Amosando publicacións coa etiqueta Miradas Etnográficas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miradas Etnográficas. Amosar todas as publicacións

29/09/26

Programación outubro decembro de 2026

XI Ciclo Colexio de médicos

Cine de outono en Ribadavia

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión maxistral

Sesións extraordinarias [+]


Se o cine existe, dalgún xeito máis alá da vida, constitúe un medio singularmente poderoso de imaxinar e dar forma ao máis alá: constrúe espazos, corpos, movementos e puntos de vista. Nesta ocasión preparamos un ciclo (nas sesións dos mércores) que procura revelar a extraordinaria diversidade destes imaxinarios; desde os espellos que serven como as pasaxes de Palestina, até os campos de Almería, ou a nosa propia dimensión rural ao través dos campos da China. A morte que celebramos en todos os santos, a reencarnamos con Sorrentino uns días máis tarde, rematando tamén con ela presente, ao final do ciclo, atrapada no medio dunha esmorga.

Cando comeza unha película, hai unha manifestación do pasado que revive no presente. Temos na parte da filmoteca, resurreccións, voltas ao pasado coa historia, asasinos con medo a morrer e momentos que celebran a pesar de todo a vida, co sexo, o amor e mesmo a poesía.

Completamos a programación con varias citas ineludibles: En 4K a sesión maxistral para celebrar os 50 anos da estrea de Barry Lyndon en España, Blade runner de Ridley Scott (tamén en 4K) e Freaks que pechan o ciclo do Colexio de médicos, aparte de varias sesións extraordinarias, a novidade da sesión continua co que abrimos a filmoteca (nun día distinto ao habitual) e as citas en Ribadavia e co Museo arqueolóxico en decembro (II semana de cine).

En conclusión, rematamos este ano explorando a zona entre a vida e a morte, para facer visible o xeito en que o pasado segue a atormentar o presente. En moitos destes filmes, falar da vida despois da morte tamén é imaxinar formas de reparación: un espazo onde o que quedou sen resolver pode volver, onde se reclama unha débeda, se devolve a violencia ou se restaura dalgún xeito o equilibrio.




«out-nov 2026»· (cineclupePF)


Que a realidade, a ficción e a mutable materia da memoria, nos outorguen sensacións extraordinarias, como o avance visual [.mp4 • 18'3 MB], que resume unha parte da programación.

Antes do detalle da programación, coma sempre tedes xa a vosa disposición as follas de sala, para consulta o descargar no apartado de sala de máquinas. [Abre outra xanela].


Cine de outono en Ribadavia

Dentro das habituais citas do outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos os venres e sábados, con acceso de balde.


02/10/25

Cine de outono en Ribadavia

Nas XIII Miradas etnográficas deste ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, eliximos catro filmes para quebrar o marco inicial da programación habitual e propoñer unha correspondencia coa parte expositiva do museo, nesta ocasión entre as afluenzas e influenzas do territorio, así como o seu efecto nas persoas.




«Miradas etnográficas 2025» (a&b comunicación)

12/10/24

Cine de outono en Ribadavia. Feitos reais.

A pesar de que en moitas ocasións descoñécese o caso no que pode estar baseado un filme, como se adoita dicir, ás veces a realidade supera á ficción. Nas XII Miradas etnográficas deste ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, eliximos catro filmes recentes para radiografiar a sociedade e falar de drogas, educación, urbanismo, activismo, a fé e a propia lingua. Catro propostas narrativas baseadas en feitos reais, cunha grande capacidade de atención, reflexión e entretenemento para tratar temas necesarios, mesturados con música, humor e emoción.

05/10/23

XI Miradas etnográficas. Quenes somos e de onde vimos

Nalgún apartado recuncho do universo, espallado de innumerables e escintilantes sistemas solares, houbo unha vez un astro no que animais astutos inventaron o coñecer. Foi o minuto máis soberbio e máis falaz da historia universal, pero, a final de contas, só un minuto.

Tras un par de respiracións da natureza, o astro entumeceuse e os animais astutos tiveron que perecer. Alguén podería inventar unha fábula como esta e, con todo, non ilustraría suficientemente, como de lamentable, escuro, estéril e arbitrario é o aspecto que ten o intelecto humano dentro da natureza; houbo eternidades nas que non existiu, cando de novo acábese todo para el, non sucedería nada. Porque non hai para ese intelecto ningunha misión ulterior que conduza máis aló da vida humana.

Neste tempo de retos e grandes encrucilladas, onde a intelixencia artificial semella tocar o ceo e as estrelas e talvez abra paso a unha nova humanidade, debería ser oportuno resolver antes do dilema de cara a onde imos,o intempestivo saber “Quen somos? e de onde vimos?.


Entre a néboas do outono percorreremos na memoria do cotián catro camiños para escintilar a arbitrariedade do saber quenes somos e de onde vimos.

12/10/22

X Miradas etnográficas. A terra que habitamos. Cine de outono en Ribadavia

No lonxano 2286 o señor Spock será o responsable de rescatar planeta das perturbacións que o alteran. A clave para estabilizalo será o canto das baleas, unha especie extinta séculos atrás. Para iso, embarcará na nave intergaláctica Enterprise rumbo ao San Francisco do ano 1986 cunha misión: salvar a terra.

A cuarta entrega Star Trek, dirixida polo propio Leonard Nimoy -o actor tras o entrañable Spock- en 1986, xa alertaba sobre os perigos que axexaban ao planeta. Estes foron en aumento a tal punto que, hoxe en día, os gobernos de medio mundo inclúen entre os seus programas "protocolos", "plans de acción" "alianzas estratéxicas" e outro tipo de analoxías para preservar os recursos da terra perante o irreversible cambio climático.

