Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curtas. Amosar todas as publicacións

05/10/23

Filmoteca de outubro a decembro de 2023

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectaremos durante os luns de outubro, novembro e decembro de 2023, os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]


02/05/23

Programación maio e xuño de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Filmoteca CGAI

Ciclo Esperanzas

Sesións Maxistrais


Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar

Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.




«maio-xuño 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].

Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )


14/10/21

Sesións de filmoteca de outubro a decembro de 2021

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos para remate do ano no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filmes que seguen…


(Atención aos horarios únicos destes meses e ao aforo limitado)


15/02/18

Programación febreiro - marzo 2018

Filmoteca

Ciclo Retratos e derivas

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Retratos e derivas, presenta unha secuencia de emocións, loitas femeninas, desencontros da vida, derivas do amor, retratos de familia, a política e outras cousas debuxadas extraordinariamente.



«Retratos e derivas» · Deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


O avance visual [.mp4 • 20'7 MB] completo, da programación ata a semana santa, saudámolo coa versión que o grupo galego "Oh Ayatollah" (Volve a canción protesta), que fixeron sobre a orixinal de "Los planetas"...quero repetir axiña, non podo esperar!
...e case non podemos esperar, porque temos novidade, (en probas) que debe esperar até o próximo 21 de marzo para espectadores/as con algunha discapacidade audiovisual.

Gocen, si ninguén o impide.

Sesións de filmoteca de febreiro - marzo de 2018

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:

(A programación do CGAI, comenzará a partir do mes de marzo)


15/09/16

programación setembro—outubro 2016

«Tránsito: Asia»

«Miradas Etnograficas» 4

Neste tempo moderno e individualista, onde as historias de amor, ciumes, morte, sexo e traizóns, ademais dos paradoxos da vida e as súas debilidades conforman unha levidade do ser, insoportábel e pesado.
Nesta lixeireza, de amor e sentimentos, con todo, ten que tratar cun mundo que é duro como unha pedra. O xénero, drasticamente novo, do cinema contemporáneo é basicamente un intento de atopar un xeito de tratar con esa pesada carga no amor e sentimentos individuais, ou simplemente a carga sobre a súa existencia.

Dende fai uns anos, o cinema asiático amosa unha radical renovación no linguaxe visual, diante da supremacía da estética e ideoloxía occidental, Asia ten unha visión e un xeito moi preciso e particular, que ven desde unha inicial fase orientalista na que se interpretaba a dito cinema como de «contraste», pasou a ser unha zona emerxente de cultura cinematográfica incuestionábel xa para todo o mundo.


cartaz programación
«Tránsito: Asia» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Está é unha pequena mostra, que seguramente ampliaremos no futuro con máis etapas, un primeiro tránsito que agardamos gocedes connosco, coas mesmas premisas que nos derradeiros exercizos, os mesmos horarios e días: luns de filmoteca coa programación do  (CGAI) ás 20:30 e 23 h. e os mércores (ciclo «Tránsito: Asia») ás 18, 20:30 e 23 h, as mesmas cotas (os descontos son exclusivamente para aos socios/as) e as nosas teimas (puntualidade e móbiles apagados).

Sede pois, benvidos/a s a nova tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro (como a situación política actual), que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.

O noso primeiro avance ten unha banda sonora, talvez demasiado alfúfaros, despois dunha orxía degustativa de sake, pretende revelar visualmente [.mp4 • 27'89 MB] os filmes que compoñen este ditoso ciclo, que de seguido podedes ollar xunto cos outros filmes da programación…


01/02/14

Programación febreiro 2014

Dicía Aristóteles (no seu Libro I) que «Todos temos un desexo natural ao saber. O placer que nos causan as percepcións dos nosos sentidos son unha proba desta verdade. Agrádanos por sí mesmas, independentemente da súa utilidade, sobre todo as da vista…». En efecto, non só temos intención de obrar, coa percepción das imaxes que vos propomos os mércores de febreiro, senón que ademáis, transitamos nas procuras, dos e das protagonistas deste ciclo, que dimos por chamalo «Viaxes e Procuras».


cartaz programación xaneiro 2014 · cineclubePF
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Talvez non exista ningún obxecto práctico ou metafísico visible, pero compleméntase perfectamente nas idas e voltas da nosa memoria, coas viaxes que propomos os luns de filmoteca; rematamos a ollada ao festival , cunha road-movie, a visita introspectiva aos inicios da transición de Joaquim Jordá, os inicios do director polaco Roman Polanski, ou, a estrea dun documental inédito (pola censura), sobre a vida de Lou Reed.

Agardamos nos acompañedes nesta experiencia, coa atención ás novidades e avisos que sinalamos de seguido…



Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada única: 2 €*
* agás o luns 3 de febreiro, ciclo «Amal», que é de balde
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada única: 4 €
* agás o mércores 26 de febreiro, que será as 18 e 21 h.

Lugar:
(casa da Cultura), rúa Concello 11

Proxeccións en VOS e filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.


Velaquí tedes os filmes deste mes…

ciclo «Viaxes e procuras»

Proxéctase durante o mes de febreiro do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 2 €.
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h* e cota xeral de socios de 4 € …


*Agás o filme do mércores 26, que debido a súa duración as sesións son as 18 e 21 h. (horarios CUT+1)

01/07/11

«Cinema na Praza»


[Clic na imaxe para ampliar]
Cinema na Praza
Curtametraxes na praza de San Marcial
todos os mércores de xullo e agosto, ás 22 h