Amosando publicacións coa etiqueta CGAI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CGAI. Amosar todas as publicacións

12/02/26

Programación de marzo de 2026

Filmoteca

XI Ciclo Colexio de médicos

Sesións dos mércores

Sesión maxistral de filmoteca


Tralo festivo paso oportuno do entroido, albiscamos o disfrace da primavera con espírito de rebelión e resistencia. Unha das características esenciais das imaxes, sobre todo das imaxes en movemento como o cinema, é a poderosa relación que pode manter coa realidade. Destacamos dúas propostas con diferentes narrativas que chegan desde Euskadi e Portugal para enfrontarse de distinto xeito aos avatares da loita. Tamén temos traxedia edulcorada co absurdo, no primeiro filme iraquiano despois do estrague deixado polos EUA e experiencias inmersivas de silencio: con protagonismo femeníno en “Sorda”, masculino en “Galos de pelexa” ou de toda unha aldea, na excepcional obra cume de Béla Tarr, "Sátántangó" (Pregamos atención ao horario).

O problema da vivenda no cinema español de finais dos 50 e principios dos 60 plásmase a través da sátira, o humor negro e o realismo, deformando os comportamentos de personaxes atrapados en matrimonios de conveniencia ou humillacións burocráticas para obter un piso, reflectindo unha asfixia social e económica extrema que está en auxe, aínda que quizais o reflexo narrativo non sexa o mesmo. Recuperamos así un filme vixente escrito por Rafael Azcona, coa dirección de Marco Ferreri, xunto con outras propostas que tamén falan de miseria e degradacións social; como a emocionante película de Kaouther Ben Hania, "A voz de Hind" que anticipa o xenocidio en Palestina (que segue executando o actual goberno sionista) e foi premiada no pasado Festival de Venecia, xunto coa outra das propostas que programamos; a máis cineclubista de todas como poden ser as obras de Jim Jarmusch e que nestá ocasión, radiografía a familia no medio dun mundo fragmentado, como o actual.

De contado podedes consultar e descargar as follas de sala , así como o vídeo [.mp4 • 17'5 MB] que resume a programación que preparamos.




«Marzo 2026»· (cineclupePF)


En conclusión, xuntamos con esta programación a potencia da ficción para achar nela unha ferramenta fundamental para o entendemento do mundo. Agardamos por vós.



Luns de filmoteca de marzo de 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en marzo de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


15/01/26

Luns de filmoteca de xaneiro-febreiro 2026

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


03/03/25

Sesións de filmoteca de marzo e abril de 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 15 de marzo e o 7 de abril de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


16/01/25

Programación xaneiro e febreiro de 2025

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais

X Ciclo Colexio de médicos


Desde que acabamos as proxeccións a principios do mes pasado, fóronse acumulando historias, sensacións, ideas, imaxes e ás veces situacións ineludibles.

Empezamos o ano coa actualización das cotas, acordadas na última asemblea (que explicamos ao final do detalle da programación) e que vén un pouco dada polo desinterese e falta de apoios municipais e coa previsión inmutable da situación.

Convén lembrar que no Cineclube Padre Feijoo todo o traballo e esforzo que realizamos é voluntario e non renumerado. Sabemos que moitos o saben e sentímonos apoiados e reconfortados. Pero tamén atopámonos ultimamente, con posturas tanto na sala e mesmo fóra dela, reclamando ou protestando con certa esixencia diante das restricións do uso do teléfono móbil, sobre a obrigada puntualidade para non distracción e respecto ao resto dos espectadores ou mesmo... a ver cando empezamos! (sen importar que nós deberiamos ter o mesmo dereito a gozar das festas como os demais ou un pouco de respecto e consideración á nosa dedicación altruísta) incendiando ás veces un pouco, os nosos ánimos.

O que a continuación presentamos para xaneiro e febreiro, é froito do traballo escuro previo; reunión de programación, negociación coas distribuidoras, comprobación e obtención de copias, acompañado doutros mesteres circunstancialmente rutinarios, como preparar as contas (trimestrais e anuais), limpar a sala (2 veces á semana), acondicionar os equipos e proxectar os filmes, preparar carteis e pegalos, tradución e confección das follas de sala , redactar e programar este blog ou mesmo o vídeo [.mp4 • 21'8 MB] que preparamos para recordar toda a programación.




