Amosando publicacións coa etiqueta Dous Días Unha Noite. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dous Días Unha Noite. Amosar todas as publicacións

31/12/14

programación xaneiro—febreiro 2015

A inconstancia nos propósitos, a deserción nos compromisos, o afundimento dos ideais, o culto ás ambicións, a cobiza sen control da autonomía, a obsesión polas cousas mundanas carente de utopías ou de soños, ben pode compor unha radiografía moi actual e que vos trasladamos en 24 imaxes por segundo, con diferentes filmes e estilos para este ano que comeza; agardamos que éstas propostas non vos conduzan á insatisfacción, á ansiedade, á soidade ou ao baleiro.
Oxalá che sirvan para reflexionar neste tempo cruel e descarnado, pois quizais xa nada será igual.


programación xaneiro-febreiro 2015
Cartaz da programación de xaneiro-febreiro 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Podes ollar o avance visual [.mp4 • 11'9 MB] deste ciclo «Radiografías»
(ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube»


ciclo «Radiografías»

Proxéctase os mércores dos meses de xaneirofebreiro de 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h, agás o 11 de febreiro que por mor da longa duración, temos só dúas sesións, ás 18 e 21:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 4 , non socios/as de 5  (+ IVE)…