Amosando publicacións coa etiqueta Amigos da república. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amigos da república. Amosar todas as publicacións

06/04/26

Programación de abril e maio de 2026

Sesións extraordinarias [+]

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

XI Ciclo Colexio de médicos


No medio do absurdo dunha guerra non declarada (e ilegal coma todas as guerras), facemos provisións de historias cheas de humanismo que combinan o humor e o realismo, sen descoidar a protesta e a marxinalidade. O cinema pode ser unha ferramenta poderosa con habilidade para atopar beleza na precariedade da vida. A sinxeleza dalgunhas das propostas que nesta ocasión programamos son compromisos de auntenticidade, do que agardamos a vosa mirada de empatía e desprexuízo, como só é posible nunha sala de cineclube; lonxe do cine comercial afastado das dimensións humanas.

Aparte das citas do XI Ciclo do Colexio de médicos, temos ademais unha sesión dobre especial coa que colaboramos na programación cos Amigos da república e outra para conmemorar a fallida Revolución galega. Pregamos atención, ás sesións extraordinarias do xoves 9 de abril e do martes 12 de maio.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 16'9 MB] que preparamos como recordatorio.




«Abr-Mai 2026»· (cineclupePF)

De seguido o detalle da programación.



03/03/25

Programación de marzo e abril de 2025

Sesión maxistral infantil de filmoteca

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

Sesión maxistral

X Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [+]


Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 17'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Mar-Abr 2025»· (cineclupePF)

A continuación o detalle da programación que se estenderá até a semana santa.



03/04/23

Programación abril 2023

Sesión especial

VIII Ciclo do colexio de médicos

Primavera Musical

Filmoteca CGAI


Días incertos e noites frescas anúncianse para unha nova primavera. Abrigamos no solpor dos días cinco propostas coa música de fondo, onde recuperamos a programación da Filmoteca de Galicia - CGAI con Márta Mészáros a ritmo Beat, os ritmos urbanos de Lisboa, o punk; coas variantes electrónicas e rebeldes dos Sleaford Mods ou das influenzas Queer, mesturando todo ademais cunha viaxe sensorial e humorística de Matthew Herbert. Cremos provocar así o suficiente contraste como do calor do mediodía ás noites de chaqueta. Este é o tempo da primavera...e da música, do que agardamos gocedes co adianto en vídeo [.mp4 • 15'3 MB] que preparamos.





«PM-2023»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Pregamos unha atención particular á Sesión especial coa que colaboramos nos actos dos Amigos da república e como sempre coa programación do Colexio de médicos.