«Xan-Feb 2025»· (cineclupePF)


Facer unha película, sería todo moito máis complicado e é por iso que non nos imos a estender máis con está introdución, que cremos oportuna e necesaria, despois da pasada asemblea.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido. Atención á novidade que incorporamos este ano, aparte das sesións maxistrais do domingo, temos un día máis; os sábados pola mañá, no que iremos programando sesións maxistrais dedicadas ao público infantil e xuvenil, con acceso de balde aos socios e a posibilidade de convite a persoas non socias. En estás sesións o acceso é preferente aos/ás socios/as pero non exclusivo como nas sesións dos domingos.



Luns de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2025

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


14/10/21

Programación de outubro a decembro de 2021

Filmoteca de Galicia

Sesións dos mércores

Cine de outono en Ribadavia

Festival AMAL en ruta

Sesións extraordinarias [>+]


Na nova normalidade obrigada pola evolución da pandemia, simplificamos os horarios habituais para fornecer un espazo seguro e ventilado, limitamos o aforo ao 50% (a pesar de que a norma o estende ao 90%). Queremos así garantir como até agora, unha seguridade e confianza que pouco a pouco, consonte a evolución e as normas de protección fronte ao COVID, modificaremos ou non. Segue vixente o noso protocolo de protección fronte ao COVID, así como o funcionamento paralelo do Clube de cine Nós en compañia da nosa benequerida Biblioteca pública. Tamén seguen "on-line" as follas de sala que sirven de contexto e información de cada filme; de momento as seguiremos colgando na sala de máquinas do cineclube. A única variación consitirá na entrada, horarios e asentos dispoñibles.

En canto á programación, aparte da habituais sesións dos luns de filmoteca (grazas ao convenio de colaboración co AGADIC para proxección da programación descentralizada do CGAI) e de ciclo dos mércores que de seguido detallamos máis abaixo, contamos tamén coa programación de outono en Ribadavia, que realizaremos co Museo etnolóxico de Ribadavia, os sábados de novembro (nesta ocasión especialmente adicado a Ourense). Remataremos en ruta, de novo coa programación do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, grazas á colaboración da Fundación Araguaney e da Deputación de Ourense.





«outubro-decembro 2021»· cartel realizado por Leo Sousa (cineclupePF)


Coma sempre, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa axuda á difusión da programación, así como da participación e comentarios.



Sesións de filmoteca de outubro a decembro de 2021

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos para remate do ano no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filmes que seguen…


(Atención aos horarios únicos destes meses e ao aforo limitado)


28/05/21

Programación de xuño da Filmoteca de Galicia en Ourense

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectamos durante o mes de xuño no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, o filme que segue…


(Atención ao horario diferente e a versión (dobrada) da película, dirixida principalmente ao público infantil.


01/11/18

Programación de novembro e decembro de 2018

Filmoteca CGAI

Sesións crepusculares

Miradas etnográficas

Sesións especiais

O día + curto


Nas sesións crepusculares, percorremos unha viaxe por aquelas formas de vida e de heroes que desaparecen... cansos, morriñentos, críticos, desencantados, sucios, resignados, acabados ou atormentados... Todos están abocados a dar paso á "civilización" e a desaparecer como o ano que remata.





«Sesións Crepusculares» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación é acompañado cunha ambientación musical, neste caso co grupo "Clap your hands and say yeah".

Que a difusión alongada do crepúsculo nos acompañe na procura de utopías, emocións e ilusións. Atención aos horarios e as sesións especiais dos días 12, 17 e 20 de decembro.


22/03/18

Sesións de filmoteca de abril 2018

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

30/10/17

Sesións de filmoteca de novembro-decembro de 2017


Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os seguintes luns de novembro e decembro; ás 20:30 e 23 h. (agás a única sesión do 11 de decembro) os seguintes filmes…





Semana da ciencia


6 Nov. 2017
Lun.

«Nostalgia de la luz» Nostalxia da luz

Dirixido por · (2010)
Nostalxia da luz é un filme sobre a distancia entre o ceo e a terra, a distancia entre a luz e os seres humanos, e as misteriosas idas e voltas que se crean entre eles. A tres mil metros de altura, astrónomos vidos de todo o mundo reúnense no deserto de Atacama para observar as estrelas no norte de Chile. Aquí, a transparencia do ceo permite ver ata os confíns do universo. Abaixo, a sequedade do solo preserva os restos humanos intactos para sempre: momias, exploradores, mineiros, indíxenas e osamentas dos prisioneiros políticos da ditadura. Mentres os astrónomos buscan a vida extraterrestre, un grupo de mulleres remove as pedras: buscan os seus familiares.

A sesión, comezara previamente coa proxección da curtametraxe:


«Einstein-Rosen»

Dirixida por · (2016)
Verán do 82. Teo asegura que atopou un buraco de gusano. O seu irmán Óscar non o cre. Polo menos non de momento.

