Dentro das habituais citas do outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos os venres e sábados, con acceso de balde.
29/09/26
Cine de outono en Ribadavia
06/06/24
Cine estival en Ribadavia e Seixalvo
Marxes fílmicas filisteas 2024: Mirando a Palestina
Cine ao ar libre en Seixalvo
Sesións extraordinarias [+]
De seguido o refresco que propomos para este periodo estival, con programación en catro días de xuño, e dous en agosto e setembro.
Comezamos coa décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas. Miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.
As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia
26/03/24
Programación abril 2024
Sesións de ciclo dos mércores
Sesións especiais [+]
Sesións de filmoteca
IX Ciclo Colexio de médicos
Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade e o odio anda ceibe, quizais quédanos o recurso de amar como acto de rebeldía. Como ben din Os Sonoro Maxín temos que atopar o salvaxe no outeiro do monte. Propomos dez filmes cheos de actos de amor con flores salvaxes de todos os tipos. Unhas flores rescatan recordos, outras mancan coma as rosas e outras arrecenden novas sensacións. Agardamos vos preste esta primavera...ten que ser a nosa.
Resumimos un feixe de flores neste avance visual [.mp4 • 21'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a festividade do 1 de maio, co rogo de atención que agás o 4 de abril (na Auriense), toda se desenvolve na Casa de cultura. (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Filmoteca de abril de 2024
Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante abril de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]
11/02/24
Programación febreiro marzo de 2024
Sesións maxistrais
Sesións de filmoteca
Sesións de ciclo dos mércores
IX Ciclo Colexio de médicos
Sesión especial [+ Info]
No habitual tempo de distraccións que pode producir unha campaña electoral, suxerimos abstraernos por un momento da hiperrealidade representada.
Presentamos unha ducia de filmes que conxugan tenrura, reflexión e emoción. Non temos fe na realidade, mais non somos pesimistas como Calvino. A nosa cidade invisible habita nunha sala escura. Chámase Eutropia e non é unha cidade, senón moitas. Todas as que poidas imaxinar na penumbra, tan só tes que deixarte levar, quedar e voltar.
Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 23'4 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a semana santa, co rogo de atención que toda se desenvolve na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
08/01/24
Programación de xaneiro e febreiro de 2024
Filmoteca
Sesións dos mércores
Sesións maxistrais
O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido.
Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante.
A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.
O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.
Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.
Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Sesións de ciclo de xaneiro e febreiro de 2024
Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]
02/05/23
Programación maio e xuño de 2023
VIII Ciclo Colexio de médicos
Filmoteca CGAI
Ciclo Esperanzas
Sesións Maxistrais
Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.
Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar
Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.
Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].
Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )
07/11/19
Programación novembro e decembro de 2019
Miradas etnográficas
Oriente/Occidente
O documental do mes
Filmoteca CGAI
Sesión especial: 25-N en negro
O esquema spengleriano ("A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares. Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”, Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.
A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e influecias entre si, fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de Spengler, observamos na primeira película do ciclo, a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos o amor e desamor, os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.
Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.
Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB]
que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida.
(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)
26/09/19
Programación de outubro e novembro de 2019
O documental do mes
Filmoteca CGAI
Sesións de outuno
Anuncia o outono a súa chegada coa caída das follas das árbores e a cidade vístese de amarelo coas primeiras medidas que rumban un longo outono que somerxe á vella Auria.
Rixe unha complicidade cunha elite que entroniza a mediocridade, o mercantilismo, o control social e o silencio. A cultura é un branco do ultraliberalismo económico e o autoritarismo mídese en proporcións policiais de rendabilidade determiñante. Os acenos da demolición son tantos que os casos concretos volvéronse bosque.
O arroutado descoñecemento dun grupo de políticos profesionais escurece unha cultura (así, en xeral) que resulta indesexable e prescindible por unha de escala masiva e festiva. A desprezable "culturetilla" pola eslamiada "cultorota".
A diversidade da nosa sociedade semella que estivese non representada nin consultada, senón a cargo das súas decisións vitais. Así, neste panorama chegan estas sesións de cine...
...que coinciden coa mudanza da Biblioteca pública e a conseguinte incerteza de futuro sobre a xestión da casa da cultura. Agardamos pase pronto esta apesarada púrpura visión e chegue novamente unha luminosa primavera que tamén lidaremos por cantaruxar.
De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Prince "Purple rain", versionada por Amanda Palmer e Jherek Bischoff.
(Atentos/as, aos horarios do 16 e 28 de outubro)
Sesións de filmoteca de outubro de 2019
Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de outubro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os seguintes filmes…
(Atentos/-as ao horario do 28 de outubro)
20/09/18
Sesións de filmoteca de outubro 2018
Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de outubro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
(Atentos, ao horario único do 15 de outubro)







