Amosando publicacións coa etiqueta casa da cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta casa da cultura. Amosar todas as publicacións

12/10/24

Programación de outubro a decembro de 2024

Sesións Maxistrais de Filmoteca

Luns de Filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

IX Ciclo Colexio de médicos

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Trala anguria das rutinas diarias e laborais despois do periodo estival, sede de novo benvidos/as ao cinema nunha pantalla grande dun cuarto escuro e con boas novas na mellora dos sistemas de proxección; no que iremos incorporando a resolución /4K/ nalgúns dos filmes que seleccionamos para pechar o ano.

Pregamos prestedes tamén atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de médicos, ao Ciclo de outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'8 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


Sesións de ciclo de outubro a decembro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Luns de filmoteca de outubro a novembro 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


26/03/24

Programación abril 2024

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións especiais [+]

Sesións de filmoteca

IX Ciclo Colexio de médicos


Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade e o odio anda ceibe, quizais quédanos o recurso de amar como acto de rebeldía. Como ben din Os Sonoro Maxín temos que atopar o salvaxe no outeiro do monte. Propomos dez filmes cheos de actos de amor con flores salvaxes de todos os tipos. Unhas flores rescatan recordos, outras mancan coma as rosas e outras arrecenden novas sensacións. Agardamos vos preste esta primavera...ten que ser a nosa.




«Abril 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Resumimos un feixe de flores neste avance visual [.mp4 • 21'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a festividade do 1 de maio, co rogo de atención que agás o 4 de abril (na Auriense), toda se desenvolve na Casa de cultura. (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



Sesións de ciclo de abril de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante abril de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


Filmoteca de abril de 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante abril de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


11/02/24

Programación febreiro marzo de 2024

Sesións maxistrais

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

IX Ciclo Colexio de médicos

Sesión especial [+ Info]


No habitual tempo de distraccións que pode producir unha campaña electoral, suxerimos abstraernos por un momento da hiperrealidade representada.

Presentamos unha ducia de filmes que conxugan tenrura, reflexión e emoción. Non temos fe na realidade, mais non somos pesimistas como Calvino. A nosa cidade invisible habita nunha sala escura. Chámase Eutropia e non é unha cidade, senón moitas. Todas as que poidas imaxinar na penumbra, tan só tes que deixarte levar, quedar e voltar.




«Feb-Mar 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 23'4 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata a semana santa, co rogo de atención que toda se desenvolve na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



Sesións de ciclo de febreiro e marzo de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante febreiro e marzo de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


08/01/24

Programación de xaneiro e febreiro de 2024

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais


O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido. Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante. A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.

O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.

Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.




«Xan-Feb 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).



Sesións de ciclo de xaneiro e febreiro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


05/10/23

Programación de outubro a decembro de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións de ciclo dos mércores

Luns de Filmoteca CGAI

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Sede benvidos/as á ultima parte de tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.

Pregamos atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de Médicos, ao Ciclo de Outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2023»· cartel realizado por Olalla Esquimal (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


02/05/23

Programación maio e xuño de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Filmoteca CGAI

Ciclo Esperanzas

Sesións Maxistrais


Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar

Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.




«maio-xuño 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].

Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )


Filmoteca de maio e xuño de 2023

Durante os luns de maio e xuño de 2023, proxectaremos os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]


03/04/23

Programación abril 2023

Sesión especial

VIII Ciclo do colexio de médicos

Primavera Musical

Filmoteca CGAI


Días incertos e noites frescas anúncianse para unha nova primavera. Abrigamos no solpor dos días cinco propostas coa música de fondo, onde recuperamos a programación da Filmoteca de Galicia - CGAI con Márta Mészáros a ritmo Beat, os ritmos urbanos de Lisboa, o punk; coas variantes electrónicas e rebeldes dos Sleaford Mods ou das influenzas Queer, mesturando todo ademais cunha viaxe sensorial e humorística de Matthew Herbert. Cremos provocar así o suficiente contraste como do calor do mediodía ás noites de chaqueta. Este é o tempo da primavera...e da música, do que agardamos gocedes co adianto en vídeo [.mp4 • 15'3 MB] que preparamos.





