade ou ao baleiro.
Oxalá che sirvan para reflexionar neste tempo cruel e descarnado, pois quizais xa nada será igual.


programación xaneiro-febreiro 2015
Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Podes ollar o avance visual [.mp4 • 11'9 MB] deste ciclo «Radiografías»
(ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube»



Mércores 7 de xaneiro do 2015

Sesión especial




cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7'9 MbVOS

Título: «Sen to Chihiro no kamikakushi» · El viaje de Chihiro
(A Viaxe de Chihiro)

Ano:
País:
Director:
Guionista: Hayao Miyazaki
Música:
Fotografía:
Xénero: Animación
Duración: 124 min.
Produtora: Studio Ghibli | Tokuma Shoten | Dentsu | Walt Disney Pictures
Distribuidora: Vértigo Films
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1
Idiomas: inglés e castelán · VD e VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en cochos, Chihiro síntese moi soa e asustada.

Premios e mencións:
2003 · BAFTA: nominada ao mellor filme de fala non inglesa
2002 · Oscar: mellor longametraxe de animación :: Festival de Berlin: Oso de Ouro (ex aequo con «Bloody Sunday») :: Cesar®: mellor filme estranxeiro :: NBR: mellor longametraxe animado :: Asociación de Críticos de Los Angeles: mellor longametraxe de animación

Crítica:
"Brilante, tenra e terrible, Chihiro é un monumento á animación dos nosos días, unha desos filmes que cheiran a algo que só obteñen un puñado de títulos senlleiros: a clásico indiscutible, a lección perenne…"
Mirito Torreiro (El País)




Luns 12 de xaneiro do 2015



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7 MbVOS

Título: «Ciutat Morta» · Ciudad Muerta
(Cidade Morta)

Ano:
País:
Director: e
Guionista: Xavier Artigas e Xapo Ortega
Música:
Fotografía: Xavier Artigas e Xapo Ortega
Xénero: Documental
Duración: 120 min.
Produtora: Metromuster
Distribuidora: 3BoxMedia
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1
Idiomas: castelán e catalán · VOS (versión orixinal subtitulada)

Sipnose:
Xuño do 2013, un grupo de 800 persoas entran nun cinema abandonado do centro de Barcelona para proxectar un documental. Unha vez dentro, mudan o nome do edificio: o antigo Palacio do Cinema chámase a partires de agora Cinema Patricia Heras. Quen foi Patricia? Por que decidiu quitarse a vida? E o máis importante Que ten que ver Barcelona coa súa morte? Unha acción de desobediencia, con forte contido simbólico e un gran impacto mediático, que busca -por medio da historia de Patricia- dar a coñecer a outra cara de Barcelona, a Cidade Morta.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Málaga: mellor documental.

Crítica:
Ciutat Morta» é unha bomba que xa empezou a estalar o corazón dunha Barcelona que si quere vivir debe mirar a realidade á cara…"
Albano Dante Fachin Pozzi (cafeambllet.com)



Mércores 14 de xaneiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 17'6 MbVOS

Título: «Magical Girl»

Ano:
País:
Director:
Guión: Carlos Vermut
Música: e
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 127 min.
Produtora: Aquí y Allí Films | Canal+ España
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital DTS-SDDS
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Luis (), un mestre de literatura en paro, trata de facer realidade o último desexo da súa filla Alicia (), unha nena de 12 anos, que padece un cancro terminal: ter o vestido oficial da serie xaponesa de debuxos animados «Magical Girl Yukiko». O elevado prezo do vestido levará a Luis a pór en marcha unha insólita e escura cadea de chantaxes. Nestas circunstancias, coñece a Bárbara (), unha fermosa xove que sofre trastornos mentais, e a Damián (), un mestre retirado cun tormentoso pasado. Os tres quedarán atrapados nunha escura rede, na que instinto e razón entran en conflito.

Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: Concha de ouro (mellor filme) e mellor director.

Crítica:
"Unha fábula moral escuramente intrigante, dunha hábil composición e elegantemente austera…"
Jonathan Holland (The Hollywood Reporter)



Luns 19 xaneiro 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 17'1 MbVOS

Título: «Der Banker: Master of the Universe» · Confesiones de un Banquero
(Confesións dun Banqueiro)

Ano:
País:
Director:
Guión: Marc Bauder
Música:
Fotografía:
Reparto: , Angela Merkel
Duración: 88 min.
Produtora: Bauderfilm | NGF Geyrhalterfilm
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos
Idiomas: alemán e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimentos. Un poderoso banqueiro alemán nos amosa unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, namentras nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión despiadada. Descubrimos un sistema que ailla aos banqueiros do resto do mundo e convérteos en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo.

