«Mosaico»
Extra · II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016
A piques de rematar a primeira parte do ano, o facemos cun conxunto de teselas fílmicas no que ademáis inserimos a programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e sesións especiais, un mosaico de diversidade que agardamos emocione o espíritu cautivo das musas. 
Talvez sexamos esixentes demais, Talvez… como expoñía Prince soñamos si podemos, cun xardín, un océano de floridas violetas… neste mundo máis desabrigado, agora si, é cando choran as pombas; como non podía ser menos, a nosa banda sonora corresponde ao avance visual [.mp4 • 18'1 MB] deste mosaico, rinde tributo ao xenio de Minnesota. 
 «Mosaico» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
«Mosaico» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco. 
  
Sesión curtametraxes: Xacio Baño 
 
 Proxección, coa presenza do director, das curtas «Estereoscopía», «Anacos», «Eco» e «Ser e Voltar». 
Comparte o evento ❯❯   De balde, até completar o aforamento (110 butacas).   
  
Proxección Solidaria  
 
«Ma'a al-Fidda» · Silvered Water, Syria Self-Portrait   
 
   En Siria, os rapaces filman e morren todos os días. Namentras que outros matan e filman, en París, o director sirio 
Ossama Mohammed só pode filmar ao ceo e editar as imaxes de «
You Tube». Da tensión que provoca a distancia do seu país e do encontro cunha nova cineasta kurda, 
Wiam Bedirxan, coa que parola, xurde a pregunta «Se estiveses en 
Homs ca túa cámara, que filmarías?». O filme conta a historia dese encontro. 
  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)      6 
€ • A recadación obtida destínase a 
MSF e 
ACNUR [
+ info]    
    
«An» · Unha Pastelaría en Toquio  
 
 Sentaro ten unha pequena pastelaría en Toquio na que serve «dorayakis» (pastelitos recheos dun prebe chamado «An»). Cando unha simpática anciá ofrécese a axudarlle, el accede de mala gana, pero ela demóstralle que ten un don especial para facer «An». Grazas á súa receita segreda, o pequeno negocio comeza a prosperar. Co paso do tempo, Sentaro e a anciá abrirán os seus corazóns para confiarse as súas vellas feridas. 
Comparte o evento ❯❯  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
Extra: organizado polo produtor do filme  
 
«Amarrar as Palabras»    
 
   Documental sobre os procesos de confluencia política e electoral que tiveron lugar en Galicia na segunda metade de 2015, e que involucraron a maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal; reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron. 
Comparte o evento ❯❯    De balde, até completar o aforamento (110 butacas).    
       
«Hrútar» (Rams) · O Val dos Carneiros  
 
 Nun remoto val de Islandia, dous irmáns que non se falan desde fai máis de corenta anos deberán unir forzas para salvar a súa ben máis prezado: o seu rabaño de carneiros. 
Comparte o evento ❯❯  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
Extra: organizado polo «Foro Feminista Falando Nós»  
 
«Chicas nuevas 24 horas» · Rapazas Novas 24 horas    
 
   Unha investigación a través de 5 países, onde este «falso documental» coloca o punto de vista na mirada perversa do gran negocio que significa a escravitude sexual. Un negocio que move 32 mil millóns de dólares ao ano, no que todo son ganancias (pois o corpo dunha muller —se é nova e cóidase—, pode chegar a venderse en múltiples ocasións durante o mesmo día, mesmo contra a súa vontade).
Queres aprender este negocio? Queres formar parte del? Ou unicamente queres mirar? 
Contaremos coa presenza da directora (agás imprevistos), para presentar o filme.
Comparte o evento ❯❯    De balde, até completar o aforamento (110 butacas).    
       
Extra: Ociourense  
 
«Rent»     
 
   Baseado nun exitoso musical de 
Broadway, «
Rent» é unha ópera 
rock galardoada con 4 premios 
Tony e cuxo libreto recibiu o premio 
Pulitzer en 
1996. Narra a historia dun grupo de mozos bohemios que tratan de abrirse camiño na vida no día a día do barrio de «
East Village», en 
New York. Estes amigos esfórzanse por alcanzar o éxito e a aceptación, mentres soportan os obstáculos da pobreza, a enfermidade e a epidemia da 
SIDA. 
  17 h. (CEST) no Espazo Lusquiños   
  De balde       
       
«Killer of Sheep»  
 
 Stan é un home común, un traballador de cor dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. O filme foi gravado durante varios fins de semana ao longo de varios anos. 
Comparte o evento ❯❯ 
Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos  
 
«Starbuck»    
 
   Aínda que David Wozniak doou moito seme na súa mocidade, nunca puido imaxinar que chegaría a ter 533 fillos. Vinte anos despois, 142 deles queren coñecerlle, e emprenden unha acción legal conxunta para pescudar a identidade do seu pai biolóxico, de quen só se sabe o seu nome en clave cando era doante de esperma: «Starbuck» 
Comparte o evento ❯❯      
 18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
Sesión especial: socios/as e obradoiro de «La Plantación»  
 
«Che Strano Chiamarsi Federico!» · Que estraño chamarse Federico!    
 
