06/04/26

Programación de abril e maio de 2026

Sesións extraordinarias [+]

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

XI Ciclo Colexio de médicos


No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 16'9 MB] que preparamos como recordatorio.




«Abr-Mai 2026»· (cineclupePF)

De seguido o detalle da programación.



Sesións de ciclo de abril e maio de 2026

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en abril e maio de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Luns de filmoteca de abril e maio de 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en abril e maio de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]