11/04/19

Primavera musical 2019


A música soa no mes de abril con cinco filmes en varios escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).

Aparte do habitual, luns e mércores na Casa de Cultura; salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo, Café Pop Torgal e Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes … poderes consultar o avance en vídeo e a programación extra (O documental do mes) o 25 de abril.



«Primavera musical» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Atentos aos días e distintos lugares!



  22 Abr. 2019
Lun.

«Mar de terra»

Dirección de · (España, 2018) 60 min. [VO]
Visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Percorre os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viana do Bolo e mistúrase coa música do acordeón de Kepa Junkera.

SESIÓNS:
COTA:
  20:30  h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  De balde



  23 Abr. 2019
Mar

«Matangi / Maya / M.I.A»

Dirección de · (EUA, 2018) 97 min. VOSE
Retrato íntimo da artista e activista de Sri Lanka coñecida como M.I.A.

Premios
2018: Sundance; World Cinema Documentary
2018: IndieLisboa IFF ; Premio Indiemusic Schweppes
2018: Berlinale; sección panorama
2018: In-Edit

"Ela é o espírito que controla este entretido documental: sempre sendo o centro de atención, actuando e establecendo o ton cun magnetismo total".
(Charlie Phillips, The Guardian)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
 De balde



  24 Abr. 2019
Mer.

«Leto»

Dirección de · (Rusia, 2018) 120 min. VOSE
Leningrado, un verán a principios dos 80: a escena do rock da cidade está en pleno apoxeo. Viktor Tsoï, un mozo músico que creceu escoitando a Led Zeppelin, T- Rex e David Bowie, está a tratar de facerse un nome. O encontro co seu ídolo Mike e a súa esposa, a bela Natacha, cambiará o seu destino. Xuntos construirán unha lenda cara á eternidade.

Premios
2018: Festival de Cannes; Sección Oficial
2018: San Sebastián; Sección Perlak
2018: Festival de Sevilla; Selección EFA
2018: Cine Europeo; Premio Mellor Diseño de Producción

"É unha moi fermosa reconstrución da «movidilla» rockeira durante os estertores soviéticos (...) Chea de enxeño visual, de boísima música, dun espírito «Quadrophenia» e de liberdade encapsulada."
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)

SESIÓNS:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



  25 Abr. 2019
Xov.

«When you´re strange»

Dirección de · (EUA, 2009) 90 min. VOSE
Documental sobre The Doors. Recolle material entre 1966 e 1971 sobre a famosa banda formada en California, achegándose ao lado máis descoñecido da banda e sobre todo o seu líder carismático: Jim Morrison. Morrison, xunto con Ray Manzarek, Robby Krieger e John Densmore, lograron ser referentes de toda unha xeración, e moitos máis tarde, marcando unha era. Alcumado o "Lizard King", Jim Morrison, líder do grupo, converteuse nunha icona e mito de moitos fans despois da súa morte en París aos 27 anos.

Premios
2009: Festival de Sundance; Nominado ao Gran premio do xurado

"Documental para persoas que non teñen idea da cultura popular do século XX ou de coleccionistas acérrimos da memoria de Morrison e compañía"
(Sergi Sánchez, La Razón)


SESIÓNS:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café Pop «Torgal», Ourense
 De balde



  26 Abr. 2019
Ven

«Quiero tener una ferretería en Andalucía» Quero ter unha ferretaría en Andalucía

Dirección de · (España, 2011) 78 min. VOSE
Joe Strummer compra unha pala para desenterrar a Lorca. Joe Strummer con casetes de Manolo Escobar no coche. Joe Strummer peiteado con fairy. As historias contadas polo líder de The Clash por Granada e por Almería foron absolutamente sensacionalistas. Historia moi animada e divertida das aventuras de Strummer en Andalucía.


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST) no Café cultural«Auriense», Ourense
 De balde











As proxeccións na Casa da Cultura, son no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).

Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala da Casa da Cultura unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».