Premios e mencións:
2014 · Premios do cinema Europeo: mellor documental.

Crítica:
"Así, o ton de «Confesións dun Banqueiro», máis íntimo que divulgativo, achegase moito máis ao que xa acadaba a interesante «» (J.C. Chandor, 2011) á hora de perfilar o carácter de veteranos e recén chegados á profesión. …"
Arantxa Acosta (cinedivergente.com)



Mércores 21 de xaneiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 4'5 MbVOS

Título: «Deux jours, une nuit» · Dos días, una noche
(Dous Días, Unha Noite)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Jean-Pierre Dardenne e Luc Dardenne
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 95 min.
Produtora: Les Films du Fleuve | Archipel 35 | Eyeworks Film & TV Drama NV | France 2 Cinéma
Distribuidora: Wanda Visión
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: fancés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Sandra dispón só dun fin de semana para ir ver aos seus colegas e convencelos de que renuncien á súa paga extraordinaria para que ela poida conservar o seu traballo. O seu marido acompáñaa para apoiala.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®, Seminci de Valladolid: sección oficial longametraxe a concurso :: NBR: mellores filmes estranxeiros do ano :: Círculo de Críticos de New York, Premios do Cinema Europeo: mellor actriz () :: Satellite Awards, Critics Choice Awards, Críticos de Chicago: 2 nominacións mellor filme estranxeiro e mellor actriz (Cotillard).

Crítica:
"Un suspenso social digno do seu modelo lumetiano, tan honesto como contundente, tan lúcido como delicado, que nunca perde o seu nervio narrativo…"
Philipp Engel (Fotogramas)




Luns 26 de xaneiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 15'6 MbVOS

Título: «Saibi» · The Fake

Ano:
País:
Director:
Guión: Yeon Sang-ho
Música: e
Xénero: Animación
Duración: 101 min.
Produtora: Studio Dadashow
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: coreano · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Nun pequeno pobo de Corea do Sur que está a piques de ser alagado pola construción dunha presa, os habitantes caeron baixo o feitizo dun carismático pastor evanxelista, quen lles prometeu un novo fogar e un lugar no ceo a cambio dos seus aforros. No medio de toda esta corrupción irrompe Min-chul, o violento e agresivo borracho do pobo que acaba de saír do cárcere, e o único que non parece caer nas mentiras e enganos do pastor como o resto de veciños. Unha falsidade en que todo o pobo parece acomodarse, e algo que Min-chul non está disposto a permitir.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Annecy: sección oficial longametraxes a concurso.
2013 · Festival de Gijón: mellor filme de animación (ex aequo) :: Festival de Sitges: mellor filme de animación.

Crítica:
"Unha acusación feroz e pouco sutil sobre a relixión organizada (…) Deseñada de maneira agresivamente desagradable, o filme mantén, no entanto, unha certa imprevisibilidade.…"
Justin Chang, (Variety)




Mércores 28 de xaneiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 19'6 MbVOS

Título: «Pozitia copilului» · Madre e hijo
(Nai e Fillo)

Ano:
País:
Director:
Guión: e Calin Peter Netzer
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 112 min.
Produtora: Parada Film | Hai-Hui Entertainment
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 2.35:1 · Estéreo
Idioma: Romanés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)

Sipnose:
Unha noite, un home de trinta e dous anos, que conduce o seu coche a unha velocidade moi superior á establecida, atropela a un neno que morre pouco despois. Ao temerario condutor agárdalle unha pena de prisión de entre tres e quince anos, pero a súa nai, unha arquitecta da clase alta de Romanía, tentará evitalo por todos os medios.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Berlin: Oso de ouro (mellor filme) :: Premios do Cinema Europeo: nominación á mellor actriz ()

Crítica:
"É unha melodrama claustrofóbico (…) Hai moitas escenas que dan medida da mestría en xogo (…) Pero o gran final conquista o sobresaliente.…"
Jordi Costa, (El País)




Luns 2 de febreiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 18'8 MbVOS

Título: «Tian zhu ding»A Touch of Sin
(Un Toque de Violencia)

Ano:
País:
Director:
Guión: Jia Zhang Ke
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 130 min.
Produtora: Xstream Pictures
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: mandarín, cantonés, dialectos de Shanxi e de Sichuan, inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Dahai, un mineiro exasperado pola corrupción dos dirixentes do seu pobo, decide pasar á acción. San'er, un emigrante, descobre as infinitas posibilidades que lle ofrece a súa arma. Xiaoyu, recepcionista nunha sauna, non soporta máis o acoso dun cliente rico. Xiaohui pasa dun traballo a outro en condicións cada vez máis degradantes. Catro personaxes, catro provincias, unha reflexión sobre a China contemporánea: unha sociedade cun desenvolvemento económico colosal que convive cunha enorme violencia.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes®: mellor guión () :: Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.

