Amosando publicacións coa etiqueta VOG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VOG. Amosar todas as publicacións

07/05/26

Primavera musical 2026


Sesións extraordinarias [+]

Sesión naxistral de filmoteca

Sesión vermú

Sesión de filmoteca

Sesións de ciclo


Chega a décima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que se programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, El Pueblo café cultural e Café Pop Torgal.




«Primavera musical 2026»· (cineclupePF)

Aquí, podes ver o avance en vídeo da programación musical.
De seguido o detalle da programación, non sen antes lembrar dúas citas previas, extraordinarias e gratuítas; (12 de maio) "Travelling para un arpa" no que colaboramos co Festival Pórtico do Paraíso e (19 de maio) "A terra por gañar" unha proxección conmemorativa dos 50 anos de ADEGA.



06/04/26

Programación de abril e maio de 2026

Sesións extraordinarias [+]

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

XI Ciclo Colexio de médicos


No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 16'9 MB] que preparamos como recordatorio.




«Abr-Mai 2026»· (cineclupePF)

De seguido o detalle da programación.



Luns de filmoteca de abril e maio de 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en abril e maio de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


14/04/25

Sesións de filmoteca de abril e maio 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 28 de abril e o 12 de maio de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


16/01/25

Luns de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2025

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


12/10/24

Sesións de ciclo de outubro a decembro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


06/06/24

Cine estival en Ribadavia e Seixalvo

Marxes fílmicas filisteas 2024: Mirando a Palestina

Cine ao ar libre en Seixalvo

Sesións extraordinarias [+]


De seguido o refresco que propomos para este periodo estival, con programación en catro días de xuño, e dous en agosto e setembro.

Comezamos coa décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas. Miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.




«Marxes fílmicas 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclubePF)


As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia



30/04/21

Programación de maio 2021

Filmoteca CGAI

Ciclo Wong Kar-Wai


A arte e a cultura non son un espello para reflectir a realidade, senón un martelo para darlle forma.

Na forxa do mes de maio temos principalmente 3 estilos, rubricados polas destacables figuras de Éric Rohmer e Wong Kar- Wai, xunto á novidade narrativa de Luís López Carrasco, premio Goya ao mellor documental, que pertence ao colectivo artístico Los Hijos.

O primeiro, caracterízase polo traballo con equipos domésticos, actores non profesionais, diálogos agudos e o naturalismo con que se presentan os problemas cotiáns, sobre todo afectivos, da xente moza.

O segundo, Wong Kar- Wai, é un cineasta de Hong Kong, recoñecido internacionalmente polo seu traballo altamente estilizado e emocionalmente resoante. As súas películas a miúdo presentan protagonistas que arelan o romance no medio dunha vida incompleta e digresiva. Wong Kar- Wai foi o primeiro director chinés en gañar o Premio ao Mellor Director do Festival de Cinema de Cannes.





«Maio 2021»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Mentres a realizade é cincelada entre trincheiras, con algún necio gobernando e outros consentindo a morte cultural da cidade, sairemos sempre adiante, sairemos...da escura sala cantando por enriba dos sombríos tempos que estamos a vivir. A música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste mes, fala das agradables sombras que dan as maltratadas ábores. Sempre nos quedará a primavera, o vento e a poesía...xan ven o maio, de frores cuberto.