Proxéctase durante os meses de setembro e outubro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
15/09/16
27/11/14
Sesións de Filmoteca · decembro 2014
Proxéctase durante o mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o día 1 de decembro, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h; a cota xeral para os socios/as é de 2 € e os seguintes filmes…
04/05/14
«América uma história portuguesa» · América, unha historia ben portuguesa
Ano: 2010
País: Portugal
Director: João Nuno Pinto
Guionistas: João Nuno Pinto, Luísa Costa Gomes e Melanie Dimantas
Música: Mikel Salas
Fotografía: Carlos Lopes
Reparto: Chulpan Khamatova, Fernando Luís, María Barranco, Dinarte Branco, Cassiano Carneiro…
Duración: 111 min.
Productora: ANCINE | Fondo Ibermedia | ICA | RTP | ICAA
Distribuidora: Karma films
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
27/04/14
«Mistérios de Lisboa» · Misterios de Lisboa
(2ª parte)
[2ª parte]
Ano: 2010
País: Portugal
Director: Raúl Ruiz
Guión: Carlos Saboga
Música: Jorge Arriagada e Luís Freitas Branco
Fotografía: André Szankowski
Reparto: Adriano Luz, Maria João Bastos, Ricardo Pereira, Clotilde Hesme, Afonso Pimentel…
Duración: 133 min. (1ª parte)
Productora: Clap Filmes
Distribuidora: Alfama Films | Doc&Film International
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
20/04/14
«Mistérios de Lisboa» · Misterios de Lisboa
(1ª parte)
[1ª parte]
Ano: 2010
País: Portugal
Director: Raúl Ruiz
Guión: Carlos Saboga
Música: Jorge Arriagada e Luís Freitas Branco
Fotografía: André Szankowski
Reparto: Adriano Luz, Maria João Bastos, Ricardo Pereira, Clotilde Hesme, Afonso Pimentel…
Duración: 130 min. (1ª parte)
Productora: Clap Filmes
Distribuidora: Alfama Films | Doc&Film International
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
14/04/14
programación abril—maio 2014 (I)
Neste mes de abril, cúmprense os 40 anos da revolta dos caraveis.
Portugal, cun pasado militar semellante a España, porén foi quen de reescribir dignamente unha parte da súa historia, cunha frase veraz apenas en uso: «O povo é quen máis ordena».
Precisamente, Portugal, comeza a pesares dos seus atrancos na súa economía, a ser centro de olladas periféricas, atrapadas entre a tradición e novos discursos estéticos dos cineastas lusos, que lamentablemente son pouco coñecidos e distribuidos en España. Non podemos amosar todos os que nos gustarían, precisamente polos avatares da distribución cinematográfica, mais sirva o programa que os presentamos, para así descubrir que fixeron e que é o que está a acontecer.
Excepcionalmente neste ocasión, hai proxeccións fora do ciclo, varían horas, sumamos días, e novos lugares, polo que pregámosvos unha atención especial aos seguintes detalles…
Sesións: *
Os luns ás 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 €
Os mércores ás 18, 20:30 e 23 h — Cota de entrada xeral: 4 €
Sesións na universidade: «Clásicos do cinema português» ás 18 h. — Entrada de balde.
* Agás o luns 28 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
O luns de filmoteca do 5 e 12 de maio a entrada ás sesións é de balde.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugares:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Campus Universitario, Facultade de Ciencias da Educación - edificio de ferro, sala Emilia Pardo Bazán
Lembrade por favor, que NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.
E de seguido, velaquí tedes a segunda parte do noso intenso programa primaveral que dimos por chamar «Portugal no coração», Márcia e Dead Combo poñen o son ao noso avance visual [.mp4 • 10'3 MB] e como din no seu tema «Visões Ficções»… «São tudo fantasias que o cinema projectou no meu olhar».
Obrigado pola vosa asistencia.
ciclo «Portugal no coração»
Proxéctase durante o mes de abril—maio de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h* e cota xeral de socios de 2 €.
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 4 € …
Para rematar esta intensa primavera e enmarcadas neste ciclo, temos programado sesións especiais no Campus Universitario con «Clásicos do cinema portugués» os días 6, 8 e 13 de maio, ademais doutra serie de actividades.
*Agás o filme do luns 28 de abril, que debido a súa duración só temos unha única sesión: ás 20:30 h. Os días 5 e 12 de maio ás sesións son de balde. (horarios CUT+1)
Clásicos do cinema portugués
Proxéctase de balde e nunha única sesión: ás 18 horas na sala Emilia Pardo Bazán da facultade de Ciencias da Educación, edificio de ferro, no Campus Universitario das Lagoas.
Todos os filmes son en versión orixinal con subtítulos ao portugués.




