Amosando publicacións coa etiqueta Vicerreitoría do campus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vicerreitoría do campus. Amosar todas as publicacións

16/01/20

Programación de xaneiro e febreiro de 2020

Filmoteca

VI Ciclo colexio de médicos

Sesións dos mércores

O documental do mes


Segundo Fellini, La Strada era un catálogo do seu mundo mítico, onde abundaban metáforas, poderosas e moitas veces irónicas. Para gañar a vida, Zampanó libérase das súas cadeas de aceiro, pero ten a súa asistente practicamente escravizada e tratada máis como un obxecto que como persoa. Nun nivel de obxectivación, podemos enseguida empatizar coa asistenta de Zampanó; pois cantas veces escoitamos aos libertadores das nosas opresión liberándonos, día e noite, coa complicidade dos medios de propaganda televisivos?

A televisión é o espello onde se reflicte a derrota de todo o noso sistema cultural. Comezamos a programación do ano, en que festexamos o noso 50 aniversario, gozosos de coincidir co centenario do nacemento de Fellini. Agardamos que a selección de filmes, que nunca verás nunha televisión privada, sirva para un punto de partida desta historia que comezou na escola de profesorado Padre Feijóo (na hoxe Escola Anexa) e onde o cineclube tomou o seu. Non hai final. Non hai comezo. É só a paixón infinita da vida.




«xaneiro/febreiro 2020»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Deixa que o ritmo do avance visual [.mp4 • 20'7 MB], atravese o teu corpo, da cabeza ata os pés...é tempo de soñar, bailar e brindar!



14/04/14

Clásicos do cinema portugués

ciclo Cinema Português

Proxéctase de balde e nunha única sesión: ás 18 horas na sala Emilia Pardo Bazán da facultade de Ciencias da Educación, edificio de ferro, no das Lagoas.

Todos os filmes son en versión orixinal con subtítulos ao portugués.