As voces da ciencia, da filosofía ou da socioloxía moderna urxen un cambio no pacto social. Avanzar cara a sociedades más xustas que garantan un reparto equitativo dos recursos. O cine, porén, só pode falar a través das imaxes en movemento. E iso é o que nos ofrece este ciclo de películas, que se celebra por décimo outono no Museo Etnolóxico de Ribadavia: catro 'miradas' sobre o noso planeta, a nosa relación con el e a que mantemos con nós mesmos.

Como será a vida en 2286? O certo é que en 2022 andamos enleados en guerras, que só fan ilustrar o noso fracaso.


Encomendémonos á misión do señor Spock.

14/10/21

Cine de outono en Ribadavia 2021


Seguindo a colaboración co Museo etnolóxico de Ribadavia, trasladamos á mirada de Outono á Ourense, con catro propostas diferentes que teñen un denominador común; a relación das persoas co entorno...unhas veces despoboado e outras co dinamismo florecente doutros tempos.

Será os sábados na Casa da cultura de Ribadavia, con acceso de balde. De seguido o detalle da programación.


«Cine de Outono 2021» · cartel deseñado por Manuel P. Barbeito (cineclupePF)

30/11/20

Programación de decembro de 2020


Ciclo 50

Filmoteca CGAI

Festival AMAL en ruta

Ciclo de Outono en Ribadavia

O documental do mes



Camiñamos cara o final deste longo ano, engadindo as últimas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos tamén atención ás datas do AMAL en ruta que coinciden no primeiro fin de semana co ciclo de outono en Ribadavia, retrasado polas circunstancias do COVID a este mes e con mudanza de lugar e horas. Agardamos o pasedes tan ben coa programación que festexam os 50 anos coma co resto.



Ciclo de outono en Ribadavia

Dadas as restriccións impostas a Ourense e Ribadavia co número de asistentes en espazos culturais, retrasamos a habitual cita de novembro no Museo etnolóxico de Ribadavia, para este mes de decembro e nun lugar e formato distinto.

Será en dous fins de semana na igrexa da Madalena, cun horario tamén alternativo para permitir cumprir outra das obrigas impostas, como é o toque de recolla.

Nesta caso o ciclo proposto é unha radiografia galega de cine que consideramos xa, uns clásicos. Pregamos atención ás medidas sanitarias para previr a expasión do COVID. As sesións teñen un aforo limitado, con profilaxis de mans no acceso, distancia de seguridade e obriga de máscara en todo momento.


O acceso é de balde e de seguido o detalle da programación.

07/11/19

Programación novembro e decembro de 2019

Miradas etnográficas

Oriente/Occidente

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesión especial: 25-N en negro


O esquema spengleriano ("A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares. Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”, Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.

A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e influecias entre si, fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de Spengler, observamos na primeira película do ciclo, a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos o amor e desamor, os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.

Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.




«Oriente/Occidente»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida.


(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)

Viaxes excéntricas

Durante o mes de novembro de 2019 viaxamos coa 7ª edición do Cine de Outono, ás Miradas Etnográficas. Multiplicamos os diferentes centros de interese para chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles con imprevisibles experiencias.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán no Museo Etnolóxico de Ribadavia; os sábados 9, 16, 23 e 30 de novembro ás 20 horas e de balde.


De seguido o detalle da programación.

01/11/18

Cine de outono - Miradas etnográficas 2018

Durante o mes de novembro de 2018 a 6ª edición do Cine de Outono - Miradas Etnográficas está adicada ao pasado, tan vixente no actual presente. Serán cuatro miradas de directoras e directores españois sobre o presente das tradicións, do pasado e inevitablemente das cuestión futuras.

As proxeccións serán de balde os venres ás 20.00 h, no Museo Etnolóxico de Ribadavia; o 9, 16, 23 e 30 de novembro.


De seguido o detalle da programación.

02/11/17

Programación de novembro e decembro de 2017

Miradas etnográficas

Semana da ciencia

Filmoteca CGAI

Ciclo Incertezas

Sesión especial: O día + curto...Javier Fesser


Cal será o noso futuro? Vivimos nun mundo cambiante e non só...polos avatares fronteirizos envoltos en bandeiras. Movémosnos ás escuras á deriva dun mercado global que impón as súas normas por enriba da xustiza social; son tempos de axustes, postmodernidade, intelixencia artificial, tempos modernos ou como diría Bauman "Tempos líquidos".

Na selección de películas para rematar este ano, con vidas fragmentadas sen respostas definitivas, guiounos ese tránsito interior, para ver un mundo en evolución permanente.





«Incertezas» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre o avance da programación é acompañado cunha ambientación musical, neste caso coa cantante portuguesa Márcia. avance visual [.mp4 • 20'7 MB] Non teñan medo deste mundo de incertezas, e como "Mal menor" acompáñenos na escuridade da sala, como si dunha caverna platónica, na procura de utopías, emocións e sabedoría.


(Atentos, aos horarios do 8 de novembro e 11 de decembro)




15/09/16

Miradas Etnográficas

En catro xornadas do mes de outubro 2016, proxectaremos nunha única sesión, venres e sábado ás 20:30 h, no de , de balde grazas a colaboración¹ do Museo, ademais da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, Xunta de Galicia e «Feciga», nas datas que de seguido vos reflectimos, os seguintes filmes…

29/11/15

Miradas Etnográficas

En catro xornadas do mes de decembro 2015, proxectaremos nunha única sesión, martes, xoves e sábado ás 20:30 h, no de , de balde grazas a colaboración¹ do Museo, ademais do CGAI, Xunta de Galicia e a «Feciga», nas datas que de seguido vos reflectimos, as seguintes fitas…