Rodada no Barrio das Flores da Coruña.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde (consultar non asociados/as).



20 Nov. 2017
Lun.

«La idea de un lago» A idea dun lago

Dirixida por · (2016)
Inés é fotógrafa, ten 35 anos, vive nun departamento de dous ambientes e está esperando un fillo. Fai uns meses separouse da súa parella e aínda que a crianza do fillo será compartida, Inés atópase nun estado emocionalmente vulnerable que, sumado á inminencia da súa maternidade, impúlsaa a terminar un libro de fotografías e poemas persoais que está preparando co seu editor. O proceso de concretar o libro, aos poucos, transfórmase nunha procura moi persoal e libre sobre o seu pasado, sobre a relación coa súa nai, o seu irmán e a ausencia do seu pai.

Premios
2016: Festival de Locarno: Competición Internacional

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



27 Nov. 2017
Lun.

«Fuocoammare» Lume no mar

Dirixido por · (2016)
A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 converteuse nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogáronse durante a travesía para alcanzar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e a fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa fonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, pese a que todo á súa ao redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.

Premios
2016: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
2016: Festival de Berlín: Oso de Ouro - mellor película
2016: Premios do Cine Europeo: Mellor documental
2015: Premios David dei Donatello: 4 nom. incluíndo Mellor película e director


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



4 Dec. 2017
Lun.

«Berberian Sound Studio»

Dirixido por · (2012)
Na década dos setenta, o Berberian Sound Studio foi o estudo de postproducción de son máis barato e sórdido de toda Italia; por el pasaron as películas máis perturbadoras. Gilderoy, un tímido enxeñeiro inglés experto en son, viaxa a Italia para encargarse de mesturar o último "giallo" de Santini, o gran mestre do cine de intriga, pero se súpeto, quedará atrapado nun mundo prohibido poboado por actores maniáticos, onde os caprichos artísticos e a burocracia máis absurda marcan o día a día.

Premios
2012: Festival de Locarno: Sección oficial
2012: Festival de Sitges: Sección oficial
2012: British Independent Filme Awards: Mellor director e mellor actor (Toby Jones)
2013: BAFICI: Mellor película


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).



11 Dec. 2017
Lun.

«Voyage à travers le cinéma français» As películas da miña vida

Dirixido por · (2016)
Documental que percorre a historia do cine francés desde os anos 30 ata principios dos 70.

Premios
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental


SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2 € (consultar non asociados/as).







Todas as proxeccións son en VO/VOS, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1




27/09/17

Sesións de filmoteca de outubro de 2017


Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os seguintes luns de outubro ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …




09/04/17

Programación abril 2017

«Primavera musical»

«Filmoteca CGAI»



Chega a primavera……e un ano máis, a música de novo.
A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo, é dos «Folk Grinder», versionando «The passenger» de «Iggy Pop».


Sesións de filmoteca do CGAI de abril a xuño 2017

Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os meses de abril a xuño na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

15/09/16

Sesións de Filmoteca · setembro—outubro 2016

Proxéctase durante os meses de setembro e outubro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

06/05/16

programación maio—xuño 2016

«Mosaico»

Extra · II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016


A piques de rematar a primeira parte do ano, o facemos cun conxunto de teselas fílmicas no que ademáis inserimos a programación do  (CGAI) e sesións especiais, un mosaico de diversidade que agardamos emocione o espíritu cautivo das musas.

Talvez sexamos esixentes demais, Talvez… como expoñía soñamos si podemos, cun xardín, un océano de floridas violetas… neste mundo máis desabrigado, agora si, é cando choran as pombas; como non podía ser menos, a nosa banda sonora corresponde ao avance visual [.mp4 • 18'1 MB] deste mosaico, rinde tributo ao xenio de Minnesota.


cartaz programación
«Mosaico» 2016 · cartaz deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.


Sesións de Filmoteca · maio—xuño 2016

Proxéctase durante o mes de maio e xuño de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

29/11/15

Miradas Etnográficas

En catro xornadas do mes de decembro 2015, proxectaremos nunha única sesión, martes, xoves e sábado ás 20:30 h, no de , de balde grazas a colaboración¹ do Museo, ademais do CGAI, Xunta de Galicia e a «Feciga», nas datas que de seguido vos reflectimos, as seguintes fitas…

11/10/15

Sesións de Filmoteca · outubro 2015

Proxéctase durante o mes de outubro e novembro do 2015 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o 19 de outubro que só temos unha sesión ás 20:30 h. os seguintes filmes …