Amosando publicacións coa etiqueta sesións especiais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sesións especiais. Amosar todas as publicacións

06/04/26

Programación de abril e maio de 2026

Sesións extraordinarias [+]

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

XI Ciclo Colexio de médicos


No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 16'9 MB] que preparamos como recordatorio.




«Abr-Mai 2026»· (cineclupePF)

De seguido o detalle da programación.



26/03/24

Programación abril 2024

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións especiais [+]

Sesións de filmoteca

IX Ciclo Colexio de médicos


Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade e o odio anda ceibe, quizais quédanos o recurso de amar como acto de rebeldía. Como ben din Os Sonoro Maxín temos que atopar o salvaxe no outeiro do monte. Propomos dez filmes cheos de actos de amor con flores salvaxes de todos os tipos. Unhas flores rescatan recordos, outras mancan coma as rosas e outras arrecenden novas sensacións. Agardamos vos preste esta primavera...ten que ser a nosa.




«Abril 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Resumimos un feixe de flores neste avance visual [.mp4 • 21'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a festividade do 1 de maio, co rogo de atención que agás o 4 de abril (na Auriense), toda se desenvolve na Casa de cultura. (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



05/10/23

Programación de outubro a decembro de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións de ciclo dos mércores

Luns de Filmoteca CGAI

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Sede benvidos/as á ultima parte de tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.

Pregamos atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de Médicos, ao Ciclo de Outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2023»· cartel realizado por Olalla Esquimal (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].