«PM-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Pregamos unha atención particular á Sesión especial coa que colaboramos nos actos dos Amigos da república e como sempre coa programación do Colexio de médicos.



Primavera musical 2023


Chega a sétima edición da Primavera musical aos bares habituais nos que programan concertos. Aparte da proxección na casa da cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural Auriense, Café Pop Torgal e El Pueblo café cultural.

23/02/23

Programación marzo 2023

Ciclo Discordancias

Sesións maxistrais

Filmoteca CCPF

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [Abre outra xanela]


Antes que a luz asedie á primavera e se proclamen novas fantasías de promesas quiméricas a incumprir, temos que convidar á emoción da escuridade na sala de cine. Baixaremos aos sotos da historia, nunha sesión maxistral que inauguramos exclusivamente para socios/as.

Prometemos non clausurar a xanela de angurias cun filme premonitorio dunha pandemia na nova colaboración co Colexio de médicos. Podemos e debemos prometer un subidón de contos... ou unha tranquila viaxe desde a filmoteca dos luns (na Casa da cultura).

Nos filmes seleccionados do ciclo (no Teatro principal) tomamos como punto de partida a razón humana, a cal inevitablemente cae en discordancia.

O mundo ten un principio (un límite) no tempo e no espazo, aínda que tamén é infinito no tempo e no espazo.
Ese mundo componse do simple (indivisible), mais sabemos que non hai nada simple, todo é complexo.
Existen causas libres ou non existe ningunha liberdade, pois todo é natureza (ou sexa, necesidade).
Na serie das causas universais hai algún ser necesario ou pola contra non hai nada necesario, todo é casual.




«marzo 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Conclúese así que unha tese é tan demostrable loxicamente como a antítese. Kant afirmaba que a razón é contraditoria. Dos 4 filmes que presentamos nos albores desta primavera conformamos evidentes discordancias que fan sospeitar que talvez o inverno nunca nos abandonará ... Pode a verdade ser contraditoria? Pode un actor cómico asustarnos tanto ou un retrato agónico darnos tanta vida repleta de emocións? Pode unha sinple resonancia magnética nuclear (RMN) facer unha radiografía da complexa deriva da Europa actual?
Podemos ver neste ciclo virtudes e miserias? ...como na vida mesma.

Á vosa disposición temos un avance en vídeo na canle de «You Tube» [.mp4 • 20'7 MB] e as oportunas follas de sala [Abre outra xanela].

Pregamos atención á singularidade dalgunhas sesións programadas (en martes e xoves).


Filmoteca de marzo 2023

Durante os luns de marzo de 2023, proxectaremos os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]


09/01/23

Filmoteca de xaneiro e febreiro de 2023 na Casa da cultura

Durante os luns de xaneiro e febreiro de 2023, proxectaremos os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]


13/01/14

ciclo «Erro do sistema»

Os mércores de xaneiro, proxéctase na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 1), as 18, 20:30 e 23 h. (horario CUT+1), cunha cota xeral de socios de 4 € …


21/11/13

Sesións negras e criminais

Despois do … chega o odio.
Do 27 de novembro ao 18 de decembro de 2013, mergullamos os nosos primarios instintos na violencia, o crime… e o humor negro, con trhillers contemporáneos de , , e .

ciclo de cinema «Negro e Criminal» cincelubePF - Ourense
Cartaz «Negro e Criminal» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Lugar de proxección
(rúa Concello 11, Ourense)
Sesións
18 · 20:30 e 23  h (horario CUT+1). Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.
Prezo
Cota xeral de socios de 4 €. Non é posible, polo momento, aplicar descontos nin venda anticipada, podendo mercar as entradas media hora antes de cada sesión.




Ao son dun tema de Andrea Benini (Mop Mop) «Locomotive» aquí tedes o [. mp4 • 5'83 Mb]

"Welcome to the «choo choo train», come on buddies, shake your bodies… "
Donas e cabaleiros sexan benvidos ao cineclube, vide amigos e amigas, veremos mover corpos… nestas semanas negras e criminais.

E de seguido, vos reflitimos a proposta dos filmes que compoñen este ciclo de cinema «Negro e Criminal», non se antes salientar que non son recomendables para menores de dezaseis anos.