Amosando publicacións coa etiqueta Filmoteca de Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Filmoteca de Galicia. Amosar todas as publicacións

29/09/26

Programación outubro decembro de 2026

XI Ciclo Colexio de médicos

Cine de outono en Ribadavia

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión maxistral

Sesións extraordinarias [+]


Se o cine existe, dalgún xeito máis alá da vida, constitúe un medio singularmente poderoso de imaxinar e dar forma ao máis alá: constrúe espazos, corpos, movementos e puntos de vista. Nesta ocasión preparamos un ciclo (nas sesións dos mércores) que procura revelar a extraordinaria diversidade destes imaxinarios; desde os espellos que serven como as pasaxes de Palestina, até os campos de Almería, ou a nosa propia dimensión rural ao través dos campos da China. A morte que celebramos en todos os santos, a reencarnamos con Sorrentino uns días máis tarde, rematando tamén con ela presente, ao final do ciclo, atrapada no medio dunha esmorga.

Cando comeza unha película, hai unha manifestación do pasado que revive no presente. Temos na parte da filmoteca, resurreccións, voltas ao pasado coa historia, asasinos con medo a morrer e momentos que celebran a pesar de todo a vida, co sexo, o amor e mesmo a poesía.

Completamos a programación con varias citas ineludibles: En 4K a sesión maxistral para celebrar os 50 anos da estrea de Barry Lyndon en España, Blade runner de Ridley Scott (tamén en 4K) e Freaks que pechan o ciclo do Colexio de médicos, aparte de varias sesións extraordinarias, a novidade da sesión continua co que abrimos a filmoteca (nun día distinto ao habitual) e as citas en Ribadavia e co Museo arqueolóxico en decembro (II semana de cine).

En conclusión, rematamos este ano explorando a zona entre a vida e a morte, para facer visible o xeito en que o pasado segue a atormentar o presente. En moitos destes filmes, falar da vida despois da morte tamén é imaxinar formas de reparación: un espazo onde o que quedou sen resolver pode volver, onde se reclama unha débeda, se devolve a violencia ou se restaura dalgún xeito o equilibrio.




«out-nov 2026»· (cineclupePF)


Que a realidade, a ficción e a mutable materia da memoria, nos outorguen sensacións extraordinarias, como o avance visual [.mp4 • 18'3 MB], que resume unha parte da programación.

Antes do detalle da programación, coma sempre tedes xa a vosa disposición as follas de sala, para consulta o descargar no apartado de sala de máquinas. [Abre outra xanela].


03/03/25

Programación de marzo e abril de 2025

Sesión maxistral infantil de filmoteca

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión especial

Sesión maxistral

X Ciclo Colexio de médicos

Sesións extraordinarias [+]


Presentamos unha selección de filmes un pouco incompleta, que agardamos completar coa programación posterior á semana santa

Lamentablemente os avatares da distribución de filmes en España, non adoitan a facilitar o traballo altruista e voluntario dos cineclubistas... En calquera caso, agardemos gostedes da escolma de comedia, mesturada con documentais, sesións maxistrais, animación e drama. Atención á sesión especial coa que colaboramos na programación dos Amigos da república, así como das citas co X Ciclo do Colexio de médicos e algunha sesión extraordinaria máis pendente de fechar.

Como sempre tedes á vosa disposición as follas de sala e o avance en vídeo [.mp4 • 17'8 MB] que resume a programación que preparamos.




«Mar-Abr 2025»· (cineclupePF)

A continuación o detalle da programación que se estenderá até a semana santa.



Sesións de filmoteca de marzo e abril de 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 15 de marzo e o 7 de abril de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


01/05/24

Programación de maio e xuño de 2024

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións especiais [+]

Sesión vermú

Primavera musical

IX Ciclo Colexio de médicos

Amal en ruta


Case a piques de rematar a primeira tempada do ano e antes de que cheguen as Marxes fílmicas ao patio do Museo etnolóxico de Ribadavia (adicadas este ano a Palestina), presentámosvos o intenso programa que preparamos para celebrar esta primavera, que como ben din os Sonoro maxín, ten que ser nosa.




«Maio 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Se vos presta ollar, ver e bailar, temos este avance visual [.mp4 • 24'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción, aquí as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata primeiros de xuño, co prego de atención do horario das sesións extraordinarias (10, 14 e 17 de maio), á Primavera musical e ao Amal en Ruta.



Filmoteca de maio 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante maio de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]


28/05/21

Programación de xuño da Filmoteca de Galicia en Ourense

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos durante o mes de xuño no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filme que segue…


(Atención ao horario diferente e a versión (dobrada) da película, dirixida principalmente ao público infantil.