Primavera musical 2019 
A música soa no mes de abril con cinco filmes en varios escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).
 
Aparte do habitual, luns e mércores na Casa de Cultura; salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11),  hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo,  Café Pop  Torgal e  Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes … poderes consultar o avance en vídeo e a programación extra (O documental do mes) o 25 de abril.
 «Primavera musical» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
«Primavera musical» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF) 
Atentos aos días e distintos lugares!
     
«Mar de terra» 
 
Visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Percorre os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viana do Bolo e mistúrase coa música do acordeón de Kepa Junkera.
 
  20:30  h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
 
  De balde 
 
 
 
                                                                                         
«Matangi / Maya /  M.I.A»  
 
  
Retrato íntimo da artista e activista de Sri Lanka coñecida como  M.I.A.
Premios
2018: Sundance; World Cinema Documentary
2018: IndieLisboa IFF ; Premio Indiemusic Schweppes
2018: Berlinale; sección panorama
2018: In-Edit
 
"Ela é o espírito que controla este entretido documental: sempre sendo o centro de atención, actuando e establecendo o ton cun magnetismo total".
(Charlie  Phillips,  The  Guardian)
 
 
  20:30 h. (CEST) no Café Cultural «
El Pueblo», Ourense
 
 De balde     
  
   
  
  
     
«Leto» 
 
Leningrado, un verán a principios dos 80: a escena do rock da cidade está en pleno apoxeo.  Viktor  Tsoï, un mozo músico que creceu escoitando a  Led  Zeppelin,  T- Rex e David Bowie, está a tratar de facerse un nome. O encontro co seu ídolo  Mike e a súa esposa, a bela  Natacha, cambiará o seu destino. Xuntos construirán unha lenda cara á eternidade. 
Premios
2018: Festival de Cannes; Sección Oficial
2018: San Sebastián; Sección Perlak
2018: Festival de Sevilla; Selección EFA
2018: Cine Europeo; Premio Mellor Diseño de Producción
"É unha moi fermosa reconstrución da «movidilla» rockeira durante os  estertores soviéticos (...) Chea de enxeño visual, de  boísima música, dun espírito «
Quadrophenia» e de liberdade  encapsulada."
(Oti Rodríguez  Marchante, 
ABC) 
 
  18, 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
 
 
 
 
«When you´re strange» 
 
Documental sobre The Doors. Recolle material entre 1966 e 1971 sobre a famosa banda formada en California, achegándose ao lado máis descoñecido da banda e sobre todo o seu líder carismático: Jim Morrison. Morrison, xunto con Ray Manzarek, Robby Krieger e John Densmore, lograron ser referentes de toda unha xeración, e moitos máis tarde, marcando unha era. Alcumado o "Lizard King", Jim Morrison, líder do grupo, converteuse nunha icona e mito de moitos fans despois da súa morte en París aos 27 anos.
Premios
2009: Festival de Sundance; Nominado ao Gran premio do xurado
"Documental para persoas que non teñen idea da cultura popular do século XX ou de coleccionistas acérrimos da memoria de Morrison e compañía"
(Sergi Sánchez, La Razón)
 
  20:30 h. (CEST) no Café Pop «
Torgal», Ourense
 
 De balde     
  
   
  
  
                                                                                         
«Quiero tener una ferretería en Andalucía» Quero ter unha ferretaría en Andalucía 
 
  
Joe Strummer compra unha pala para desenterrar a Lorca. Joe Strummer con casetes de Manolo Escobar no coche. Joe Strummer peiteado con fairy. As historias contadas polo líder de The Clash por Granada e por Almería foron absolutamente sensacionalistas. Historia moi animada e divertida das aventuras de Strummer en Andalucía. 
 
  20:30 h. (CEST) no Café cultural«
Auriense», Ourense
 
 De balde     
  
   
  
  
As proxeccións na 
Casa da Cultura, son no salón de actos da 
Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). 
Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala da Casa da Cultura unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación). 
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
 
----------
(*)  A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE;  "
AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario