Amosando publicacións coa etiqueta colexio de médicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colexio de médicos. Amosar todas as publicacións

12/10/24

Programación de outubro a decembro de 2024

Sesións Maxistrais de Filmoteca

Luns de Filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

IX Ciclo Colexio de médicos

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Trala anguria das rutinas diarias e laborais despois do periodo estival, sede de novo benvidos/as ao cinema nunha pantalla grande dun cuarto escuro e con boas novas na mellora dos sistemas de proxección; no que iremos incorporando a resolución /4K/ nalgúns dos filmes que seleccionamos para pechar o ano.

Pregamos prestedes tamén atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de médicos, ao Ciclo de outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'8 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


01/05/24

Programación de maio e xuño de 2024

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións especiais [+]

Sesión vermú

Primavera musical

IX Ciclo Colexio de médicos

Amal en ruta


Case a piques de rematar a primeira tempada do ano e antes de que cheguen as Marxes fílmicas ao patio do Museo etnolóxico de Ribadavia (adicadas este ano a Palestina), presentámosvos o intenso programa que preparamos para celebrar esta primavera, que como ben din os Sonoro maxín, ten que ser nosa.




«Maio 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Se vos presta ollar, ver e bailar, temos este avance visual [.mp4 • 24'3 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción, aquí as follas de sala de cada filme.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata primeiros de xuño, co prego de atención do horario das sesións extraordinarias (10, 14 e 17 de maio), á Primavera musical e ao Amal en Ruta.



02/05/23

Programación maio e xuño de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Filmoteca CGAI

Ciclo Esperanzas

Sesións Maxistrais


Contan que os obreiros da Comuna de París percorrían as rúas de maio disparando aos reloxos como símbolo último da parcelación da vida, da explotación, da submisión. En boa medida, hai un cinema cuxo maior empeño é destruír o tempo. Neste tempo de resistencias, non pretendemos esgotarnos con voraces promesas e inífugos resultados. Ofrecemos un ciclo que dota de sentido ao tempo, coa convicción de que algo vai a saír ben, independentemente de cómo resulte o subversivo cronómetro que nos empuxa.

Apelamos á relativización do que nas nosas vidas pode e debe ser relativizado, como así propón tamén Carlâo no «avance da programación» [.mp4 • 20'7 MB] que xa podes asubiar e cantar

Fronte á desfeita vivida nestes últimos catro anos a nivel municipal, necesitamos conciencia e responsabilidade, pero tamén necesitamos lixeireza e esperanza. O noso traballo está feito coa programación que de seguido detallamos. Agardamos da vosa resposta para ter tamén algunha esperanza nas políticas de verdadeiro apoio á cultura de base en Ourense.




«maio-xuño 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Á vosa disposición temos coma sempre, no seguinte enlace as follas de sala. [Abre outra xanela].

Pregamos atención á sesión maxistral, exclusiva para socios/as, co sensacional primeiro filme de Pasolini. ( Se non eres socio/a, aínda estás a tempo. O futuro do cineclube, ao non recibir axudas municipais depende máis ca nunca de ti...e sen esquecer; tamén do que votes! )


16/01/20

Programación de xaneiro e febreiro de 2020

Filmoteca

VI Ciclo colexio de médicos

Sesións dos mércores

O documental do mes


Segundo Fellini, La Strada era un catálogo do seu mundo mítico, onde abundaban metáforas, poderosas e moitas veces irónicas. Para gañar a vida, Zampanó libérase das súas cadeas de aceiro, pero ten a súa asistente practicamente escravizada e tratada máis como un obxecto que como persoa. Nun nivel de obxectivación, podemos enseguida empatizar coa asistenta de Zampanó; pois cantas veces escoitamos aos libertadores das nosas opresión liberándonos, día e noite, coa complicidade dos medios de propaganda televisivos?

A televisión é o espello onde se reflicte a derrota de todo o noso sistema cultural. Comezamos a programación do ano, en que festexamos o noso 50 aniversario, gozosos de coincidir co centenario do nacemento de Fellini. Agardamos que a selección de filmes, que nunca verás nunha televisión privada, sirva para un punto de partida desta historia que comezou na escola de profesorado Padre Feijóo (na hoxe Escola Anexa) e onde o cineclube tomou o seu. Non hai final. Non hai comezo. É só a paixón infinita da vida.




«xaneiro/febreiro 2020»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Deixa que o ritmo do avance visual [.mp4 • 20'7 MB], atravese o teu corpo, da cabeza ata os pés...é tempo de soñar, bailar e brindar!



27/04/17

Programación de maio a xuño de 2017

«ciclo Magníficos»

Filmoteca CGAI

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Despois da primavera, podes escoller entre o que está a florecer, ou sexa; elixir entre as mellores flores, que agroman da primavera. Os mulsumáns o chaman Ihsan, e ven a ser tamén o areté grego, que significa elixir a unha persoa, coas aptitudes excepcionais para un fin.

Pak Chan-Wook, Jim Jarmusch, Robert Guédiguian, Asghar Farhadi, Jean Pierre e Luc Dardenne e Paolo Virzí, son os nosos magníficos, con aptitudes excepcionais e unha chea de premios na súa carreira, que conforman a nosa despedida da primavera, elixindo flores de paixón, poesía e ledicia, para saudar a chegada do verán.




«Magníficos» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como sempre, podes consultar toda a programación no avance visual [.mp4 • 20'7 MB]