Proxectaremos na Biblioteca Pública nos meses de novembro e decembro do 2015, as seguintes fitas…
12
Nov.
2015
Xov.
«B, la película» · B, o filme

Dirixida por David Ilundain · (2015)
O 15 de Xullo de 2013, o extesoureiro do Partido Popular, Luís Bárcenas, é trasladado desde a prisión para declarar na Audiencia Nacional. Até este día, negara toda relación cos chamados «papeis de Bárcenas», pero despois de 18 días en prisión decidiu cambiar a súa declaración. Este filme retrata o que pasou nesa sala aquel día.
Comparte o evento ❯❯
28
Nov.
2015
Sáb.
«Teorema»

Dirixida por Pier Paolo Pasolini · (1968)
A unha familia de clase alta italiana, composta por un matrimonio, un fillo e unha filla, chega un misterioso mozo que irá alterando o comportamento de todos eles. Polémico filme (foi declarado inmoral pola Igrexa) do sempre controvertido Pier Paolo Pasolini.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
19 h. (CET)
socios/as 2 € .De balde participantes do obradoiro de «La Plantación»
3
Dec.
2015
Xov.
«Frankenstein 04155»

Dirixida por Aitor Rei · (2015)
Galicia, España. O 24 de xullo de 2013, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela e deixaba 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha soa causa… Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?
Comparte o evento ❯❯
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».