Crítica:
"«Un toque de violencia» é densa, poderosa e terrible.…"
Carlos Boyero, (El País)




Mércores 4 de febreiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 29 MbVOS

Título: «Mommy»

Ano:
País:
Director:
Guión: Xavier Dolan
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 139 min.
Produtora: Metafilms | SODEC | Super Écran | Téléfilm Canada
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.25:1 · Estéreo
Idioma: inglés e francés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)

Sipnose:
Unha viúva debe facerse cargo do seu problemático fillo de 15 anos que sofre un trastorno por déficit de atención con hiperactividade. Nai e fillo esfórzanse para encaixar e levar a súa obrigada convivencia o mellor posible. A chegada de Kyla, unha nova veciña, marcaralles. Xuntos atoparán un novo equilibrio e recobrarán a esperanza.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: premio do xurado :: Independent Spirit Awards, Críticos de Chicago: nominada ao mellor filme estranxeiro :: Satellite Awards: 2 nominacións incluindo mellor filme de fala non inglesa.

Crítica:
Mommy» é cinema do todo falto de mesura e disciplina, pero o seu poder é incuestionable." .…"
Manuel Piñón, (Cinemanía)




Luns 9 de febreiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 7'4 MbVOS

Título: «Yut doi jung si»The Grandmaster

Ano:
País:
Director:
Guión: Wong Kar-Wai, Xu Haofeng e Zou Jinzhi
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 130 min.
Produtora: Block 2 Pictures | Jet Tone Production | Sil-Metropole Organisation | Annapurna Pictures
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: mandarín · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Un relato sobre as artes marciais e a alma da civilización chinesa. Dous mestres de Kung fu, Ip Man (), o home que adestrou ao mítico Bruce Lee, e a bela Gong Er () reúnense na cidade natal de Ip Man en vésperas da invasión xaponesa de 1936. O pai de Gong Er, un gran mestre de renome, tamén viaxa a esa cidade para a cerimonia da súa xubilación, que terá lugar no lendario bordel O pavillón de ouro. Historia de traizón, honra e amor que se desenvolve na tumultuosa época que seguiu á caída da última dinastía chinesa, un tempo de caos e guerra, pero tamén unha época de ouro das artes marciais en China.

Premios e mencións:
2013 · Oscars: 2 nominacións, mellor fotografía e mellor vestiario :: NBR: Top filmes estranxeiros do ano :: Festival de Berlin: sección oficial longametraxes (fora de concurso).

Crítica:
"Unha obra inmensa, inconmensurable…"
Luis Martínez (El Mundo)
" recupera o mellor de se mesmo, que é, ao mesmo tempo, o de sempre e o nunca visto (…)"
Jordi Costa (El País)




Mércores 11 de febreiro do 2015

Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 17'1 MbVOS

Título: «Kis uykusu»Winter Sleep— · Sueño de invierno
(Soño de Inverno)

Ano:
País:
Director:
Guión: e Nuri Bilge Ceylan
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 195 min.
Produtora: Zeynofilm | Memento Films Production | Bredok Filmproduction
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 2.35:1 · Estéreo
Idioma: turco · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)

Sipnose:
Aydin, un actor xubilado, dirixe un hotelito en Anatolia central coa axuda da súa nova esposa, da que está moi distanciado, e da súa irmá, unha muller triste porque se acaba de divorciar. No inverno, a medida que a neve vai cubrindo a estepa, o hotel convértese no seu refuxio e no escenario da súa aflición.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: palma de ouro e premio FIPRESCI :: premios do cinema Europeo: 3 nominacións, incluíndo mellor filme.

Crítica:
"Con problemas, é unha película impresionante (…) «Soño de Inverno» amósanos a un tan minucioso psicoloxicamente —ao seu xeito— como o fose (…)"
Xan Brooks, (The Guardian)







Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e algunhos dos filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos

E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.




¹
Aquelas proxeccións con aviso de gratuídade para socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.

Nesta tempada, estímase en 1  para as actividades de balde; un recargo ao prezo do socio nas sesión normais de 50 céntimos para as sesións de filmoteca (2 + 0,50) e 1 euro para as sesións do ciclo (4 + 1).


Horarios CUT+1


Ningún comentario: