Amosando publicacións coa etiqueta Mommy. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mommy. Amosar todas as publicacións

31/01/15

«Mommy»

mércores 4 de febreiro, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



Cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [. mp4 • 29 MbVOS

Título: «Mommy»

Ano:
País:
Director:
Guión: Xavier Dolan
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 139 min.
Produtora: Metafilms | SODEC | Super Écran | Téléfilm Canada
Distribuidora:
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.25:1 · Estéreo
Idioma: inglés e francés · VOSE (Versión Orixinal Subtítulada ao Castelán)

Sipnose:
Unha viúva debe facerse cargo do seu problemático fillo de 15 anos que sofre un trastorno por déficit de atención con hiperactividade. Nai e fillo esfórzanse para encaixar e levar a súa obrigada convivencia o mellor posible. A chegada de Kyla, unha nova veciña, marcaralles. Xuntos atoparán un novo equilibrio e recobrarán a esperanza.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Cannes®: premio do xurado :: Independent Spirit Awards, Críticos de Chicago: nominada ao mellor filme estranxeiro :: Satellite Awards: 2 nominacións incluindo mellor filme de fala non inglesa.

Crítica:
Mommy» é cinema do todo falto de mesura e disciplina, pero o seu poder é incuestionable." .…"
Manuel Piñón, (Cinemanía)



Folla de sala: Mommy [.pdf • 147 kB]


Filme non recomendable para menores de dezaseis anos.



luns 2 de febreiro, na «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 , co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1  de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 .
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5  (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)

31/12/14

programación xaneiro—febreiro 2015

A inconstancia nos propósitos, a deserción nos compromisos, o afundimento dos ideais, o culto ás ambicións, a cobiza sen control da autonomía, a obsesión polas cousas mundanas carente de utopías ou de soños, ben pode compor unha radiografía moi actual e que vos trasladamos en 24 imaxes por segundo, con diferentes filmes e estilos para este ano que comeza; agardamos que éstas propostas non vos conduzan á insatisfacción, á ansiedade, á soidade ou ao baleiro.
Oxalá che sirvan para reflexionar neste tempo cruel e descarnado, pois quizais xa nada será igual.


programación xaneiro-febreiro 2015
Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Podes ollar o avance visual [.mp4 • 11'9 MB] deste ciclo «Radiografías»
(ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube»


ciclo «Radiografías»

Proxéctase os mércores dos meses de xaneirofebreiro de 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h, agás o 11 de febreiro que por mor da longa duración, temos só dúas sesións, ás 18 e 21:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 4 , non socios/as de 5  (+ IVE)…