Voltamos, de novo, a presentar un cinema especial para os máis cativos (e tamén para toda a familia).
O cineclube Padre Feijoo, a Biblioteca Pública de Ourense e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) organizan un miniciclo de cinema, con 2 perlas da mellor animación tradicional feita en Brasil e Irlanda.
Os dous traballos proxéctanse en dúas sesións ás 17 e 20:30 h no salón de actos da Biblioteca Pública, o mércores 22 e xoves 23 de xuño; o primeiro filme prográmase pensando nas persoas con algunha discapacidade auditiva (pois non ten diálogos) e no segundo filme, a primeira sesión bótase en versión dobrada (VD) e con subtítulos na segunda sesión (VOSE).
A cota de acceso é simbólico, de 1 € (crianzas) e 2 € (adultos) e vos pregamos encarecidamente que sexades puntuais como norma de respecto aos demáis.
Os filmes van dirixidos especialmente para os cativos/as a partires de 7—8 anos. De seguido reflictimos os traballos propostos:
«O Menino e o Mundo» · O Neno e o Mundo

Comparte o evento ❯❯
«Song of the Sea» · A Canción do Mar

Comparte o evento ❯❯
Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.
¹ páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».