Amosando publicacións coa etiqueta Cine de verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine de verán. Amosar todas as publicacións

06/06/24

Cine estival en Ribadavia e Seixalvo

Marxes fílmicas filisteas 2024: Mirando a Palestina

Cine ao ar libre en Seixalvo

Sesións extraordinarias [+]


De seguido o refresco que propomos para este periodo estival, con programación en catro días de xuño, e dous en agosto e setembro.

Comezamos coa décimo terceira edición das Marxes fílmicas filisteas. Miramos a Palestina, cuxo territorio a historiografía o sitúa en torno ao 1200 a. C. a aparición duns pobos, denominados «pobos do mar», grazas ás fontes exipcias, que ocasionaron a crise e desaparición de diferentes culturas, imperios e reinos que existiran durante o Bronce Recente, xurdindo así novas entidades políticas como é o caso dos filisteos cuns hábitos culturais novos. A actual rexión, recibíu diferentes nomes; Os exipcios chamáronlle Canaán, os hebreos Israel, e os romanos dividírona en tetrarquías, entre as que estiveron as de Galilea e Xudea para logo darlle o nome de Palestina. Pola súa banda, os cruzados denominárona Terra Santa que dicían defender a sangue e lume...e que aínda hoxe segue a ser fonte de conflicto permanente.




«Marxes fílmicas 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclubePF)


As Marxes fílmicas 2024, son en calquera caso catro miradas a Palestina sobre a poboación e os habitantes que sofren ese conficto eterno, os luns e mércores da segunda quincena de xuño, no patio do Museo etnolóxico de Ribadavia



03/08/21

Cine de verán 2021

Anuncio suspensión

Contestación ao concello


03/08/2021. Anuncio suspensión


Lamentamos comunicar que, ante da contestación da administración municipal esixindo o pago de taxas para a realización do Cinema de Verán (unha actividade pública e gratuíta), o Cineclube Padre Feijoo tomou a decisión de suspender a súa programación para os vindeiros mércores de agosto na Praza da República, entre o Arquivo e a Biblioteca Pública Nós.

Entendemos que non existe sequera unha mínima dilixencia en favorecer a programación de actividades culturais: non estamos a referirnos ás inexistentes da propia institución municipal, senón ás dos propios colectivos culturais e sociais da capital.

Nesta situación resúltanos imposible, cos déficits que supón manter unha programación estable con capacidade reducida e ante os custos que xera, asumir o pagamento dunha taxa pola utilización de uso público para unha entidade que non vai ter ningún tipo de lucro (a diferencia doutros sectores que si foron exentos de pagala neste ano e no seguinte).

A reivindicación dunha exención de taxas para os colectivos culturais e a modificación da ordenanza fiscal que as regula tratouse desde vai anos en distintos plenos do Concello e no inoperante Consello Municipal da Cultura. Malia o paso do tempo e as boas palabras, nunca se acadaou unha solución.

O Cineclube Padre Feijoo quere expresar a súa repulsa á falta de políticas culturais na cidade: a propia institución municipal discrimina á terceira cidade de Galicia mentres que noutras vilas, aldeas e cidades se programan e realizan actos culturais coas oportunas cautelas normativas ante a COVID e con total normalidade.



06/03/2021. Contestación ao concello


En relación á información vertida polo Concello de Ourense en contestación á suspensión desta edición do Cinema de Verán, o Cineclube Padre Feijoo ten que manifestar o seguinte:

1.- Non é certo que o Concello apoie o Cineclube no 2021 cunha achega de 6.000 euros, tal como se manifesta na devandita contestación: a Xunta de Goberno local de 22 de outubro de 2020 retiroulle a subvención nominativa de 6.000 euros que esta entidade tiña en 2020, outorgándolle unicamente unha ao Liceo, pola mesma contía. Nese mesmo acordo eliminouse tamén a subvención ao Ateneo.

> Pode verificarse aquí: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/planestrategico/156

O Concello de Ourense segue sen aboar a día de hoxe a última subvención concedida ao Cineclube, en 2020.

> Pode verificarse na base de datos nacional de subvencións (Ver foto); nesta outra ligazón, a xustificación de todas as subvencións obtidas polo Cineclube: https://salademaquinas.wordpress.com/transparencia/

En canto ao resto de aseveracións da nota do Concello sobre a ordenanza fiscal, o Cineclube só ten que que engadir que agarda que a institución municipal amose a mesma dilixencia para modificala como fixo coa exención de taxas á hostalaría (3 meses). Deste xeito non só se cumpriría por fin un acordo plenario por unanimidade, sen aplicar desde 2018, senón que tamén favorecería a organización de actividades culturais por parte da cidadanía e dos colectivos culturais e sociais ourensáns.

O futuro desta actividade do Cineclube, suspendida, e doutras moitas que se realizaban no espazo público, depende unicamente da vontade do Concello de Ourense.




Diante da terrible situación de abandono que nos últimos anos a cultura vén padecendo no noso concello existe un berro colectivo que podes apoiar e compartir #EmerxenciaCulturalOurense



06/08/20

Cine de verán

Cumprindo o hábito estival, no verán da nova normalidade voltamos ao , nesta ocasión por avatares borbónicos máis actual e estimulante para as noites de verán; nunha única sesión, dos luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde e con limitación de aforo e obrigada separación de asentos.

(Podedes consultar o noso protocolo de seguridade; aquí)

«Cine de verán 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán na Praza da república (o novo espazo que hai entre a Biblioteca pública "Nós" e o Arquivo histórico provincial de Ourense), agás a primeira proxección que será na Asociación Andén primeiro; Av. Marín 23 de A Ponte.


De seguido o detalle da programación.

13/07/17

Cine de verán do 2017

Na calor da noite...clásicos por barrios

Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense

Cinema na praza


Na habitual cita cinematográfica do verán, e das actividades do Veránêarte de Escua, debuxamos un programa con pequenas novidades, en tres espazos diferentes; con acceso de balde e nunha única sesión.