   Documental que rende homenaxe ao director italiano 
Federico Fellini para conmemorar o vixésimo aniversario da súa morte. Combina imaxes de arquivo e escenas rodadas en 
Cinecittà. 
Ettore Scola evoca o seu encontro con el na revista satírica «
Marc’Aurelio» nos anos cincuenta, lembra os amigos comúns (entre eles 
Marcello Mastroianni) e, sobre todo, o pracer compartido de facer cinema.
A proxección, na que colabora a Universidade de Vigo, está tamén incluída nun obradoiro sobre Fellini organizado por «
La Plantación». 
Os/As socios/as participantes no obradoiro «Fellini, o oficio do soño» impartido por 
Simone Saibene teñen un desconto do 10
%. Asemade os participantes do mesmo, teñen acceso de balde á proxección.
  Socios/as de balde, 2 
€ Non asociados/as      
    
«My Brother's Wedding»   
 
 Comedia tráxica que ocorre en Los Angeles na que un mozo é incapaz de tomar unha decisión sobria, axeitada e moral diante dun momento crucial da súa vida. Finaliza a sesión coa curta «When It Rains» do mesmo director;  que conta a historia dun home na procura de cartos para darllos a unha muller, aderezado con música de Jazz
Comparte o evento ❯❯ 
«While We're Young» · Mentres Sexamos Novos  
 
 Josh Srebnick é un veterano director de documentais que está a pasar por un mal momento profesional mentres prepara o seu próximo filme. Todo empeza a despexarse cando el e a súa muller comezan a saír cunha moza parella. Grazas a iso, Josh comeza a recuperar a súa mocidade perdida. 
Comparte o evento ❯❯  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
«O Futebol»   
 
 «
O Futebol» leva a cabo un complicado equilibrio entre a realidade e a ficción a partires do verdadeiro encontro entre o director e o seu pai. O guión de 
Sergio Oksman e 
Carlos Muguiro está escrito como pura ficción: a viaxe (moitas escenas ródanse desde un coche) interior e futbolístico dun pai e un fillo, pautado polo calendario dos partidos. Pero, do mesmo xeito que o fútbol, a realidade é imprevisible. 
«La loi du Marché» · A Lei do Mercado 
 
 Despois de 20 meses no paro, Thierry, un home de 51 anos, atopa un novo traballo, pero pronto terá que enfrontarse a un dilema moral: pode aceptar calquera cousa con tal de conservar o seu traballo? 
Comparte o evento ❯❯  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
«Sayat Nova» · A Cor da Granada  
 
 Biografía do trobador e poeta armenio do século 
XVIII Sayat Nova. En lugar de facer unha narración lineal, o director encárgase de realizar unha serie de cadros viventes que representan episodios importantes da vida do poeta en clave simbólica: a súa infancia, a súa mocidade, a súa entrada a un mosteiro, ou o seu enfrontamento co anxo da morte. Estes capítulos están desenvolvidos a partir de fragmentos das súas obras, os cales aparecen en intertítulos ou se escoitan mediante unha voz en 
off. 
Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos  
 
«La Intérprete» · A Intérprete   
 
   Documental que aborda o proceso de doazón de órganos en España, líder mundial en transplantes, a través das figuras de Silvia, enfermeira que fala cinco idiomas e encárgase de tratar coas familias sobre a posibilidade dunha doazón, e de Agustín, que espera desde fai dez meses un corazón para seguir vivindo. 
Comparte o evento ❯❯      
«Retour à Ithaque» · Regreso a Ítaca  
 
 Nnha terraza sobre La Habana, ca vista panorámica da posta de sol, cinco amigos reúnense para celebrar o regreso de Amadeo despois de dezaseis anos de exilio. Desde o crepúsculo até o amencer, lembran os seus tempos de mocidade, o grupo que formaban, a fe que tiñan no futuro, e tamén o seu desencanto. 
Comparte o evento ❯❯  18 · 20:30 e 23 h. (CEST)   
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios (e avaliacións).
Vemonós! na Biblioteca Pública (ou no espazo Lusquiños, os sábados). 
¹  páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)  
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».